Harry Potter and the Chamber of Secrets (videoxogo): Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
4bot (conversa | contribucións)
m olvida_esquecida
4bot (conversa | contribucións)
m arqui
Liña 48: Liña 48:
*[[Fred e George Weasley]] son os irmáns xemelgos de Ron e Ginny. Teñen un menor papel na versión do xogo para o PC, pero nas versións para PS2, Xbox e GameCube, fan que Harry lembre o feitizo ''flipendo'', ademais ensínanlle a lenzar [[gnomo]]s, e unha vez retornan a [[Hogwarts]], abren unha tenda de artigos de broma na torre [[Gryffindor]], onde Harry pode obter pelotiñas de cheiros noxentos e bombas de esterco, tamén ''cromos de meigos e meigas famosos'' e o libro de feitizos ''alohomora''. A devandita tenda só está aberta á noite.

*[[Neville Longbottom]] é un compañeiro de clase de Harry; un torpe e esquecidizo mozo. Nas versións para PS2, Xbox e GameCube cae na trampa e queda atrapado detrás dun tapiz, e Harry ten que usar o feitizo ''diffindo'' para liberalo.

*[[Draco Malfoy]] é o archinimigo de Harry, véselle normalmente deambulando polos pasillos de [[Hogwarts]] pola noite.
*[[Draco Malfoy]] é o arquinimigo de Harry, véselle normalmente deambulando polos pasillos de [[Hogwarts]] pola noite.
*[[Oliver Wood]] (sae nas versións para PS2, Xbox, GameBoy Advance e PC) é o capitán de [[quidditch]] da casa [[Gryffindor]]. Chama a Harry para que vaia ao primeiro adestramento do ano, e máis adiante, está sempre no estadio de [[quidditch]] durante o día para cando Harry queira practicar para mellorar o tempo que tarda en atrapar a ''snitch dourada''.

*[[Percy Weasley]] (sae nas versións para PS2, Xbox, GameBoy Advance e PC) é un prefecto de [[Gryffindor]], ademais de ser o irmán maior de Fred, George, Ron, e Ginny. Percy pode ser atopado na sala de estudo da torre de Gryffindor á noite. Non lle gusta que o moleten e botará a Harry fóra da sala se o ve ou o oe. Desafortunadamente, o único camiño parachegar a´tenda de Fred e George (véxase enriba) é atravesando a sala de estudo.

Revisión como estaba o 5 de novembro de 2007 ás 20:43

Harry Potter e a
Cámara dos Segredos
Produtor: EA Games
Distribuidor: Electronic Arts
Lanzamento: Novembro do 2002
Xénero: Aventuras
Acción
Plataformas: PlayStation 2, GameCube, Xbox, PC, PS, GBA, Mac, Game Boy Color

Harry Potter e a Cámara dos Segredos é o nome do segundo videoxogo de Harry Potter, que foi posto á venda no 2002. O xogo foi publicado por Electronic Arts e desenrolado por Eurocom para PlayStation 2, Xbox e GameCube. Tamén foi simultaneamente desenrolado por Amaze Entertainment para o PC, Game Boy Advance e Game Boy Color. Ademais foi creada unha versión orixinal feita para a PlayStation. Este foi o último videoxogo que se fixo para a Game Boy Color.

Vista xeral

Argumento

Para máis información, vexa o artigo: Harry Potter e a Cámara dos Segredos.

Harry Potter, Ron Weasley e Hermione Granger regresan ao Colexio Hogwarts de Maxia e Feiticería para comezar co seu segundo ano. Pero non todo está tranquilo, pois algúns studantes aparecen petrificados e hai rumores de que o herdeiro de Slytherin está detrás de todo iso. As sospechas recaensobre Harry, pero cuando Ginny Weasley é raptada e levada á Cámara dos Segredos, Harry e Ron vense forzados a ir ó interior da Cámara e así rescatala.

Personaxes cos que se pode xogar

  • Harry Potter é un valente mago de doce anos. É o personaxe principal e o único co que se pode xogar.

