James Drumonnd: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 24: Liña 24:
James Drumonnd foi o fillo maior de Thomas Drummond, xardineiro e botánico, e da súa esposa Elizabeth Nicol, e era irmán de [[Thomas Drummond (1793-1835)|Thomas Drummond]], que tamén foi botánico. Este último emigrou a [[Cuba]] e morreu alí.<ref name=FFB>[http://www.forfarbotanists.org/thomas_drummond_detail.pdf Thomas Drummon (1793 –1835)] en ''forfarbotanists.org'' {{en}}. Consultada o 14 de marzo de 29021.</ref> Ambos os irmáns traballaron ao principio da súa activida de profesional co seu pai na finca Fothringham, en Inverarity.
James Drumonnd foi o fillo maior de Thomas Drummond, xardineiro e botánico, e da súa esposa Elizabeth Nicol, e era irmán de [[Thomas Drummond (1793-1835)|Thomas Drummond]], que tamén foi botánico. Este último emigrou a [[Cuba]] e morreu alí.<ref name=FFB>[http://www.forfarbotanists.org/thomas_drummond_detail.pdf Thomas Drummon (1793 –1835)] en ''forfarbotanists.org'' {{en}}. Consultada o 14 de marzo de 29021.</ref> Ambos os irmáns traballaron ao principio da súa activida de profesional co seu pai na finca Fothringham, en Inverarity.


Pouco se sabe destes anos, pero seguramente seguiu o proceso usual de aprendiz até "cualificarse" como xardiñeiro. En [[1808]] foi empregado por Mr Dickson (probabelmente fora George Dickson de Leith Walk, Edinburgo). A mediados dese ano Drummond, que tiña 21 anos, era conservador do Xardín botánico establecido pola Cork Institution, na cidade de [[Cork]], [[Irlanda]]. Ao tempo no que o gobierno fundou o xardín, un dos seus propósitos foi facer tests (probas) e propagar especies vexetais para beneficio dos granxeiros do sur de Irlanda. Ademais deste deber hortícola, Drummond descubriu varias especies de plantas que previamente non se coñecían en Irlanda. En [[1810]] Drummond foi elixido membro asociado da [[Sociedade linneana de Londres]]. Nese ano casou con Sarah Mackintosh, con quen tería seis fillos.
Pouco se sabe destes anos, pero seguramente seguiu o proceso usual de aprendiz até "cualificarse" como xardineiro. En [[1808]] foi empregado por Mr Dickson (probabelmente fora George Dickson de Leith Walk, Edinburgo). A mediados dese ano Drummond, que tiña 21 anos, era conservador do Xardín botánico establecido pola Cork Institution, na cidade de [[Cork]], [[Irlanda]]. Ao tempo no que o gobierno fundou o xardín, un dos seus propósitos foi facer tests (probas) e propagar especies vexetais para beneficio dos granxeiros do sur de Irlanda. Ademais deste deber hortícola, Drummond descubriu varias especies de plantas que previamente non se coñecían en Irlanda. En [[1810]] Drummond foi elixido membro asociado da [[Sociedade linneana de Londres]]. Nese ano casou con Sarah Mackintosh, con quen tería seis fillos.


=== Colonia do río Swan ===
=== Colonia do río Swan ===

Revisión como estaba o 28 de marzo de 2021 ás 19:35

Infotaula de personaJames Drumonnd

James Drummond e un dos seus netos
Nome orixinal(en) James Drummond Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementofinais de 1786 ou principios de 1787
Inverarity, Angus, Escocia
Morte26 de marzo de 1863
Toodyay, Australia Occidental
Datos persoais
País de nacionalidadeescocesa, australiana
Actividade
Campo de traballoBotánica e Micoloxía Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónbotánico, explorador, naturalista
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Abreviación dun autor en botánicaJ.Drumm. Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeSarah Mackintosh
Fillos6
PaisThomas Drummond  e Elizabeth Nicol
IrmánsThomas Drummond
ParentesBernard Drummond Clarkson (en) Traducir (neto) Editar o valor em Wikidata
Premios
Membro de Sociedade Linneana de Londres

WikiTree: Drummond-2095

James Drumonnd, nado a finais de 1786 ou principios de 1787 en Inverarity, (foi nautizado o 8 de xaneiro de 1787)[1] concello de Angus, Escocia, e finado o 26 de marzo de 1863 en Toodyay, Australia Occidental, foi un botánico, explorador e naturalista escocés, que foi un dos primeiros colonos da Australia Occidental, onde desenvolveu gran parte da súa actividade científica.

