Síndrome de Churg-Strauss: Diferenzas entre revisións
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta9) |
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0 |
||
Liña 3: | Liña 3: | ||
A '''síndrome de Churg-Strauss''', tamén coñecida como '''granulomatose alérxica''', é unha doenza pertencente ao grupo das [[eosinofilia pulmonar|eosinofilias pulmonares]] é un tipo de [[vasculite]] autoinmune que afecta aos pequenos e medianos [[vaso sanguíneo|vasos sanguíneos]], provocando un infiltrado de [[eosinófilo]]s, sobre todo no [[pulmón]]. Este infiltrado pulmonar é causante de asma severa. Ademais, os posíbeis infiltrados noutras partes do corpo poden provocar problemas no sistema gastrointestinal, nervios periféricos, [[corazón]], [[pel]] ou [[riles]]. Por algúns autores, a síndrome de Churg-Strauss é considerada un tipo de [[poliarterite nodosa]], polas súas semellanzas morfolóxicas. |
A '''síndrome de Churg-Strauss''', tamén coñecida como '''granulomatose alérxica''', é unha doenza pertencente ao grupo das [[eosinofilia pulmonar|eosinofilias pulmonares]] é un tipo de [[vasculite]] autoinmune que afecta aos pequenos e medianos [[vaso sanguíneo|vasos sanguíneos]], provocando un infiltrado de [[eosinófilo]]s, sobre todo no [[pulmón]]. Este infiltrado pulmonar é causante de asma severa. Ademais, os posíbeis infiltrados noutras partes do corpo poden provocar problemas no sistema gastrointestinal, nervios periféricos, [[corazón]], [[pel]] ou [[riles]]. Por algúns autores, a síndrome de Churg-Strauss é considerada un tipo de [[poliarterite nodosa]], polas súas semellanzas morfolóxicas. |
||
Non é unha enfermidade contaxiosa nin herdada, e pode moitas veces ser confundida coa asma, moito máis frecuente que a síndrome de Churg-Strauss, que resulta ser unha doenza rara, cunha incidencia de 0.9/millón habitantes e lixeiramente máis frecuente entre os homes<ref>{{Cita web |url=http://www.meiga.info/meiga.asp?cap=1&mat0=8&mat1=414&mat=416&id=997 |título=Fernández Bouza, Elena et al. ''Síndrome de Churg-Strauss: ¿enfermedad geriátrica?'' meiga.info (Medicina Interna de Galicia) |
Non é unha enfermidade contaxiosa nin herdada, e pode moitas veces ser confundida coa asma, moito máis frecuente que a síndrome de Churg-Strauss, que resulta ser unha doenza rara, cunha incidencia de 0.9/millón habitantes e lixeiramente máis frecuente entre os homes<ref>{{Cita web |url=http://www.meiga.info/meiga.asp?cap=1&mat0=8&mat1=414&mat=416&id=997 |título=Fernández Bouza, Elena et al. ''Síndrome de Churg-Strauss: ¿enfermedad geriátrica?'' meiga.info (Medicina Interna de Galicia) |data-acceso=18 de febreiro de 2014 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20140222145305/http://www.meiga.info/meiga.asp?cap=1&mat0=8&mat1=414&mat=416&id=997 |dataarquivo=22 de febreiro de 2014 |urlmorta=si }}</ref> |
||
Foi por primeira vez claramente definida en [[1939]]<ref>Thurlbeck, William M. e Churg, Andrew (1995) ''Pathology of the Lung'' Thieme, p. 425</ref>, e o seu nome procede dos [[medicina|doutores]] [[Jacob Churg]] e [[Lotte Strauss]] que describiron o trastorno en [[1951]].<ref>http://www.harrisonmedicina.com/content.aspx?aID=3743395</ref> |
Foi por primeira vez claramente definida en [[1939]]<ref>Thurlbeck, William M. e Churg, Andrew (1995) ''Pathology of the Lung'' Thieme, p. 425</ref>, e o seu nome procede dos [[medicina|doutores]] [[Jacob Churg]] e [[Lotte Strauss]] que describiron o trastorno en [[1951]].<ref>http://www.harrisonmedicina.com/content.aspx?aID=3743395</ref> |
Revisión como estaba o 18 de setembro de 2019 ás 17:20
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
A síndrome de Churg-Strauss, tamén coñecida como granulomatose alérxica, é unha doenza pertencente ao grupo das eosinofilias pulmonares é un tipo de vasculite autoinmune que afecta aos pequenos e medianos vasos sanguíneos, provocando un infiltrado de eosinófilos, sobre todo no pulmón. Este infiltrado pulmonar é causante de asma severa. Ademais, os posíbeis infiltrados noutras partes do corpo poden provocar problemas no sistema gastrointestinal, nervios periféricos, corazón, pel ou riles. Por algúns autores, a síndrome de Churg-Strauss é considerada un tipo de poliarterite nodosa, polas súas semellanzas morfolóxicas.
