Saltar ao contido

Universidade Brown

(Redirección desde «Brown University»)
Universidade Brown
Brown University
Manning Chapel
Datos xerais
LocalizaciónProvidence (Rhode Island)
Fundación15 de setembro de 1764
Datos actuais
Alumnos10 333 (outono de 2019)[1]
Datos de contacto
Páxina webhttp://www.brown.edu/
Facebook: BrownUniversity Twitter: BrownUniversity Instagram: brownu Youtube: UCjnWysJh9-r9wo82zlbMT3A Dialnet: 3962840 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

A Universidade Brown (en inglés: Brown University) é unha universidade privada estadounidense localizada en Providence, no estado de Rhode Island. É unha das oito universidades que conforman a Ivy League, e neste contexto é unha das universidades máis prestixiosas do mundo. É a sétima institución de ensino superior máis antiga dos Estados Unidos e unha das nove establecidas antes da independencia en 1776.[2]

Fundada en 1764 como College of the English Colony of Rhode Island,[3] Brown foi a primeira universidade estadounidense que aceptou alumnos de todas as afiliacións relixiosas.[4] En 1804, a universidade foi renomeada en honra de Nicholas Brown, que contribuíra con 5000 dólares á institución.[5]

En 1891, Brown creou un college feminino (Pembroke College), que posteriormente se uniu ao college masculino en 1971.

Organización

[editar | editar a fonte]

Brown é coñecida polos seus programas de estudo únicos, exemplificados no New Curriculum (Novo Currículo) instituído en 1969.[6] Baixo o New Curriculum, un alumno xa non está obrigado a tomar unha distribución de cursos entre diferentes materias, e o sistema de notas foi simplificado.

Brown conta con preto de 100 carreiras con titulación de grao, e máis de 50 carreiras a nivel posgraduado. Tamén ten unha escola de medicina (Brown Medical School), con 326 estudantes. Conta cunha escola de saúde pública e unha de enxeñaría entre outras.

  1. "Common Data Set 2019-2020" (PDF). Brown University. Consultado o 9 de abril de 2020. 
  2. "About Brown University | Brown University". www.brown.edu. Consultado o 23 de febreiro de 2016. 
  3. "Encyclopedia Brunoniana | Bicentennial celebration". Brown University. Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2010. Consultado o 9 de xullo de 2009. 
  4. Bronson (1914), páx. 30.
  5. Bronson (1914), pp. 29–33.
  6. Leubsdorf, Ben (2 de marzo de 2005). "The New Curriculum Then". Brown Daily Herald. Arquivado dende o orixinal o 28 de marzo de 2009. Consultado o 5 de decembro de 2007. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]