Real mosteiro de Santa María de Guadalupe: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m →‎top: Arranxos varios
Liña 8: Liña 8:
| País = {{ESP}}
| País = {{ESP}}
| Localización = {{Coordenadas|39|27|10|N|5|19|39|W}}
| Localización = {{Coordenadas|39|27|10|N|5|19|39|W}}
| Rexión = [[Lista de lugares patrimonio da Humanidade en Europa|Europa]] e [[Lista de lugares Patrimonio da Humanidade de América do Norte|América do Norte]]
| Rexión = [[Lista de lugares patrimonio da Humanidade en Europa|Europa]] e [[Lista de lugares Patrimonio da Humanidade de América do Norte|América do Norte]]
| Tipo = <span style="color:#F4A460">'''Cultural'''</span>
| Tipo = <span style="color:#F4A460">'''Cultural'''</span>
| Criterios = IV, VI
| Criterios = IV, VI

Revisión como estaba o 11 de abril de 2020 ás 14:10

Real Mosteiro de Santa María de Guadalupe
Claustro mudéxar do mosteiro.
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
PaísEspaña España
Localización39°27′10″N 5°19′39″O / 39.45278, -5.32750
TipoCultural
CriteriosIV, VI
Inscrición1993 (17ª sesión)
Rexión da UNESCOEuropa e América do Norte
Identificador665

O Real Mosteiro de Santa María de Guadalupe é un mosteiro estremeño situado na localidade de Guadalupe, na provincia de Cáceres. Foi declarado pola Unesco Patrimonio da Humanidade en 1993. No seu interior aprécianse os estilos gótico, mudéxar, renacentista, barroco e neoclásico, é dicir, dende o século XIII ao XVIII.

Historia e características

Antes da ampliación monástica, o santuario mantívose como priorado secular durante corenta e oito anos nos reinados de Afonso XI de Castela e Henrique II de Castela, baixo padroado real e señorío civil. En 1389 pasou a ser mosteiro, segundo unha real provisión expedida por Xoán I de Castela. Os seus novos moradores foron os monxes da Orde Xerónima, unha comunidade de 32 membros procedentes de San Bartolomé de Lupiana. En 1835 tivo lugar a exclaustración, quedando a igrexa para uso de parroquia dependente de Toledo. Anos despois declarouse ao conxunto Monumento Nacional (1879). Afonso XIII consignou unha Real Orde para a entrega do santuario aos frades franciscanos, co que comezou unha nova etapa. Pío XII, en 1955, outorgou ao santuario a condición de basílica.

Galería de imaxes

Véxase tamén

Ligazóns externas