Personaxes cos que non se pode xogar

Estudantes:

  • Ron Weasley é o mellor amigo de Harry, véselle normalmente cando Harry vai as clases, ao estadio de quidditch e noutras escenas. Convértese en Crabbe (agás na versión para PC) cando Harry se convirte en Goyle.
  • Hermione Granger é unha moza intelixente, a cal está rara vez con Harry ao longo do desenvolvemento do xogo, excepto nalgunhas escenas. Ela é petrificada cara a fin do xogo.
  • Ginny Weasley é a irmá pequena de Ron, a que Harry ten que rescatar ao final do xogo. Nas versións para PS2, Xbox e GameCube, Harry tamén lle ten que axudar a encontrar varias cousas que perdeu no Callexón Diagón.
  • Fred e George Weasley son os irmáns xemelgos de Ron e Ginny. Teñen un menor papel na versión do xogo para o PC, pero nas versións para PS2, Xbox e GameCube, fan que Harry lembre o feitizo flipendo, ademais ensínanlle a lenzar gnomos, e unha vez retornan a Hogwarts, abren unha tenda de artigos de broma na torre Gryffindor, onde Harry pode obter pelotiñas de cheiros noxentos e bombas de esterco, tamén cromos de meigos e meigas famosos e o libro de feitizos alohomora. A devandita tenda só está aberta á noite.
  • Neville Longbottom é un compañeiro de clase de Harry; un torpe e esquecidizo mozo. Nas versións para PS2, Xbox e GameCube cae na trampa e queda atrapado detrás dun tapiz, e Harry ten que usar o feitizo diffindo para liberalo.
  • Draco Malfoy é o arquinimigo de Harry, véselle normalmente deambulando polos pasillos de Hogwarts pola noite.
  • Oliver Wood (sae nas versións para PS2, Xbox, GameBoy Advance e PC) é o capitán de quidditch da casa Gryffindor. Chama a Harry para que vaia ao primeiro adestramento do ano, e máis adiante, está sempre no estadio de quidditch durante o día para cando Harry queira practicar para mellorar o tempo que tarda en atrapar a snitch dourada.
  • Percy Weasley (sae nas versións para PS2, Xbox, GameBoy Advance e PC) é un prefecto de Gryffindor, ademais de ser o irmán maior de Fred, George, Ron, e Ginny. Percy pode ser atopado na sala de estudo da torre de Gryffindor á noite. Non lle gusta que o moleten e botará a Harry fóra da sala se o ve ou o oe. Desafortunadamente, o único camiño parachegar a´tenda de Fred e George (véxase enriba) é atravesando a sala de estudo.

Profesores:

  • Albus Dumbledore é o director do colexio Hogwarts. Mentres que está normalmente ausente na meirande parte do xogo, sae nunha escena contándolle a Harry que non ten que pensar que Harry é o herdeiro de Slytherin. Tamén aparece ao final de cada día para anunciar os puntos que ten cada casa do colexio.
  • Severus Snape é o profesor de Pocións. É sabido que é sempre moi estrito cos alumnos, e tamén que se atopa normalmente nas mazmorras, preto da súa aula onde imparte a súa materia.
  • Minerva McGonagall é a profesora de Transformacións. A súa aula está localizada ao lado dereito da primeira planta. Ademais é a xefa da casa Gryffindor.
  • Filius Flitwick é o profesor de Encantamentos. A súa aula está localizada ao lado dereito da segunda planta. Ademais é o xefe da casa Ravenclaw.
  • Gilderoy Lockhart é o profesor de Defensa contra as Artes Escuras. A súa aula está localizada na terceira planta.
  • Pomona Sprout é a profesora de Herboloxía. Imparte as súas clases nos invernadoiros, que están localizados á man dereita nos xardíns do colexio.
  • Madam Hooch (sae nas versións para PS2, Xbox e GameBoy Advance) é a profesora de voo. Ensina leccións de como voar en vasoira nun campo de céspede no exterior do castelo. Máis adiante ela está alí durante o día, por se Harry quere ir probar a mellorar os seus dotes voando sobre unha vasoira.

Outros:

  • Rubeus Hagrid é o gardabosques de Hogwarts e é un semixigante. Atópase normalmente na cabana que ten nos xardíns da escola.
  • Myrtle a Chorona é unha pantasma que ten por fogar o baño das mozas da segunda planta.
  • Peeves é un poltergeist que se divirte provocando o caos en Hogwarts. Se Harry pasa ao seu lado, Peeves causaralle tódolos problemas que poida.

Feitizos que se usan no xogo

  • Flipendo
  • Skurge (en tódalas versións excepto na PS1).
  • Expelliarmus (en tódalas versións excepto na PS1).
  • Lumos
  • Alohomora
  • Diffindo
  • Incendio
  • Espongificación
  • Rictusempra
  • Mimble Wimble

Trivia

  • Nas versións do xogo para PS2, X-Box e Gamecube of non aparece Dobby, o elfo doméstico, a pesar de que é un personaxe importante no libro e filme.
  • O videoxogo de Harry Potter e a Cámara dos Segredos foi o último que se fixo para a Game Boy Color.

Ligazóns externas

Modelo:Harrypotter