Fermión: Diferenzas entre revisións
Fermións elementais |
|||
Liña 17: | Liña 17: | ||
* [[Fermión de Weyl|fermións de Weyl]] (sen masa), |
* [[Fermión de Weyl|fermións de Weyl]] (sen masa), |
||
* [[Fermión de Dirac|fermións de Dirac]] (masivos) |
* [[Fermión de Dirac|fermións de Dirac]] (masivos) |
||
* [[Fermión de Majorana|fermións de Majorana]], |
|||
⚫ | |||
cada un coa súa propia antipartícula. |
|||
⚫ | Crese que a maioría dos fermións modelo estándar son fermións de [[Paul Dirac|Dirac]], aínda que aínda non se sabe se os neutrinos son fermións de Dirac ou [[Ettore Majorana|Majorana]] (ou ambos). Os fermións de Dirac pódense tratar como unha combinación de dous fermións de [[Hermann Weyl|Weyl]].<ref>{{Cita libro|título=The Physics of the Standard Model and Beyond|apelidos=|nome=T. Morii; C. S. Lim; S. N. Mukherjee|editorial=World Scientific.|ano=2004|ISBN=978-981-279-560-1|ref=}}</ref> En xullo de [[2015]], os fermións de Weyl obtivéronse experimentalmente en semimetais de Weyl. |
||
== Notas == |
== Notas == |
Revisión como estaba o 9 de decembro de 2020 ás 13:05
Na física de partículas os fermións[1][2] son partículas de spin semienteiro e obedecen á estatística de Fermi-Dirac. O nome é unha homenaxe ó físico italiano Enrico Fermi.
a máis da característica do spin, os fermións teñen outra propiedade específica, a conservación do número cuántico bariónico ou leptónico: o que se sinala de xeito usual como a relación spin estatística é de feito unha relación estatística spin-número cuántico.[3]
Todas as partículas elementais son fermións ou bosóns, partículas con spin enteiro (agás o hipotético plektón). Os fermións son as partículas que constitúen a materia e divídense en dous grupos: hadróns (quarks) e leptóns en función de se sofren ou non, respectivamente, a interacción nuclear forte.
Algúns fermións son partículas elementales, como os electróns, e outros son partículas compostas, como os protóns.
Os electróns son fermións, e isto é de gran relevancia para a química (e para o mundo físico tal e como o coñecemos), pois o principio de exclusión de Pauli fai posible o enchido de diferentes orbitais, coa conseguinte aparición dos diferentes elementos químicos.
Fermións elementais
O modelo estándar recoñece dous tipos de fermións elementais: os quarks e os leptóns. En total, o modelo distingue 24 fermións diferentes. Hai seis quarks (arriba, abaixo, estraño, encantado, fondo e cume) e seis leptóns (electrón, neutrino electrónico, muón, neutrino muónico, tauón e neutrino tauónico), xunto coa correspondente antipartícula de cada un destes.
Matemáticamente, os fermións veñen en tres tipos:
- fermións de Weyl (sen masa),
- fermións de Dirac (masivos)
- fermións de Majorana,
cada un coa súa propia antipartícula. Crese que a maioría dos fermións modelo estándar son fermións de Dirac, aínda que aínda non se sabe se os neutrinos son fermións de Dirac ou Majorana (ou ambos). Os fermións de Dirac pódense tratar como unha combinación de dous fermións de Weyl.[4] En xullo de 2015, os fermións de Weyl obtivéronse experimentalmente en semimetais de Weyl.
Notas
- ↑ "fermión". TERGAL. Consultado o 26/12/2019.
- ↑ "Achegándonos ao LHC - Modelo estándar". www.lhc-closer.es. Consultado o 2020-06-15.
- ↑ Weiner, Richard M. (2013-03-04). "Spin-statistics-quantum number connection and supersymmetry". Physical Review D 87 (5): 055003. ISSN 1550-7998. doi:10.1103/PhysRevD.87.055003.
- ↑ The Physics of the Standard Model and Beyond. World Scientific. 2004. ISBN 978-981-279-560-1.
|first1=
sen|last1=
in Authors list (Axuda)
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Fermión |
Partículas fundamentais en Física (lista, táboa) | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Fermións | Bosóns de Gauge | ||||||||
Quarks | Leptóns | Bosóns W e Z | Fotón | Gluón | |||||
Arriba | Encantado | Cume | Electrón | Muón | Tau (tauón) | Bosóns hipotéticos | |||
Abaixo | Estraño | Fondo | e-neutrino | μ-neutrino | τ-neutrino | Gravitón Bosón de Higgs | |||
Outras clases, partículas compostas e outras | |||||||||
barión - gravitino - hadrón - kaón - mesón - neutrón - pión - positrón - protón | |||||||||
Termos relacionados | |||||||||
antimateria - partícula subatómica |