Mareas en Común: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Engadín categorías e reirouse o marcador correspondente.
Sen resumo de edición
Etiqueta: edición de código 2017
Liña 1: Liña 1:
{{Fusión|En Marea}}
{{Illado}}
{{Illado}}
{{Sen referencias|data=setembro de 2018}}
{{Sen referencias|data=setembro de 2018}}

Revisión como estaba o 7 de decembro de 2018 ás 19:34

Mareas en Común foi un proceso de confluencia política entre candidaturas locais de toda Galicia nacidas antes das eleccións municipais do 2015.

O proceso iniciouse o 16 de xaneiro do 2016, en A Estrada, onde se congregaron ata 38 candidaturas de diferentes denominacións e formatos (agrupacións de electores, partidos instrumentais, partidos locais) que se autoreferenciaban como espazos cidadáns abertos diferentes ás alternativas políticas clásicas ata o momento. Durante os meses de xaneiro a xuño do 2016 os encontros das "mareas" sucedéronse ao longo do país (Ourense, Lugo, Marín, Pobra do Caramiñal, Pontevedra, etc.) tentando artellar unha rede de movementos locais que facilitase o nacemento dun espazo común onde tivesen cabida tamén as organizacións políticas que apoiaban en moitos concellos estas candidaturas (Anova, Esquerda Unida e Podemos, principalmente). O 5 de xullo os alcaldes da Coruña (Xulio Ferreiro), Compostela (Martiño Noriega) e Ferrol (Jorge Suárez) lanzaban un manifesto chamando á confluencia das partes implicadas. Como resultado, o 30 de xullo, no auditorio Mar de Vigo (Vigo) celebrábase o primeiro plenario do que se daría en chamar En Marea, que se constituía desde ese momento como partido instrumental.