Ponto (mitoloxía): Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición |
corrixo |
||
Liña 1: | Liña 1: | ||
{{Outros homónimos|Ponto}} |
|||
Na [[mitoloxía grega]], '''Ponto''' (en [[lingua grega|grego antigo]] Πόντος ''Póntos'', 'mar'; en [[latín]] ''Pontus'') foi un deus primixenio, anterior ós [[Titán (mitoloxía)|Titáns]] e ós [[deuses olímpicos]]. Foi fillo de [[Xea]] (a Terra) e irmán de [[Urano (mitoloxía)|Urano]]. [[Hesíodo]] escribe que Xea enxendrou a Ponto por si mesma, sen elemento masculino <ref>Este último comentario, segundo as tradutoras do texto de Hesíodo, debe aplicarse ós primeiros fillos da Terra (o ceo, as montañas e o mar). Posteriormente, uníndose a Urano, tería máis fillos: os Titáns.</ref>. Considérase a personificación masculina do mar. |

{{cita|"''Así mesmo trouxo á luz ó estéril mar, de impetuosas ondas, o Ponto, sen o desexable amor''"|(Hesíodo: ''Teogonía'' 131-132)}} |
{{cita|"''Así mesmo trouxo á luz ó estéril mar, de impetuosas ondas, o Ponto, sen o desexable amor''".|(Hesíodo: ''Teogonía'' 131-132)}} |
||
[[Higino]] afirmaba que foi fillo de Xea con [[Éter (mitoloxía)|Éter]], o Ceo luminoso.<ref>[[Higino]]: ''Fábulas''.</ref> |
[[Higino]] afirmaba que foi fillo de Xea con [[Éter (mitoloxía)|Éter]], o Ceo luminoso.<ref>[[Higino]]: ''Fábulas''.</ref> |
||
Liña 12: | Liña 13: | ||
* [[Euribia]], que casou con [[Crío (mitoloxía)|Crío]], un dos titáns. Tiveron tres fillos: [[Astreo]], [[Palas (Titán)|Palas]] (ou Palante) e [[Perses]]. |
* [[Euribia]], que casou con [[Crío (mitoloxía)|Crío]], un dos titáns. Tiveron tres fillos: [[Astreo]], [[Palas (Titán)|Palas]] (ou Palante) e [[Perses]]. |
||
{{cita|"''O Ponto enxendrou ó veraz Nereo, o maior dos seus fillos, ó que chaman o Ancián |
{{cita|"''O Ponto enxendrou ó veraz Nereo, o maior dos seus fillos, ó que chaman o Ancián porque, infalible e bondadoso, non lle pasan inadvertidas as leis divinas, senón que coñece xustos e benévolos designios. Logo, uníndose a Xea, deu a luz ó gran Taumante, ó poderoso Forcis, a Ceto, de hermosas meixelas, e a Euribia, que ten un ánimo de aceiro nas entrañas''".|(Hesíodo: ''Teogonía'' 234-240)}} |
||
Con [[Talasa (mitoloxía)|Talasa]], personificación do [[mar Mediterráneo]], foi pai dos [[Telquines]]: Acteo, Megalesio, Órmeno e Lico. |
Con [[Talasa (mitoloxía)|Talasa]], personificación do [[mar Mediterráneo]], foi pai dos [[Telquines]]: Acteo, Megalesio, Órmeno e Lico. |
Revisión como estaba o 8 de xaneiro de 2021 ás 19:43
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Ponto.
Na mitoloxía grega, Ponto (en grego antigo Πόντος Póntos, 'mar'; en latín Pontus) foi un deus primixenio, anterior ós Titáns e ós deuses olímpicos. Foi fillo de Xea (a Terra) e irmán de Urano. Hesíodo escribe que Xea enxendrou a Ponto por si mesma, sen elemento masculino [1]. Considérase a personificación masculina do mar.
"Así mesmo trouxo á luz ó estéril mar, de impetuosas ondas, o Ponto, sen o desexable amor".(Hesíodo: Teogonía 131-132)
Higino afirmaba que foi fillo de Xea con Éter, o Ceo luminoso.[2]
Mitoloxía
Uniuse a Xea e tivo con ela cinco fillos:
- Nereo, pai das Nereidas
- Taumante, pai, con Electra, das Harpías.
- Forcis e Ceto, irmáns e esposos entre si. Ceto era un terrible monstro acuático, e entre a descendencia que tiveron figuran as Gorgonas, Tifón, Cerbero, a hidra de Lerna e outros seres monstruosos.
- Euribia, que casou con Crío, un dos titáns. Tiveron tres fillos: Astreo, Palas (ou Palante) e Perses.
"O Ponto enxendrou ó veraz Nereo, o maior dos seus fillos, ó que chaman o Ancián porque, infalible e bondadoso, non lle pasan inadvertidas as leis divinas, senón que coñece xustos e benévolos designios. Logo, uníndose a Xea, deu a luz ó gran Taumante, ó poderoso Forcis, a Ceto, de hermosas meixelas, e a Euribia, que ten un ánimo de aceiro nas entrañas".(Hesíodo: Teogonía 234-240)
Con Talasa, personificación do mar Mediterráneo, foi pai dos Telquines: Acteo, Megalesio, Órmeno e Lico.
Algunhas fontes fano tamén pai de Briareo, un dos Hecatonquiros.
Notas
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ponto |
Bibliografía
- GRIMAL, Pierre: Diccionario de mitología griega y romana. Ed. Paidós, 1981.
- HESÍODO: Teogonía. Trabajos y días. Escudo. Certamen, Alianza Editorial, 3ª ed., 2013 [a numeración segue a utilizada neste texto].
- Hesíodo. Teogonía. Universidad de Salamanca. Curso 2009-2010. 11638: LUZ, MOLÉCULAS Y VIDA.
Este artigo non está dentro dunha categoría ou precisa categorías adicionais. Por favor, engádelle as categorías pertinentes e retira o modelo {{Sen categoría}} .Colabora connosco neste artigo e noutros en condicións semellantes para que a Galipedia mellore e medre. |