Mars Express: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Maria zaos (conversa | contribucións)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 15: Liña 15:
| órbitas =
| órbitas =
| data de lanzamento = 2 de xuño de 2003, 17:45 [[GMT]]<ref name=NSSDC/><ref name=n2yo>{{Cita web|url= http://www.n2yo.com/satellite/?s=27816|título= MARS EXPRESS|dataacceso=9 de agosto de 2013|autor= N2YO|apelidos= |nome= |ligazónautor= |coautores= |data= |ano= 2011|mes= |formato= |obra= |editor= Real Time Satellite Tracking|páxinas= |lingua= inglés|doi= |urlarquivo= |dataarquivo= }}</ref><ref name="UNOOSA">{{cita publicación periódica|autor=|apelido=|nome=|ligazonautor=|coautores=|data=9 de setembro de 2003|ano=|mes=|título=Letter dated 11 August 2003 from the Head of the Legal Department of the European Space Agency to the Secretary- General|volume=|número=03-87784|páxinas=6|id=|url=https://www.unoosa.org/documents/pdf/ser432S.pdf|data-acceso=2 de abril de 2020|formato=PDF}}</ref><ref name=claude>{{Cita web|url= http://claudelafleur.qc.ca/Spacecrafts-2003.html#MarsExpress|título= Mars Express|dataacceso=9 de agosto de 2013|autor= Claude Lafleur|apelidos= |nome= |ligazónautor= |coautores= |data= |ano= 2010|mes= |formato= |obra= |editor= |páxinas= |lingua= inglés|doi= |urlarquivo= |dataarquivo= }}</ref>
| data de lanzamento = 2 de xuño de 2003, 17:45 [[GMT]]<ref name=NSSDC/><ref name=n2yo>{{Cita web|url= http://www.n2yo.com/satellite/?s=27816|título= MARS EXPRESS|dataacceso=9 de agosto de 2013|autor= N2YO|apelidos= |nome= |ligazónautor= |coautores= |data= |ano= 2011|mes= |formato= |obra= |editor= Real Time Satellite Tracking|páxinas= |lingua= inglés|doi= |urlarquivo= |dataarquivo= }}</ref><ref name="UNOOSA">{{cita publicación periódica|autor=|apelido=|nome=|ligazonautor=|coautores=|data=9 de setembro de 2003|ano=|mes=|título=Letter dated 11 August 2003 from the Head of the Legal Department of the European Space Agency to the Secretary- General|volume=|número=03-87784|páxinas=6|id=|url=https://www.unoosa.org/documents/pdf/ser432S.pdf|data-acceso=2 de abril de 2020|formato=PDF}}</ref><ref name=claude>{{Cita web|url= http://claudelafleur.qc.ca/Spacecrafts-2003.html#MarsExpress|título= Mars Express|dataacceso=9 de agosto de 2013|autor= Claude Lafleur|apelidos= |nome= |ligazónautor= |coautores= |data= |ano= 2010|mes= |formato= |obra= |editor= |páxinas= |lingua= inglés|doi= |urlarquivo= |dataarquivo= }}</ref>
| foguete portador = [[Soyuz-FG]]<ref name=NSSDC/><ref name=gunter>{{Cita web|url= http://space.skyrocket.de/doc_sdat/mars-express.htm|título= Mars Express / Beagle 2|dataacceso=9 de agosto de 2013|autor= Gunter Dirk Krebs|apelidos= |nome= |ligazónautor= |coautores= |data= |ano= 2013|mes= |formato= |obra= |editor= Gunter's Space Page|páxinas= |lingua= inglés|doi= |urlarquivo= |dataarquivo= }}</ref>
| foguete portador = [[Soiuz-FG]]<ref name=NSSDC/><ref name=gunter>{{Cita web|url= http://space.skyrocket.de/doc_sdat/mars-express.htm|título= Mars Express / Beagle 2|dataacceso=9 de agosto de 2013|autor= Gunter Dirk Krebs|apelidos= |nome= |ligazónautor= |coautores= |data= |ano= 2013|mes= |formato= |obra= |editor= Gunter's Space Page|páxinas= |lingua= inglés|doi= |urlarquivo= |dataarquivo= }}</ref>
| número de voo =
| número de voo =
| sitio de lanzamento = [[Cosmódromo de Baikonur]]<ref name=NSSDC>{{Cita web|url=https://nssdc.gsfc.nasa.gov/nmc/spacecraft/display.action?id=2003-022A|título=Mars Express|dataacceso=9 de agosto de 2013|autor=NASA|apelidos=|nome=|ligazónautor=|coautores=|data=1 de xullo de 2013|ano=|mes=|formato=|obra=|editor=|páxinas=|lingua=inglés|doi=|urlarquivo=|dataarquivo=|urlmorta=}}</ref><ref name=astronautix/>
| sitio de lanzamento = [[Cosmódromo de Baikonur]]<ref name=NSSDC>{{Cita web|url=https://nssdc.gsfc.nasa.gov/nmc/spacecraft/display.action?id=2003-022A|título=Mars Express|dataacceso=9 de agosto de 2013|autor=NASA|apelidos=|nome=|ligazónautor=|coautores=|data=1 de xullo de 2013|ano=|mes=|formato=|obra=|editor=|páxinas=|lingua=inglés|doi=|urlarquivo=|dataarquivo=|urlmorta=}}</ref><ref name=astronautix/>
Liña 45: Liña 45:
| coordenadas da aterraxe =
| coordenadas da aterraxe =
}}
}}
'''Mars Express''' é unha [[sonda espacial]] da [[Axencia Espacial Europea]] lanzada o 2 de xuño de 2003 mediante un foguete [[Soyuz-FG]] desde o [[cosmódromo de Baikonur]] para estudar [[Marte]].<ref name=NSSDC/><ref name=astronautix/><ref name=gunter/>
'''Mars Express''' é unha [[sonda espacial]] da [[Axencia Espacial Europea]] lanzada o 2 de xuño de 2003 mediante un foguete [[Soiuz-FG]] desde o [[cosmódromo de Baikonur]] para estudar [[Marte]].<ref name=NSSDC/><ref name=astronautix/><ref name=gunter/>