Non é unha enfermidade contaxiosa nin herdada, e pode moitas veces ser confundida coa asma, moito máis frecuente que a síndrome de Churg-Strauss, que resulta ser unha doenza rara, cunha incidencia de 0.9/millón habitantes e lixeiramente máis frecuente entre os homes[1]
Foi por primeira vez claramente definida en 1939[2], e o seu nome procede dos doutores Jacob Churg e Lotte Strauss que describiron o trastorno en 1951.[3]
Síntomas
A sintomatoloxía da síndrome depende da gravidade e tamén do etapa da enfermidade no que se atope o paciente. Basicamente, podemos diferenciar tres fases na doenza.
- Unha fase inicial, nos primeiros meses, caracterizada por asma e rinite alérxica.
- Unha fase eosinofílica, máis tardía, na que os eosinófilos comezan a se infiltrar sobre todo nos pulmóns, pero tamén na pel, no tracto gastrointestinal e nos riles.
- Unha fase de vasculite, a fase final, na que os síntomas son moito máis graves e abarcan dende perda de peso severa, astenia, e afectación multiorgánica (corazón, sistema nervioso, músculos etc.).
Diagnóstico
Probas diagnósticas
As probas diagnósticas máis empregadas para a diagnose da síndrome de Churg-Strauss son a detección de anticorpos anti-citoplasma dos neutrófilos (ANCA). Na metade dos pacientes doentes desta síndrome, os ANCA son positivos. Outras probas de laboratorio útiles son a presenza de eosinófilos (eosinofilia), o aumento da VSG (un marcador de inflamación), e unhas inmunoglobulinas E elevadas. No lavado broncoalveolar (BAL) tamén se aprecia a presenza de eosinofilia. Nunha radiografía de tórax obsérvase infiltrados pulmonares, nódulos, e incluso derramo pleural.
No caso de houber dúbidas, a biopsia dun pulmón ou doutro tecido afecto pode proporcionar o diagnóstico se se atopan vasculites necrotizantes en pequenas arterias e veas, granulomas extravasculares ou infiltración de eosinófilos nos alvéolos e no intesticio.
Criterios diagnósticos
Poderemos afirmar que existe nun 99.7% dos casos unha síndrome de Churg-Strauss se se cumpren, coma mínimo, 4 ou máis destes criterios[4]:
- Asma.
- Eosinofilia (presenza de máis dun 10% de eosinófilos en sangue periférica).
- Anormalidades nos seos paranasais.
- Opacidades pulmonares transitorias ou migratorias.
- Neuropatía.
- Biopsia de vasos sanguíneos con acumulación de eosinófilos fóra do sangue, é dicir, noutros tecidos.
Tratamento
O tratamento da síndrome adoitan ser os corticoides (prednisolona) combinados con outros inmunosupresores, como poden ser azatioprina ou ciclofosfamida. Tamén hai estudos de tratamentos con montelukast.
Notas
- ↑ "Fernández Bouza, Elena et al. Síndrome de Churg-Strauss: ¿enfermedad geriátrica? meiga.info (Medicina Interna de Galicia)". Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2014. Consultado o 18 de febreiro de 2014.
- ↑ Thurlbeck, William M. e Churg, Andrew (1995) Pathology of the Lung Thieme, p. 425
- ↑ http://www.harrisonmedicina.com/content.aspx?aID=3743395
- ↑ Mehran Farid-Moayer Churg-Strauss Syndrome en Medscape