Ifixenia: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Lles (conversa | contribucións)
m Cambiei arroxar por lanzar. Arroxar tornar cor roxa.
Sen resumo de edición
Liña 10: Liña 10:
== Ifixenia en Táuride ==
== Ifixenia en Táuride ==
[[Ficheiro:Pompeii - Casa dei Vettii - Triclinium - Iphigeneia.jpg|miniatura|300px|Escena de Ifixenia en [[Tauride]] de [[Eurípides]],[[fresco]] no [[triclinium]] da [[Casa de Vettii]] en [[Pompeia]].]]
[[Ficheiro:Pompeii - Casa dei Vettii - Triclinium - Iphigeneia.jpg|miniatura|300px|Escena de Ifixenia en [[Tauride]] de [[Eurípides]],[[fresco]] no [[triclinium]] da [[Casa de Vettii]] en [[Pompeia]].]]
A rapaza vivíu moitos anos en [[Táuride]] ó servizo da deusa. A súa misión era sacrificar a todos os estranxeiros que algún naufraxio lanzaba á costa do país. Ata o día no que recoñeceu en dous forasteiros que ían conducidos á súa presenza para ser sacrificados, ó seu irmán [[Orestes]] e a [[Pílades]], enviados polo oráculo de [[Delfos]] a [[Táuride]] en busca da estatua de [[Artemisa]], de quen ela era sacerdotisa. Abandonando o seu sacerdocio, Ifixenia entregoulles as imaxes e fuxíu con eles a [[Grecia]].
A rapaza viviu moitos anos en [[Táuride]] ó servizo da deusa. A súa misión era sacrificar a todos os estranxeiros que algún naufraxio lanzaba á costa do país. Ata o día no que recoñeceu en dous forasteiros que ían conducidos á súa presenza para ser sacrificados, ó seu irmán [[Orestes]] e a [[Pílades]], enviados polo oráculo de [[Delfos]] a [[Táuride]] en busca da estatua de [[Artemisa]], de quen ela era sacerdotisa. Abandonando o seu sacerdocio, Ifixenia entregoulles as imaxes e fuxíu con eles a [[Grecia]].


== Fuxida de Ifixenia a Grecia ==
== Fuxida de Ifixenia a Grecia ==

Revisión como estaba o 13 de outubro de 2019 ás 13:31

O sacrificio de Ifixenia, pintura de Leonaert Bramer

Ifixenia era unha dos catro fillos de Agamenón, rei da cidade de Micenas, e da raíña Clitemnestra.

Ifixenia en Áulide

Agamenón incorrera na cólera de Artemisa, a deusa da caza, e a frota aquea atopábase paralizada en Áulide por unha calma persistente. Foi interrogando o adiviño Calcante e este respondeu que a cólera da deusa unicamente podería ser aplacada se Agamenón consentía en sacrificarlle á súa filla Ifixenia.

Agamenón negouse ó principio, mais, presionado pola opinión xeral houbo de ceder. Mandou vir á súa filla có pretexto de prometela con Aquiles, e ordenou que Calcante a inmolase no altar de Artemisa. Pero no instante supremo, a deusa apiadouse da rapaza e puxo no seu lugar, como vítima, unha cerva. Levouna a Táuride, e converteuna na súa sacerdotisa.

Ifixenia en Táuride

Escena de Ifixenia en Tauride de Eurípides,fresco no triclinium da Casa de Vettii en Pompeia.

A rapaza viviu moitos anos en Táuride ó servizo da deusa. A súa misión era sacrificar a todos os estranxeiros que algún naufraxio lanzaba á costa do país. Ata o día no que recoñeceu en dous forasteiros que ían conducidos á súa presenza para ser sacrificados, ó seu irmán Orestes e a Pílades, enviados polo oráculo de Delfos a Táuride en busca da estatua de Artemisa, de quen ela era sacerdotisa. Abandonando o seu sacerdocio, Ifixenia entregoulles as imaxes e fuxíu con eles a Grecia.

Fuxida de Ifixenia a Grecia

Durante a viaxe de regreso Ifixenia e o seu irmán xunto con Pílades, abordaron na cidade de Estemintio, na costa de Tróade, onde Apolo estaba un sacerdote,Crises, que tiña ó seu carón a un fillo da súa filla Crispida e de Agamenón, nacido durante o cativerio da rapaza no campamento grego. Este fillo chamábase como o seu avó, a quen sucedera como sacerdote. Pasaba por ser fillo de Apolo. Ao chegar os fuxitivos, perseguidos por Toante, rei de Táuride, o mozo Crises matou a Toante e seguiu ata Micenas cós seus irmáns.

Variantes do mito

Algunhas versións chegan a presentar a Ifixenia como a filla de Criseida, no lugar de Clitemnestra. Segundo esta variante, fora raptada por piratas na viaxe de regreso, cando Agamenón volvía a Grecia despois da toma de Troia. O mozo Crises morrera en Crisópolis (Bitinia), cidade que se chamaba así na súa lembranza.

Outra variante torna a Ifixenia na filla que Teseo tivo de Helena cando a secuestrou antes do seu matrimonio. Salvada polos Dióscuros, os seus irmáns, Helena xuroulles que permanecera virxe. En realidade dera a luz clandestinamente a unha nena, que confiou á súa irmá Clitemnestra, a cal criouna como filla propia.

Distintos finais do mito

Contábase ás veces que Ifixenia morrera en Mégara, onde tiña un santuario; outras, que Artemisa concedéralle a inmortalidade, identificándoa coa deusa Hécate; outras veces, incluso que levaba unha vida misteriosa casada con Aquiles, na illa Branca, na desembocadura do Danubio. De este xeito teríase feito a unión de Ifixenia e Aquiles proxectada por Agamenón, nun principio, como pretexto, se ben despois teríana desexado Aquiles, e tal vez a mesma doncela e que só o sacrificio a impedira.

Véxase tamén