== Características ==
== Características ==
Liña 69: Liña 69:


== Desenvolvemento da misión ==
== Desenvolvemento da misión ==
Mars Express foi lanzada a unha órbita arredor da [[Terra]] de 200&nbsp;km de altura o 2 de xuño de 2003 ás 17:45 [[UTC]] a bordo dun Soyuz-FG. Hora e media máis tarde, a etapa superior da Soyuz-FG á que a nave estaba acoplada acendeuse de novo, inxectándoa nunha órbita de transferencia cara Marte. A etapa superior e a Mars Express separáronse ás 19:17, co posterior despregue dos paneis solares por parte da nave. O 4 de xuño e en setembro executáronse sendas manobras de corrección de traxectoria, chegando a nave a Marte en decembro. O 19 de decembro ás 8:31 UTC, Mars Express liberou a pequena sonda de aterraxe Beagle 2, da que nunca máis se tiveron noticias. A nave acendeu os seus motores para entrar en órbita marciana o 25 de decembro ás 2:47 UTC durante 37 minutos, quedando nunha órbita altamente [[Elipse (xeometría)|elíptica]], cun [[periapse]] de 250&nbsp;km e un [[apoapse]] de 150.000&nbsp;km e unha [[inclinación orbital]] de 25 [[Grao sexaxesimal|graos]]. Tras varios acendidos do motor principal, o 30 de decembro Mars Express quedou na súa órbita de traballo, cun periapse de 258&nbsp;km e un apoapse de 11.560&nbsp;km e case 90 graos de inclinación orbital, e que sería modificada varias veces máis tarde. A misión nominal duraría un ano marciano (687 días), pero o bo estado da nave permitiu estender a súa misión varias veces.<ref name=NSSDC/><ref name=astronautix/><ref name=gunter/>
Mars Express foi lanzada a unha órbita arredor da [[Terra]] de 200&nbsp;km de altura o 2 de xuño de 2003 ás 17:45 [[UTC]] a bordo dun Soiuz-FG. Hora e media máis tarde, a etapa superior da Soiuz-FG á que a nave estaba acoplada acendeuse de novo, inxectándoa nunha órbita de transferencia cara Marte. A etapa superior e a Mars Express separáronse ás 19:17, co posterior despregue dos paneis solares por parte da nave. O 4 de xuño e en setembro executáronse sendas manobras de corrección de traxectoria, chegando a nave a Marte en decembro. O 19 de decembro ás 8:31 UTC, Mars Express liberou a pequena sonda de aterraxe Beagle 2, da que nunca máis se tiveron noticias. A nave acendeu os seus motores para entrar en órbita marciana o 25 de decembro ás 2:47 UTC durante 37 minutos, quedando nunha órbita altamente [[Elipse (xeometría)|elíptica]], cun [[periapse]] de 250&nbsp;km e un [[apoapse]] de 150.000&nbsp;km e unha [[inclinación orbital]] de 25 [[Grao sexaxesimal|graos]]. Tras varios acendidos do motor principal, o 30 de decembro Mars Express quedou na súa órbita de traballo, cun periapse de 258&nbsp;km e un apoapse de 11.560&nbsp;km e case 90 graos de inclinación orbital, e que sería modificada varias veces máis tarde. A misión nominal duraría un ano marciano (687 días), pero o bo estado da nave permitiu estender a súa misión varias veces.<ref name=NSSDC/><ref name=astronautix/><ref name=gunter/>


