Diferenzas entre revisións de «Centristas de Galicia»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
m
Ligazón a José Vicente Solarat Lopez
m (Incorporación de: Historia)
m (Ligazón a José Vicente Solarat Lopez)
Creado en 1985 por [[Victorino Núñez]], despois da escisión de [[Coalición Galega]], a partir da defenestración de [[Víctor Moro]] como candidato á [[Xunta de Galicia]] por ese partido, así como a falta de cohesión interna motivada pola enfermidade de [[Eulogio Gómez Franqueira|Euloxio Gómez Franqueira]]. Esta escisión estivo apoiada por aproximadamente pola metade (dos 32 alcaldes) dos 63 alcaldes de Coalición Galega na provincia de Ourense, antigos militantes de [[Centristas de Ourense]] (Exmembros da [[Unión de Centro Democrático|UCD]]), así como 10 deputados provinciais e dous parlamentarios. Nas eleccións municipais de 1987, concorreron en coalición con [[Alianza Popular|AP]], chegando a gobernar en 53 concellos da provincia de Ourense. En outubro de 1987 desenvolveu contactos políticos para ampliar o seu ámbito de actuación ás catro provincias galegas, si ben con pouco éxito.
 
En febreiro de 1988 tiña 8 deputados provinciais, 36 alcaldes e 295 concelleiros. O 6 de febreiro de 1988 tivo lugar o seu primeiro congreso no Monte Medo ([[Baños de Molgas]] ), baixo o eslogan ¨Artellar Galicia¨, nel foi aclamado por maioría absoluta como presidente, Victorino Núñez, aprobándose o comité executivo de Centristas de Galicia encabezado por [[Xosé Luís Baltar|Xosé Luis Baltar Pumar]], acompañado de: [[Daniel Barata Quintas]], Luís Barge Fernández, [[Jesús Barros|Jesús Barros Martínez]], [[Jesús Busto Salgado|Jesús Bustos Salgado]], Santiago Cid Harguindey, Marina Cuquejo Taboada, Gabino García Fernández, Francisco Gil Zamora, [[Concepción Méndez Gándara]], [[Aurelio Miras Portugal|Aurelio Domingo Miras Portugal]], [[José Vicente Solarat López]], [[Amador Vázquez Vázquez]] e [[Isaac Vila|Isaac Vila Rodríguez]].
 
Neste congreso definiuse este partido como de centro moderado, [[Galeguismo (política)|galeguista]], nacionalista e cunha idea clara do autonomismo.
125

edicións

Menú de navegación