Saltar ao contido

Hipocondría: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Engadidas ligazóns internas
Retiro o aviso de falta de ligazóns internas
Liña 1: Liña 1:
{{Fonte primaria|data=xuño de 2016}}
{{Fonte primaria|data=xuño de 2016}}
{{Sen referencias|data=xuño de 2016}}
{{Sen referencias|data=xuño de 2016}}
{{ligazóns internas}}
{{Revisión|data=xuño de 2016}}
{{Revisión|data=xuño de 2016}}
{{Doenza
{{Doenza

Revisión como estaba o 13 de maio de 2019 ás 08:21

Hipocondría
Clasificación e recursos externos
ICD-10F45.2
ICD-9300.7
MedlinePlus001236
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

A hipocondría[1] é unha enfermidade na cal o paciente mostra unha actitude de preocupación pola súa saúde. Tende a esaxerar os seus sufrimentos, que poden ser reais ou imaxinarios, crendo que padece unha enfermidade grave. A interpretación catastrófica dos signos corporais máis ínfimos por parte do individuo é o mecanismo que provoca a hipocondría. Hai familias moi sensibles a esta enfermidade e están inclinadas á interpretación dos signos de enfermidade en todos os ámbitos da vida. Non se debe descartar que unha persoa hipocondríaca estea realmente enferma. En moitas ocasións o que fai é centrar a súa atención en síntomas leves (mareo, dor de cabeza...) e non nos verdadeiramente importantes.

Nalgunhas persoas é moi difícil o tratamento da hipocondría, xa que non están dispostas a recoñeceren que a causa do seu mal é de orixe psíquica. Polo tanto, néganse a someterse a un tratamento psicolóxico. O tratamento baséase na combinación de fármacos antidepresivos coa psicoterapia cognitivo condutual. De feito, é moi común que psiquiatra e psicólogo traballen xuntos ante esta enfermidade. Os medicamentos reducen o desánimo pero por si sos non son suficientes para eliminar as ideas de enfermidade. Débense tomar conxuntamente co tratamento psicolóxico.

A psicoterapia en si diríxese a paliar a angustia e o medo que senten estas persoas ensinándolles a enfrontar o seu problema. Un punto vital radica en saber diferenciar os síntomas reais dos ficticios. Normalmente úsanse técnicas como a desensibilización, o control do pensamento e a relaxación.

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para hipocondría.