Bob Beamon: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot: Reemprazo de téxto automático (-{{Prettytable}} +{{Táboabonita}})
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Quitando espazos entre símbolos = nas cabeceiras
Liña 10: Liña 10:
A marca atinxida por Beamon foi superada no [[Campeonato mundial de atletimo]], celebrado en [[Tokio]] no ano 1991, por [[Carl Lewis]] (8,91m.) e [[Mike Powell]] (8,95m.). Este estabeleceu o novo récord mundial. Porén o salto de Bob segue a ser o ''récord olímpico''.
A marca atinxida por Beamon foi superada no [[Campeonato mundial de atletimo]], celebrado en [[Tokio]] no ano 1991, por [[Carl Lewis]] (8,91m.) e [[Mike Powell]] (8,95m.). Este estabeleceu o novo récord mundial. Porén o salto de Bob segue a ser o ''récord olímpico''.


== Desenvolvemento persoal ==
==Desenvolvemento persoal==
As mellores marcas de Beamon por anos foran:
As mellores marcas de Beamon por anos foran:



Revisión como estaba o 17 de novembro de 2007 ás 22:44

Cadro de medallas
Atletismo
Xogos Olímpicos
Ouro México 1968 Salto de lonxitude

Robert ("Bob") Beamon (naceu o 29 de agosto de 1946), atleta norteamericano especialista en salto de lonxitude. É famoso polo seu extraordinario salto polo que obteu a medalla olímpica e o récord do mundo de salto de lonxitude.

Beamon, nacido en Jamaica, Nova York, estabeleceu un novo récord mundial nas Olimpiadas de verán de 1968 na Cidade de México con un marabilloso salto de 8,90 m, marca que se mantivo imbatido durante 23 anos, sendo declarado pola revista Sports Illustrated como unha das grandes fazañas deportivas do século XX. O seu salto superaba en 55 cm a mellor marca mundial anterior. Entre os factores que favoreceran un salto tan extraordinario contara sen dúbida a altura elevada a que se sitúa México, pois no mesmo ano, en Lake Tahoe, tamén a considerábel altitude, Beamon atinxira 8,39 m.

A marca atinxida por Beamon foi superada no Campeonato mundial de atletimo, celebrado en Tokio no ano 1991, por Carl Lewis (8,91m.) e Mike Powell (8,95m.). Este estabeleceu o novo récord mundial. Porén o salto de Bob segue a ser o récord olímpico.

Desenvolvemento persoal

As mellores marcas de Beamon por anos foran:

Ano 1962 1963 1964 1965 1966 1967 1968 1969 1970
Lonxitude (m) 7,34 7,31 7,64 7,71 7,80 8,11 8,90 8,20 7,91