== Notas ==
== Notas ==
Liña 79: Liña 79:
=== Outros artigos ===
=== Outros artigos ===
* [[Beagle 2]]
* [[Beagle 2]]
* [[Soyuz-FG]]
* [[Soiuz-FG]]


=== Ligazóns externas ===
=== Ligazóns externas ===

Revisión como estaba o 10 de febreiro de 2021 ás 02:05

Mars Express
Representación de Mars Express sobrevoando Marte.
TipoCientífico
OrganizaciónESA
Destino actualEn órbita marciana.[1][2][3]
Data de lanzamento2 de xuño de 2003, 17:45 GMT[1][4][5][6]
Foguete portadorSoiuz-FG[1][3]
Sitio de lanzamentoCosmódromo de Baikonur[1][2]
Obxectivo da misiónEstudo de Marte.[1][2]
NSSDC ID2003-022A
Masa666,0 kg[1]
Potencia460,0 W[1]

Mars Express é unha sonda espacial da Axencia Espacial Europea lanzada o 2 de xuño de 2003 mediante un foguete Soiuz-FG desde o cosmódromo de Baikonur para estudar Marte.[1][2][3]

Características

Mars Express é unha misión co obxectivo de estudar Marte e fotografalo a alta resolución co fin de obter datos xeolóxicos e mineralóxicos e de caracterizar a composición da súa atmosfera, a estrutura da súa subsuperficie, os patróns de circulación atmosférica global e a interacción entre a atmosfera e o subsolo. Mars Express levaba acaroada a sonda de aterraxe Beagle 2, que se separou da nave principal antes de entrar en órbita marciana co fin de chegar á superficie e estudala in situ. Beagle 2 nunca chegou a transmitir desde a superficie, unha década mais tarde foi atopada pola Mars Reconnaissance Orbiter a inaxen mostra que os paneis solares despregáronse parcialmente imposibilitando que antena radio comunicase con a terra e recibir ordes.[7]

A estrutura principal da nave é de aluminio e ten forma de cubo cunhas dimensións de 1,5 m x 1,8 m x 1,4 m. Desta estrutura sobresaen os paneis solares, que lle dan unha envergadura á nave de 12 metros, e varios instrumentos e antenas. A masa total da nave, con propelente, é de 1123 kg (666 kg sen propelente). Nun dos lados do cubo atópase unha antena parabólica de alta ganancia e 1,8 m de diámetro. Perpendicularmente ós paneis solares, e de lados opostos, sobresaen dúas antenas dipolo de 20 m de longo que forman parte do radar de sondaxe. Doutro dos lados sobresae unha antena tubular de baixa ganancia e 4 m de longo. O cubo contén o sistema de propulsión, cun motor principal bipropelente e cun pulo de 400 N e oito propulsores máis pequenos, de 10 N de pulo e situados en cada esquina do cubo. A nave estabilízase nos tres eixos e o control e coñecemento da actitude corren a cargo de dúas unidades de referencia inercial, dous seguidores de estrelas, dous sensores solares, varios xiroscopios e acelerómetros e catro volantes de inercia de 12 Nms de momento angular. O control térmico da nave ten lugar mediante o uso de radiadores, illantes e quentadores.[1][2][3]

Os paneis solares, cunha superficie de 11,42 m², deberían ter proporcionado ata 660 W de potencia á distancia de Marte, pero unha conexión defectuosa rebaixou esa cifra a 460 W, afectando ó modo en que a nave pode facer observacións científicas. A enerxía eléctrica gárdase en tres baterías de ión de litio cunha capacidade de 64,8 Ah e unha saída de 28 V e que é usada durante as eclipses.[1][2][3]

As comunicacións teñen lugar mediante a antena de alta ganancia e dúas antenas omminidireccionais traballando en banda S e banda X. Adicionalmente, Mars Express leva a bordo dúas antenas para UHF pensadas para ser usadas coa Beagle 2 e que son capaces de comunicarse cos diferentes rovers estadounidenses situados na superficie.[1][2][3]

Instrumentación científica

Beagle 2, tal como debería ter quedado despregada na superficie marciana.

