Lázaro Louzao: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Liña 48: Liña 48:
* ''AZUL ROJO OCRE'' ([[2017]])
* ''AZUL ROJO OCRE'' ([[2017]])
* ''O Tento'' ([[2018]])
* ''O Tento'' ([[2018]])
*Queerborgs ([[2020]])
* ''Queerborgs'' ([[2020]])


== Véxase tamén ==
== Véxase tamén ==

Revisión como estaba o 1 de marzo de 2021 ás 21:42

Modelo:Actor Hilario Pérez Louzao, máis coñecido como Lázaro Louzao, nado en Xove en 1988, é un cineasta e fotógrafo galego.

Traxectoria

Comezou a expoñer fotografía en 2006 cando aínda cursaba bacharelato na Coruña. Ese mesmo ano mudouse a Santiago de Compostela, onde estudou Fotografía Artística na EASD Mestre Mateo e fixo un máster en Arte e Comunicación.

En 2010 trasladouse a Bilbao, onde dirixiu as súas primeiras curtametraxes á vez que estudaba Comunicación Audiovisual. Entre estes primeiros traballos destaca CRAC, baseado no poemario homónimo de Gonzalo Hermo. Despois dun breve período en Barcelona onde dirixiu a súa terceira curta no Máster de Documental Creativo, volveu á Coruña no ano 2016, onde creou Costura Films.

En 2018 estreou no Festival Zinegoak de Bilbao a súa primeira longametraxe, Nove de novembro, que é a primeira de temática LGBT rodada en lingua galega. En setembro recibe o premio á mellor película galega[1] na Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo.

En xuño do 2020 recibe da man de ALAS A Coruña o XVI Premio Marcela e Elisa a visibilidade LGBT[1], porén o acto de entrega quedou adiado por mor da pandemia de COVID-19.

Filmografía

Curtametraxes

  • Los Seres Sombríos (2013)
  • CRAC (2014)
  • La Luz Que No Vemos (2015)

Longametraxes

Fotografía

Exposicións

Véxase tamén

Ligazóns externas

  1. SL, POMBAPRESS. "La Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo concede el premio del público a la película libanesa 'El Insulto"". Galiciapress (en castelán). Consultado o 2018-12-12.