Cancioneiro da Biblioteca Nacional: Diferenzas entre revisións
m →Véxase tamén: ligazóns internas |
Ligazón interna. |
||
Liña 15: | Liña 15: | ||
{{commonscat}} |
{{commonscat}} |
||
===Bibliografía=== |
===Bibliografía=== |
||
*''Cancioneiro da Biblioteca Nacional (Colocci-Brancuti) Cód. 10991''. Lisboa, Biblioteca Nacional / Imprensa Nacional - Casa da Moeda, 1982 (edición [[facsímile]]). |
*''Cancioneiro da Biblioteca Nacional (Colocci-Brancuti) Cód. 10991''. Lisboa, Biblioteca Nacional / [[Imprensa Nacional-Casa da Moeda|Imprensa Nacional - Casa da Moeda]], 1982 (edición [[facsímile]]). |
||
=== Outros artigos === |
=== Outros artigos === |
||
*[[Arte de trovar]] |
*[[Arte de trovar]] |
Revisión como estaba o 21 de marzo de 2020 ás 13:11
O Cancioneiro da Biblioteca Nacional ou Cancioneiro Colocci-Brancuti, coñecido coa sigla B (ou CB)[1], é unha das tres colectáneas de lirismo trobadoresco galaico-portugués (cantigas de amigo, de amor e de escarnio e maldicir). Denomínase Cancionero da Biblioteca Nacional de Lisboa, xa que desde 1924 permanece na Biblioteca Nacional de Portugal.
Descrición
A compilación deste cancioneiro fíxose en Italia no final do século XV ou inicios do século XVI por encargo do humanista Angelo Colocci. Foi descuberto por Costantino Corvisieri e por Enrico Molteni na biblioteca familiar do conde Brancuti de Cagli; adquirido por Ernesto Monaci, foi cedido polos seus herdeiros ao goberno portugués, que o conserva na Biblioteca Nacional de Lisboa (1924).
Este cancioneiro é un manuscrito cartáceo formado por 355 folios (numerados por Molteni) dun tamaño de 280 por 210 mm con diversas lagoas. Son en total seis transcritores (incluído Colocci) quen traballarían no manuscrito; tradicionalmente supúñase que foran tres, mais os últimos estudos de Anna Ferrari indican que non foi así. Colocci transcribiu da súa propia man moitas rúbricas e apostilas marxinais, tamén algunhas razós esquecidas polos copistas, ademais de numerar progresivamente os textos, ou ben reproducir unha numeración precedente, presentando numerosas lagoas e duplicacións. Foi copiado en Italia por amanuenses ibéricos e italianos e compilado por Colocci a partir doutro(s) manuscrito(s) que non se conservan. Os modelos dos apógrafos italianos puideron chegar a Italia na embaixada enviada por Manuel I de Portugal ao papa León X (1514) en que figuraba Garcia de Resende. Alí serían copiados dende o orixinal ou os orixinais por Colocci e o seu equipo, creando os volumes que se conservan.
Trátase do cancioneiro máis abundante no número de composicións, pois contén 1567 cantigas dos tres grandes xéneros duns 150 autores[2][3] Ademais, contén fragmentos dun tratado de poética trobadoresca, a Arte de trovar, e cinco lais narrativos.
Notas
- ↑ Tavani, G. (1998): A poesía lírica galego-portuguesa, 2ª ed. Ed. Galaxia, páxina 52.
- ↑ Monteagudo, H. et al. (1998): Tres poetas medievais da ría de Vigo. Ed. Galaxia, páxina 50
- ↑ Pena, X. R. (2002): Historia da literatura medieval galego-portuguesa. Sotelo Blanco, p. 105-106.
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cancioneiro da Biblioteca Nacional |
Bibliografía
- Cancioneiro da Biblioteca Nacional (Colocci-Brancuti) Cód. 10991. Lisboa, Biblioteca Nacional / Imprensa Nacional - Casa da Moeda, 1982 (edición facsímile).
Outros artigos
Ligazóns externas
- Cancioneiro da Biblioteca Nacional, no catálogo da BNP (en portugués).