William Thomson: Diferenzas entre revisións
elimino sintaxe desbotada |
algo máis |
||
Liña 14: | Liña 14: | ||
|sinatura = Lord Kelvin Signature.svg |
|sinatura = Lord Kelvin Signature.svg |
||
}} |
}} |
||
'''William Thomson, 1º Barón Kelvin''', coñecido tamén como '''Lord Kelvin''', |
'''William Thomson, 1º Barón Kelvin''', coñecido tamén como '''Lord Kelvin''', nado o [[26 de xuño]] de [[1824]] en [[Belfast]], ([[Reino Unido]]) e finado o [[17 de decembro]] de [[1907]] en Largs ([[Escocia]]), foi un [[Física matemática|físico-matemático]], [[enxeñeiro]], e unha personalidade sobresaliente das [[ciencias físicas]] do [[século XIX]]. Realizou importantes traballos de [[Matemáticas|análise matemática]] da [[electricidade]] e de [[termodinámica]], facendo por unificar a aínda emerxente disciplina da [[física]] na súa caracterización moderna. |
||
É amplamente coñecido por desenvolver a [[Escala termométrica|escala Kelvin]] de medición da [[temperatura absoluta]]. Thomson estabeleceu a noción de [[cero absoluto]], correspondente á ausencia absoluta de [[calor]] e presión dun [[gas]]. A partir de aí desenvolveu a nova escala, que se mide en graos kelvin (a notación e K), utilizada no sistema internacional de unidades. Estabeleceu tamén a variación do [[punto de fusión]] do [[xeo]] en función da presión, descubrindo ademais o arrefriamento debido á expansión dos gases. |

Revisión como estaba o 13 de decembro de 2019 ás 15:18
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Modelo:Infobox biografía William Thomson, 1º Barón Kelvin, coñecido tamén como Lord Kelvin, nado o 26 de xuño de 1824 en Belfast, (Reino Unido) e finado o 17 de decembro de 1907 en Largs (Escocia), foi un físico-matemático, enxeñeiro, e unha personalidade sobresaliente das ciencias físicas do século XIX. Realizou importantes traballos de análise matemática da electricidade e de termodinámica, facendo por unificar a aínda emerxente disciplina da física na súa caracterización moderna.
É amplamente coñecido por desenvolver a escala Kelvin de medición da temperatura absoluta. Thomson estabeleceu a noción de cero absoluto, correspondente á ausencia absoluta de calor e presión dun gas. A partir de aí desenvolveu a nova escala, que se mide en graos kelvin (a notación e K), utilizada no sistema internacional de unidades. Estabeleceu tamén a variación do punto de fusión do xeo en función da presión, descubrindo ademais o arrefriamento debido á expansión dos gases.
O título de Barón Kelvin foille concedido en honra aos seus traballos, e toma esa denominación do río Kelvin, que flúe a través da universidade de Glasgow, Escocia, na que exerceu.
Thomson tivo unha segunda carreira como enxeñeiro de telégrafos e inventor, carreira que lle dou sona entre o grande público e aseguroulle riqueza, fama e honra.