Francisco de Trillo y Figueroa: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m →‎Ligazóns externas: Bot: Arranxos varios
m Introduciendo ficha
Liña 1: Liña 1:
{{Biografía}}
'''Francisco de Trillo y Figueroa''', nado en [[Ares]] en [[1618]] e finado en [[Granada]] en [[1680]] foi un poeta [[Culteranismo|culteranista]] e historiador galego en [[lingua castelá]].
'''Francisco de Trillo y Figueroa''', nado en [[Ares]] en [[1618]] e finado en [[Granada]] en [[1680]] foi un poeta [[Culteranismo|culteranista]] e historiador galego en [[lingua castelá]].



Revisión como estaba o 21 de outubro de 2018 ás 14:21

Infotaula de personaFrancisco de Trillo y Figueroa
Biografía
Nacemento1618 Editar o valor em Wikidata
Cervás Editar o valor em Wikidata
Morte1680 Editar o valor em Wikidata (61/62 anos)
Granada Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , historiador Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoPoesía Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

IMSLP: Category:Trillo_y_Figueroa,_Francisco_de Editar o valor em Wikidata

Francisco de Trillo y Figueroa, nado en Ares en 1618 e finado en Granada en 1680 foi un poeta culteranista e historiador galego en lingua castelá.

Traxectoria

Trillo naceu en 1618 no Castelo de San Martillo de Padilla en Ares. En 1632 a súa familia trasladouse a Granada, onde frecuentou ambientes literarios e estableceu amizade co poeta Pedro Soto de Rojas, do que prologou o libro Jardín cerrado.

Seguiu a carreira das armas e foi soldado en Italia e posiblemente en Flandres, mais abandonou esta vida e volveu a Granada para dedicarse ás letras. Foi influído por Luis de Góngora e a estética do Culteranismo e consagrouse a traballos eruditos. Faleceu en Granada en 1680.

Obras

Escribiu unha epopea culta, Neapolisea: poema heroyco y panegirico al Gran Capitan Gonzalo Fernández de Cordoua (Granada: por Baltasar de Bolívar y Francisco Sánchez, 1651), sobre a figura e fazañas de Gonzalo Fernández de Córdoba, o "Gran Capitán". O seu estilo culterano desgustou o crítico Marcelino Menéndez Pelayo. Ese estilo tamén se advirte en Poesías varias, heroicas, satíricas y amorosas (1652), colección que inclúe traducións de Anacreonte, composicións inspiradas na Biblia e unha Fábula de Leandro procedente de Ovidio. Foi tamén un poeta festivo e satírico ao estilo de Góngora. Consérvase unha Historia de Granada da súa autoría no Museo Británico.

Véxase tamén

Ligazóns externas