Costantino Corvisieri
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1822 Roma |
Morte | 11 de decembro de 1898 (75/76 anos) Roma |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino de Italia (1861–1898) |
Actividade | |
Ocupación | mestre , paleógrafo , coleccionismo |
Costantino Corvisieri, nado en Roma en 1822, e finado ibídem o 11 de decembro 1898, foi un historiador, arquivista, numismático, paleógrafo e coleccionista italiano.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nado nos Estados Pontificios foi un amante da historia e as súas fontes documentais. Era experto en abondas disciplinas, estudoso de arquivos e antigos documentos, numismática. De 1871 a 1878 foi designado encargado da organización e clasificación dos documentos do Estado Pontificio, despois da conquista militar de Roma en outono de 1870, para o Reino de Italia e a súa organización no Archivio di Stato di Roma.
No ano 1873 atopou os manuscritos do que despois coñeceríamos como Cancioneiro da Biblioteca Nacional na biblioteca do conde Paolo Antonio Brancuti en Cagli e despois do estudo do texto por parte do filólogo Enrico Molteni foi publicado en 1880.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Costantino Corvisieri, no catálogo de arquivistas oficial italiano (en italiano)