Traxectoria

Primeiros anos

James Drumonnd foi o fillo maior de Thomas Drummond, xardineiro e botánico, e da súa esposa Elizabeth Nicol, e era irmán de Thomas Drummond, que tamén foi botánico. Este último emigrou a Cuba e morreu alí.[1] Ambos os irmáns traballaron ao principio da súa activida de profesional co seu pai na finca Fothringham, en Inverarity.

Pouco se sabe destes anos, pero seguramente seguiu o proceso usual de aprendiz até "cualificarse" como xardineiro. En 1808 foi empregado por Mr Dickson (probabelmente fora George Dickson de Leith Walk, Edinburgo). A mediados dese ano Drummond, que tiña 21 anos, era conservador do Xardín botánico establecido pola Cork Institution, na cidade de Cork, Irlanda. Ao tempo no que o gobierno fundou o xardín, un dos seus propósitos foi facer tests (probas) e propagar especies vexetais para beneficio dos granxeiros do sur de Irlanda. Ademais deste deber hortícola, Drummond descubriu varias especies de plantas que previamente non se coñecían en Irlanda. En 1810 Drummond foi elixido membro asociado da Sociedade linneana de Londres. Nese ano casou con Sarah Mackintosh, con quen tería seis fillos.

Colonia do río Swan

En 1828, no medio dunha recesión económica, o goberno británico deixou de financiar o xardín botánico, e Drummond encontrouse se desempregado e cunha muller e seis fillos alos que manter. Ao pouco tempo conseguiu un posto como [[[naturalista]] gobernamental na que pronto se establecería a Colonia do río Swan, en Australia. Era un posto honorario, pero Drummond entendía que se se decidía establecer un Xardín público na Colonia, asignaríanlle un salario como Superintendente do Xardín.

Drummond e a súa su familia trasladáronse á Colonia do río Swan con outros oficiais coloniais a bordo do Parmelia. Arribados a Australia, organizouse un lugar temporal de asentamento na illa Garden. Informado que non se moverían de alí en varios meses, Drummond estableceu un Xardín botánico na illa.

Baixo as condicións coloniais de adquisición de terras, Drummond comprou terras valoradas en 375 £, escriturando 20 000 ha. A súa primeira actividade agrícola fíxoa en 40 ha de rico solo aluvial en Guildford, na confluencia dos ríos Helena e Swan. Tomou posesión desa terra o 16 de novembro de 1829, e estableceu un criadeiro de plantas público, probabelmente con vista a conseguir un posto remiunerado de Superintendente. Porén, cando Drummond solicitou permiso ao Gobernador, o capitán James Stirling, para transferir algunhas das súas plantas da illa Garden, non conseguíu o permiso, e se lle informou que o alamceneiro, John Morgan, tomaría o control do viveiro da illa Garden. Drummond, finalmente, abandonou o lugar de Guildford.

Porén, despois, Drummond recibiu o permiso para seleccionar 400 ha da súa propiedade na Colonia do Swan. Elixiu un lugar que hoxe é un suburbio de Perth Ascot, consistente nun lugar fronte ao río e inundábel. Logo solicitaría máis terras nas beiras do río Avon, ao sur de Beverley, pero máis tarde cambiou de idea, e o trocou por unha zona nas beiras do río Helena, probabelmente cerca do hoxe lugar de Mundaring Weir.

En xullo de 1831 Stirling decidiu establecer un Xardín Público e un viveiro adxacente. E contratou a Drummond para o posto de Superintendente, cun salario anual de 100 £, e lle deu ademais aloxamento alí. Ao ano siguiente, Stirling recibiu instrucións do Oficial Colonial de que o posto de naturalista gobernamental debería abolirse. Stirling consiguiu retrasar esta decisión, e marchou a Inglaterra para discutir co Oficial Colonial en persoa. Retornou en xuño de 1834, e informou a Drummond que o Oficial insiste en abolir o posto, e tamén se lle ordena deixar a casa do Xardín, pois Stirling decidiu construír a Casa Gobernamental nese sitio. Esta situación dexeneira nunha disputa, e Drummond debe resignarse. Finalmente, retirouse de Perth á súa granxa no val de Helena, onde se estableceu cun viveiro e viñedos.

Recolectando para Mangles

En xullo de 1835 James Mangles escríbe a George Fletcher Moore preguntándolle se o pode axudar a obter sementes e plantas da flora de Australia Occidental. Moore responde que pode vender cen paquetes de diferentes clases de sementes do fillo de Drummond, Johnston, que herdara do seu pai o gusto por recolectar. Moore envíou as sementes a Mangles, e Mangles enviolle a Moore dúas caixas de plantas raras e/ou útiles, pedíndolle a Moore que devolvera as caixas cheas de plantas de Australia Occidental. Como Moore dubidaba da súa habilidade para manter as plantas vivas, e non ter tempo para recoller especies para Mangles, pasou ambos os obxectivos a James Drummond, e escribíu a Mangles para presentar a Drummond como bo botánico e recolector. Ao coñecer as dificultades financeiras de Drummond, quedou de acordo en facerse cargo do flete das caixas.

