Colexio dos xesuítas de Camposancos: Diferenzas entre revisións
Recuperando 0 fontes e etiquetando 1 como mortas. #IABot (v2.0beta9) |
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta9) |
||
Liña 26: | Liña 26: | ||
=== Bibliografía === |
=== Bibliografía === |
||
* {{Versaleta|García Lago, Antonio}} (1998) [http://paxinasdaguarda.blogspot.com.es/2013/05/en-el-ano-1875-se-traslada-albarrio-de.html "Colegio de los Jesuitas en O Pasaxe"] en ''Crónica biográfica de Camposancos y su entorno''. ISBN 84-605-6675-7 {{Es}}. |
* {{Versaleta|García Lago, Antonio}} (1998) [http://paxinasdaguarda.blogspot.com.es/2013/05/en-el-ano-1875-se-traslada-albarrio-de.html "Colegio de los Jesuitas en O Pasaxe"] en ''Crónica biográfica de Camposancos y su entorno''. ISBN 84-605-6675-7 {{Es}}. |
||
*{{Versaleta|Laurelo Roa, M.}} (1999). "[http://www.asturiasrepublicana.com/libertad15-pon5.html Campo de concentración de Camposancos]" en [http://www.cazarabet.com/lalibreria/fichas22/libertad.htm ''La libertad es un bien muy preciado''] ISBN 978-84-931175-0-4 {{Es}}. |
*{{Versaleta|Laurelo Roa, M.}} (1999). "[http://www.asturiasrepublicana.com/libertad15-pon5.html Campo de concentración de Camposancos]" en [https://web.archive.org/web/20171014033322/http://www.cazarabet.com/lalibreria/fichas22/libertad.htm ''La libertad es un bien muy preciado''] ISBN 978-84-931175-0-4 {{Es}}. |
||
=== Ligazóns externas === |
=== Ligazóns externas === |
Revisión como estaba o 25 de setembro de 2018 ás 03:45
Coordenadas: 41°53′19.1″N 8°51′3.48″O / 41.888639, -8.8509667
O Colexio Apóstolo Santiago dos Padres Xesuítas, na Pasaxe (Camposancos, A Guarda) hoxe en ruínas, foi xermolo das universidades de Deusto e Comillas.
Historia
Situado á beira do Río Miño, preto da desembocadura, foi fundado en 1875. Por primeira vez en España, os xesuítas intentaban instituír unha universidade privada. O colexio chegou a contar cun prestixio enorme ata o punto que del xurdiron dúas notables institucións como a Universidade de Deusto e a Universidade Pontificia de Comillas. Entre os profesores máis destacados estivo Baltasar Merino e entre os alumnos avantaxados que saíron do colexio están o político pontevedrés Manuel Portela Valladares, que chegaría a ser ministro e presidente do goberno coa república; José María Montenegro Soto; Ramón María Aller; Xosé Franco Montes; Antón Losada Diéguez, Alejo Diz Jurado, Javier Bugallal Pérez de Castro; Manoel de Oliveira ou Javier Ozores Pedrosa.
En 1916 os ocupantes trasládanse a Vigo e ceden as instalacións a xesuítas portugueses, procedentes dun colexio de Lisboa, porén baixo o mandato da Segunda República a orde dos xesuítas foi expulsada e o centro pasou a ser un sanatorio.
Campo de concentración
- Artigo principal: Campo de concentración de Camposancos.
O recinto, convertido en hospital, empregouse, entre 1938 e 1941, durante a Guerra Civil Española e a posguerra, como campo de concentración e acolleu prisioneiros políticos e combatentes do exército republicano.[1] Habilitado como centro de reclusión a finais de 1937, chegou a estar ocupado, en 1938, por 1 066 reos, cando a capacidade (segundo informe oficial do réxime franquista) era de 868 presos. As fontes diverxen en torno a poboación reclusa que pasou por el, pero oscila entre os 2 000 e os 3 000 presos.
En 1943 volveu ser un centro de ensino dos xesuítas, aínda que non retornou ó esplendor anterior e pechou as aulas en 1959.
Tralo abandono
No ano 2007 estreouse o documental Memorial de Camposancos, de José Ballesta de Diego (Vigo, 1964), que conta a historia do centro.[2][3]
Dada a súa privilexiada posición na foz do Miño, houbo un proxecto dunha construtora propiedade do ex-futbolista Valery Karpin, para converter o edificio nun complexo turístico de luxo.[1]
Notas
- ↑ 1,0 1,1 Alonso, Sara "Camposancos pierde su memoria" El País, 4/9/2012 (en castelán).
- ↑ "El Mathaussen de A Guarda tiene su propia película"[Ligazón morta] La Voz de Galicia 3/5/2007 (en castelán).
- ↑ A Axencia Audiovisual Galega leva a Berlín un documental sobre a represión da Guerra Civil CCG.
Véxase tamén
Bibliografía
- García Lago, Antonio (1998) "Colegio de los Jesuitas en O Pasaxe" en Crónica biográfica de Camposancos y su entorno. ISBN 84-605-6675-7 (en castelán).
- Laurelo Roa, M. (1999). "Campo de concentración de Camposancos" en La libertad es un bien muy preciado ISBN 978-84-931175-0-4 (en castelán).
Ligazóns externas
- Uris Guisantes, José Antonio: "Xesuítas", "Alumnos", "Xesuítas-1", "Xesuítas-2" e "Xesuítas-3"
- "3.000 asturianos vivieron confinados en Camposancos entre 1937 y 1939" 10/8/2006 (en castelán)