Francisco de Trillo y Figueroa: Diferenzas entre revisións
m Introduciendo ficha |
m engado a Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes mediante HotCat |
||
Liña 24: | Liña 24: | ||
[[Categoría:Nados en 1618]] |
[[Categoría:Nados en 1618]] |
||
[[Categoría:Finados en 1680]] |
[[Categoría:Finados en 1680]] |
||
[[Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes]] |
Revisión como estaba o 21 de decembro de 2018 ás 22:03
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1618 Cervás |
Morte | 1680 (61/62 anos) Granada |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | escritor , historiador |
Xénero artístico | Poesía |
Lingua | Lingua castelá |
Francisco de Trillo y Figueroa, nado en Ares en 1618 e finado en Granada en 1680 foi un poeta culteranista e historiador galego en lingua castelá.
Traxectoria
Trillo naceu en 1618 no Castelo de San Martillo de Padilla en Ares. En 1632 a súa familia trasladouse a Granada, onde frecuentou ambientes literarios e estableceu amizade co poeta Pedro Soto de Rojas, do que prologou o libro Jardín cerrado.
Seguiu a carreira das armas e foi soldado en Italia e posiblemente en Flandres, mais abandonou esta vida e volveu a Granada para dedicarse ás letras. Foi influído por Luis de Góngora e a estética do Culteranismo e consagrouse a traballos eruditos. Faleceu en Granada en 1680.
Obras
Escribiu unha epopea culta, Neapolisea: poema heroyco y panegirico al Gran Capitan Gonzalo Fernández de Cordoua (Granada: por Baltasar de Bolívar y Francisco Sánchez, 1651), sobre a figura e fazañas de Gonzalo Fernández de Córdoba, o "Gran Capitán". O seu estilo culterano desgustou o crítico Marcelino Menéndez Pelayo. Ese estilo tamén se advirte en Poesías varias, heroicas, satíricas y amorosas (1652), colección que inclúe traducións de Anacreonte, composicións inspiradas na Biblia e unha Fábula de Leandro procedente de Ovidio. Foi tamén un poeta festivo e satírico ao estilo de Góngora. Consérvase unha Historia de Granada da súa autoría no Museo Británico.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Obras de Trillo na Biblioteca Virtual Cervantes
- Primeira edición de Neapolisea na biblioteca da Universidade de Granada
- Biografías y vida (en castelán)
- Delgado, José Luis (7 de abril de 2014). "El poeta Trillo y Figueroa". Diario de Granada (en castelán). Consultado o 3 de febreiro de 2016.