En setembro de 1835 Drummond envíalle outra carta a Mangles, incluíndo sementes de especies que recolectara ao explorar o val do Helena. E tamén acompañou tres mostras de solos de diferentes partes da súa granxa, e encargoulle a Mangles que lles fixera unhas análises químicas. A primeira caixa de espécimes enviados por Drummond contiña tubérculos de orquídeas, aínda que Drummond dubidaba que sobreviviran na viaxe. O buque con cartas e plantas de Mangles arribou en setembro de 1837, e Drummond enviollle outra caixa de tubérculos de orquídeas e plantas secas. De novo os tubérculos foron destruídos por insectos, pero as plantas secas chegaron intactas. Mangles deullasa a John Lindley, que describíu un bo número de especies novas, dándolle a Drummond unha reputación de bo recolector botánico.

Drummond continuou recolectando para Mangles, facéndolle chegar unha enorme colección de plantas vivas. E tamén lle enviou máis para podelas vender no seu nome. Despachou esas coleccións no Joshua Carroll en setembro de 1838. Mentres tanto, Mangles, canso das "actitudes comerciais de Drummond cara á botánica", comezoÁ a aceptar outras coleccións como as de Georgiana Molloy. Á penas saído o Joshua Carroll, Drummond recibiu unha carta de Mangles onde o informa de que declina en dispoñer dos seus espécimes. E ao recibir Drummond esas coleccións, Mangles se pásalla a Lindley, que lle comunica a Drummond se pode dispoñer delas; así, as coleccións divídidense en lotes e foron vendidas por Bentham, pero transcurriron moitos anos antes que Drummond recibira o pago.

Granxeiro en Toodyay

En 1836 Drummond cambia a súa propiedade no val do Helena por terras no val de Avon. Intalouse en Toodyay (Australia Occidental), bautizando a súa granxa como "Hawthornden" (que era o nome ancestral do seu nacemento). Contra febreiro de 1838, as instalacións están dispostas e trae alí á súa esposa e filla. Inicialmente Drummond traballou arduamente para establecerse, para máis tarde deixar os traballos para aos seus fillos Thomas e James.

Recolectando para Hooker

Aínda que non recibiu ningún financiamento para recoller flora, Drummond seguiu recollendo exemplares de plantas. En 1839 recibiu unha carta de Sir William Jackson Hooker, que lle pediu sementes e plantas e ofreceulle ter coleccións no seu nome. E tamén invitou a Drummond a enviar artigos sobre a flora da "Colonia do río Swan", que Jackson publicaría no seu Journal of Botany. Así, publícanse varias cartas de Drummond a Hookerm, co que poden ser máis coñecidas nese momento.

Nos seguintes catorce anos, Drummond realizou numerosas expedicións botánicas. En agosto de 1839 explora a illa Rottnest en compañía de John Gilbert e Ludwig Preiss, e realizou dúas viaxes ao Guangan nese ano. En 1840 fixo nunha expedición para ver ao rei George Sound, axudándoo a identificar unha planta velenosa que causou moitas mortes de gando na zona. En 1841 foi a investigar máis terras ao leste da súa propiedade en Toodyay. A expedición, que incluía ao capitán John Scully, Samuel Pole Phillips e Johnston Drummond, descubriu grandes extensións de pasteiros que agora se coñecen como "as chairas de Victoria". Despois desa expedición, Drummond traeu o que agora se coñece como "a primeira colección Drummond".

Drummond realizou catro expedicións en 1842. A primeira foi ao distrito de Vasse; a segunda ao territorio inexplorado ao redor do que hoxe é a cidade de Moora; a terceira a Wongan Hills, cos seus fillos Gilbert e Johnston Drummond; a cuarta foi ao recanto suroeste de Australia, con Gilbert. Ademais de recoller plantas superiores, Drummond tamén realizou grandes coleccións de musgos e fungos entre 1842 e 1843. As coleccións que Drummond preparou e despachou en 1843 chámanse agora "a segunda colección de Drummond". Desde finais de 1843 a 1844, Drummond realizou outras varias viaxes exploratorias co seu fillo Johnston, que se converteu rapidamente nun experto botánico e coleccionista zoólogo. Preto de finais do ano 1843, ambos os dous exploraron ao norte e ao leste de Bolgart. E entón comezarían unha expedición máis extensa a "King George Sound", e cara ao leste até o cabo Riche. Os exemplares recollidos nesta expedición forman o que agora se coñece como "a terceira colección Drummond".