Mars Express leva a bordo un total de sete experimentos cunha masa conxunta de 116 kg:[1]

  • HRSC (High Resolution Stereoscopic Camera): é unha cámara capaz de obter imaxes estereoscópicas da superficie cunha resolución de 10 metros en xeral e de 2 metros en áreas seleccionadas.
  • OMEGA: espectrómetro para o rango de luz visible e o infravermello próximo cunha resolución de 100 metros para obter datos mineralóxicos.
  • PFS: espectrómetro infravermello para o estudo da composición da atmosfera marciana a partir das liñas de absorción detectadas na luz solar que atravesa a atmosfera, podendo obter o perfil vertical de presións e temperaturas do dióxido de carbono que forma o 95% da atmosfera de Marte.
  • SPICAM: espectrómetro infravermello e ultravioleta para determinar a composición da atmosfera de forma similar a PFS, detectando liñas de absorción no ultravioleta e o infravermello da luz solar que pasa a través da atmosfera.
  • ASPERA: un detector de partículas cargadas (ións e electróns) e neutras na atmosfera superior para detectar a cantidade de átomos de osíxeno e hidróxeno que interactúan co vento solar e as zonas onde se produce esa interacción co fin de determinar a velocidad á que a atmosfera de Marte se perde no espazo.
  • MARSIS (radar subsuperficial e altímetro): estuda a subsuperficie ata profundidades de varios quilómetros mediante unha antena de 40 metros de longo que emite pulsos de radar. Estuda tamén a ionosfera mediante a reflexión das ondas de radar.
  • MaRS: experimento de radiociencia que usa o enlace de comunicacións coa Terra para estudar a ionosfera marciana, a súa atmosfera e o seu interior.

Desenvolvemento da misión

Mars Express foi lanzada a unha órbita arredor da Terra de 200 km de altura o 2 de xuño de 2003 ás 17:45 UTC a bordo dun Soiuz-FG. Hora e media máis tarde, a etapa superior da Soiuz-FG á que a nave estaba acoplada acendeuse de novo, inxectándoa nunha órbita de transferencia cara Marte. A etapa superior e a Mars Express separáronse ás 19:17, co posterior despregue dos paneis solares por parte da nave. O 4 de xuño e en setembro executáronse sendas manobras de corrección de traxectoria, chegando a nave a Marte en decembro. O 19 de decembro ás 8:31 UTC, Mars Express liberou a pequena sonda de aterraxe Beagle 2, da que nunca máis se tiveron noticias. A nave acendeu os seus motores para entrar en órbita marciana o 25 de decembro ás 2:47 UTC durante 37 minutos, quedando nunha órbita altamente elíptica, cun periapse de 250 km e un apoapse de 150.000 km e unha inclinación orbital de 25 graos. Tras varios acendidos do motor principal, o 30 de decembro Mars Express quedou na súa órbita de traballo, cun periapse de 258 km e un apoapse de 11.560 km e case 90 graos de inclinación orbital, e que sería modificada varias veces máis tarde. A misión nominal duraría un ano marciano (687 días), pero o bo estado da nave permitiu estender a súa misión varias veces.[1][2][3]

Notas

  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 1,12 NASA (1 de xullo de 2013). "Mars Express" (en inglés). Consultado o 9 de agosto de 2013. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 Mark Wade (2011). "Mars Express" (en inglés). Consultado o 9 de agosto de 2013. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 Gunter Dirk Krebs (2013). Gunter's Space Page, ed. "Mars Express / Beagle 2" (en inglés). Consultado o 9 de agosto de 2013. 
  4. N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "MARS EXPRESS" (en inglés). Consultado o 9 de agosto de 2013. 
  5. "Letter dated 11 August 2003 from the Head of the Legal Department of the European Space Agency to the Secretary- General" (PDF) (03-87784). 9 de setembro de 2003: 6. Consultado o 2 de abril de 2020. 
  6. Claude Lafleur (2010). "Mars Express" (en inglés). Consultado o 9 de agosto de 2013. 
  7. Axencia Espacial Europea (ed.). "Beagle-2 aterra en Marte" (en inglés). Consultado o 24 de marzo de 2015. 

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas