Diferenzas entre revisións de «Comunismo libertario»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
m
Bot:Iniciais dos modelos en maíusculas
m (Bot:Iniciais dos modelos en maíusculas)
As súas ideas non diferían do [[anarquismo individualista]] e [[mutualismo (economía)|mutualismo]] de [[Pierre-Joseph Proudhon]] ata despois da morte de [[Mikhail Bakunin]]. Alí onde Proudhon apoiou a propiedade individual do produto do traballo, salarios, e un mercado de troco, os anarcocomunistas racharon con esa idea en oposición á propiedade individual, a eliminación dos salarios e a abolición do [[valor de intercambio]]. Cafeiro explica en ''Amarchi et Communisme'' que a propiedade privada do produto de traballo revertiría nunha desigual acumulación do capital e, polo tanto, nunha indesexable distinción de clases. [[Joseph Dejacque]] criticaba a Proudhon directamente, afirmando que ''"Non é sobre o produto do seu traballo sobre o que un traballador ou traballadora ten dereito, senón sobre a satisfacción das súas necesidades, independentemente de cal poida ser a súa natureza"''. En [[1876]], na Conferencia de Florencia da Federación Italiana da Internacional (que de feito tivo lugar nun monte nas aforas de [[Florencia]] debido á actividade policial), declararon os principios do anarcocomunismo, comezando con:
 
{{citaCita|A Federación Italiana considera a propiedade colectiva do produto do traballo como o complemento necesario para o programa colectivista, o apoio de todos para a satisfacción das necesidades de cada individuo a única regra de produción e consumo a cal corresponde ao principio de solidariedade. O congreso federal en Florencia demostrou elocuentemente a opinión da Internacional Italiana neste punto...|}}
 
Este mesmo informe fixérono nun artigo Malatesta e Cafiero no boletín da Federación Xura ([[Suíza]]) máis tarde ese mesmo ano.
Proudhon, cuxas ideas foron rexeitadas polos anarco comunistas, no desenvolvmento da súa filosofía, dixo:
 
{{citaCita|O Comunismo, como a miúdo critiquei, é a auténtica negación da sociedade na súa base, a cal é a progresiva equivalencia de funcións e capacidades. Os comunistas, cara os que tenden tódolos socialismos, non cren na igualdade por natureza e educación. Súplena por decretos soberanos que non poden soportar, sen importa-lo que fagan. En vez de buscar xustiza na harmonía dos feitos, tómana dos seus sentimentos, chamando xustiza a calquera cousa que lles parecese amor polo veciño e incesantemente confundindo feitos da razón con feitos emocionais.|}}
 
== Véxase==
67.216

edicións

Menú de navegación