En 1844 unha grave recesión pon á familia Drummond nunha grave débeda financeira, perdendo a propiedade familiar. Drummond e o seu fillo Johnston comezan a planificar como vivir enteiramente das coleccións, discutindo sobre ir ao sur de Australia ou á India, pero nada disto pasoe e, ademais, Johnston Drummond faleceu en xullo de 1845. Entre 1845 e 1846, as dificultades económicas impediron que Drummond realizase máis expedicións, pero a finais de 1846 informouse de que se beneficia dunha pensión de 200 libras esterlinas do goberno británico polos servizos prestados á botánica. Así, inmediatamente preparouse para outras expedicións. Desta vez vai na compaña de George Maxwell, atravesando o sur até Porongorup e a cordilleira Stirling, territorios explorados extensamente por ambos os dous, e logo cara ao sur, até King George Sound, para tomar o leste pola costa durante cinco días; o resultando foi "a cuarta colección Drummond", que se completou en xullo de 1847.

Drummond fixo outra expedición en 1848 pola costa sur cara ao oeste, até o monte Barren. Intentou ir aínda máis lonxe, pero a cordilleira Barren era tan rica en novas especies que considerou innecesario avanzar. Enviou "a quinta colección Drummond" a Londres en xuño de 1849. Cando Hooker a recibiu, escribiu na súa revista que "rara vez estivo tan sorprendido pola cantidade de especies finas e notábeis que chegaron nun só envío desde calquera país".

En 1850 Drummond uniuse a unha expedición comercial para establecer unha ruta gandeira até a baía Champion . Chegou en 1851 á baía Champion co seu fillo John. Volveu a Toodyay en decembro, e nos meses seguintes escribiu unha serie de artigos sobre "a Botánica do distrito noroeste de Australia Occidental", que serían publicados en cinco capítulos na Perth Gazette en abril de 1852 e posteriormente reimpresos por Hooker. A súa "sexta colección", feita cos exeemplafres recollidos na baía Champion o ano anterior, foi enviada a Londres a finais de 1852.

Últimos anos

Finalmente, Drummond deixou de recolectar. Retirouse a Hawthornden, onde tiña os seus viñedos e xardíns, mantendo correspondencia ocasional con Hooker e outros botánicos. Así, permaneceu nun tranquilo retirao durante dez anos. Morreu o 26 de marzo de 1863 e foi enterrado en Hawthornden, xunto ao seu fillo Johnston. A súa muller morrería un ano despois e foi enterrada ao seu carón.

James Drummond Jr. transfiriu as enormes coleccións paternas a Ferdinand von Mueller, que máis tarde se convertería no botánico gobernamental de Victoria e sería a base do Herbario estatal de Victoria.

Especies descritas

James Drummond foi descritor de sete especies vexetais:

  • Dasypogon hookeri
  • Verticordia grandis
  • Diuris picta
  • Drakaea livida
  • Gastrolobium leakeanum
  • Hakea victoria
  • Boronia molloyae

Honores

Más de cen especies nomeáronse no su honor, das cales sesenta permanecen válidas actualmente. Joseph Maiden dixo del

"Foi, de lonxe, o recolector con máis éxito da flora de Australia Occidental do seu tempo.

O monte Drummond foi nomedoa no seu honor por John Septimus Roe en 1848. Roe, que explorara o zona do monte Barren na busca de terras de pasto ao mesmo tempo que Drummond recolectaba alí, pússolle a ese monte o seu nombre despois de que encontrara sinais do su paso por el.

En 1948 un memorial en honor dos naturalistas John Gilbert e James Drummond erxiuse co seus bustos cerca de Drakewood.

Abreviatura

A abreviaatura J.Drumm. emprégase para recoñecer a James Drumonnd como autoridade na descrición de taxonomía en botánica.[2]

Notas

  1. 1,0 1,1 Thomas Drummon (1793 –1835) en forfarbotanists.org (en inglés). Consultada o 14 de marzo de 29021.
  2. J.Drumm. – James Drummond (1787-1863) no IPNI.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Erickson, Rica (1969): The Drummonds of Hawthornden. Osborne Park, Western Australia: Lamb Paterson.
  • Hall, Norman (1978): Botanists of the Eucalypts. Australia: Commonwealth Scientific and Industrial Research Organisation. ISBN 0-6430-0271-5.
  • Hasluck, Alexandra (1955): Portrait with Background: A Life of Georgiana Molloy. Melbourne: Oxford University Press.
  • Serle, Percival (1949): Drummond, James. No Dictionary of Australian Biography. Sídney: Angus and Robertson.
  • Nelson, E. Charles (1990): "James and Thomas Drummond: their Scottish origins and curatorships in Irish botanic gardens (ca 1808 - ca 1831)". Archives of natural history 17 (1): 49-65.

Ligazóns externas