Helga Fanderl: Diferenzas entre revisións
Nova páxina: "'''Helga Fanderl''', nada en Ingolstadt (Alta Baviera) en 1947, é unha cineasta alemá. == Traxectoria == De 1967 a 1973 estudou linguas e literaturas a..." |
|||
Liña 12: | Liña 12: | ||
== Referencias == |
== Referencias == |
||
{{Listaref}} |
|||
<br /> |
Revisión como estaba o 13 de marzo de 2020 ás 12:14
Helga Fanderl, nada en Ingolstadt (Alta Baviera) en 1947, é unha cineasta alemá.
Traxectoria
De 1967 a 1973 estudou linguas e literaturas alemás e romances en Múnic, París e Frankfurt, sendo o seu degoxo de xuventude converterse nunha poeta. Influenciada pola escola de Frankfurt, decidiu traballar como mestra[1], ensinando durante anos até percatarse de que o cinema era o medio de expresión máis axeitado para ela. A partir de entón, comezou a súa formación en canto cineasta por Europa e os Estados Unidos, sendo alumna doutros cineastas de vangarda como Peter Kubelka ou Robert Breer. Dende 1986 leva elaborando un extenso corpus de curtametraxes silentes en super-8, chegando a contabilizarse arredor dunhas mil.[2]
O seu traballo forma parte de coleccións de diversos museos e centros de arte moderna, como por exemplo o Pompidou ou o Museum für Moderne Kunst.[2]
Estilo de traballo e proxeccións
A súa angueria cinematográfica céntrase exclusivamente no traballo co formato en super-8, aínda que adoito a cineasta amosa os seus filmes inchados a 16 mm. O seu modo de traballo caracterízase por se concentrar nun único xesto, compactado na duración propia dunha bobina de super-8 e facendo uso sempre da montaxe dentro da cámara. Os seus filmes reflicten as reaccións da cineasta ante o mundo que percibe e como este mundo asemade responde á súa presenza, mantendo un coidado especial na materialidade do medio: o gran, a cor, o ritmo, a luz...[2]
A proxección é un tema moi importante para Fanderl, pois é sempre ela mesma quen se encarga de proxectar os seus filmes velando polas mellores condicións posibles para o visionado. Para cada programa compón unha selección única das súas curtametraxes, a un xeito próximo ao das constelacións, onde busca enfatizar as similitudes, oposicións e resonancias das películas que o constitúen, converténdose nunha nova forma de montaxe.[2]
Referencias
- ↑ "Helga Fanderl". Centre de Cultura Contemporània de Barcelona. Consultado o 13 de marzo de 2020.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 "Helga Fanderl". Consultado o 13 de marzo de 2020.