Cuco real: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 30: Liña 30:
Clasifícase na [[familia (bioloxía)|familia]] [[Cuculidae]] dentro da [[Orde (bioloxía)|orde]] [[cuculiformes]]. Os cuculiformes son aves de tamaño mediano, con plumaxes discretas e longas colas que teñen patas con dedos [[zigodáctilo]]s (dous dirixidos cara adiante e dous cara atrás). Os membros da familia Cuculidae adoitan caracterizarse por poñer os seus ovos nos niños doutras especies.
Clasifícase na [[familia (bioloxía)|familia]] [[Cuculidae]] dentro da [[Orde (bioloxía)|orde]] [[cuculiformes]]. Os cuculiformes son aves de tamaño mediano, con plumaxes discretas e longas colas que teñen patas con dedos [[zigodáctilo]]s (dous dirixidos cara adiante e dous cara atrás). Os membros da familia Cuculidae adoitan caracterizarse por poñer os seus ovos nos niños doutras especies.


Describiuno cientificamente [[Carlos Linneo]] en [[1758]] na décima edición da súa obra ''[[Systema naturae]]'', co nome de ''Cuculus glandarius''.<ref>Caroli Linnæi. ''[http://www.biodiversitylibrary.org/item/10277#page/129/mode/1up Systema naturæ per regna tria naturæ, secundum classses, ordines, genera, species, cum characteribus, differentiis, synonymis, locis]'' Editio decima reformata '''1758''', Holmiæ, Impensis direct. Laurentii Salvii (Salvius publ.) p. 111.</ref> En 1829 foi trasladado como [[especie tipo]] ao [[xénero (bioloxía)|xénero]] ''[[Clamator]]'', creado por [[Johann Jakob Kaup]].<ref>[http://www.zoonomen.net/avtax/cucu.html Peterson, A. P. Zoonomen. Zoological Nomenclature Resource - Cuculiformes]</ref> Es una especie [[monotípica]], es decir, no se reconocen [[subespecies]] diferenciadas.<ref>Frank Gill y David Donsker. ''[http://www.worldbirdnames.org/bow/hoatzin/ Hoatzin, turacos & cuckoos]''. IOC World Bird List versión 5.1.</ref>
Describiuno cientificamente [[Carlos Linneo]] en [[1758]] na décima edición da súa obra ''[[Systema naturae]]'', co nome de ''Cuculus glandarius''.<ref>Caroli Linnæi. ''[http://www.biodiversitylibrary.org/item/10277#page/129/mode/1up Systema naturæ per regna tria naturæ, secundum classses, ordines, genera, species, cum characteribus, differentiis, synonymis, locis]'' Editio decima reformata '''1758''', Holmiæ, Impensis direct. Laurentii Salvii (Salvius publ.) p. 111.</ref> En 1829 foi trasladado como [[especie tipo]] ao [[xénero (bioloxía)|xénero]] ''[[Clamator]]'', creado por [[Johann Jakob Kaup]].<ref>[http://www.zoonomen.net/avtax/cucu.html Peterson, A. P. Zoonomen. Zoological Nomenclature Resource - Cuculiformes]</ref> É unha especie [[monotípica]], é dicir, non se recoñecen [[subespecies]] diferenciadas.<ref>Frank Gill y David Donsker. ''[http://www.worldbirdnames.org/bow/hoatzin/ Hoatzin, turacos & cuckoos]''. IOC World Bird List versión 5.1.</ref>


O nome do seu xénero, ''Clamator'', é a palabra [[latín|latina]] que significa 'gritador'. O nome específico é tamén de etimoloxía latina, ''glandarius'' procede da palabra ''glans'', '[[landra]]' e literalmente significa 'landreiro', aínda que era ese o termo do latín tardío usado para referirse ao [[Garrulus glandarius|gaio]] (que come landras),<ref>Jobling, James A. (2010). ''The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. London: Christopher Helm. p. 110 y 173. ISBN 978-1-4081-2501-4.''</ref> o cal ten un parecidosuperficial co cuco real.
O nome do seu xénero, ''Clamator'', é a palabra [[latín|latina]] que significa 'gritador'. O nome específico é tamén de etimoloxía latina, ''glandarius'' procede da palabra ''glans'', '[[landra]]' e literalmente significa 'landreiro', aínda que era ese o termo do latín tardío usado para referirse ao [[Garrulus glandarius|gaio]] (que come landras),<ref>Jobling, James A. (2010). ''The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. London: Christopher Helm. p. 110 y 173. ISBN 978-1-4081-2501-4.''</ref> o cal ten un parecidosuperficial co cuco real.

Revisión como estaba o 15 de agosto de 2018 ás 20:10

O cuco real ou cuco papudo (Clamator glandarius) é unha especie de ave cuculiforme da familia Cuculidae que habita no sur de Europa e Oriente Próximo en verán e que pasa o inverno en África. Igual que o seu parente o cuco practica o parasitismo de posta nos niños de aves como as pegas e os estorniños. Non se coñecen subespecies.[2]

Descrición

Adulto.
Individuo novo en catividade.

O cuco real é lixeiramente máis grande que o cuco común, cunha lonxitude de 35 a 39 cm, aínda que parece moito máis grande polas súas anchas ás e a súa cola longa e estreita. Os adultos teñen as partes superiores de cor pardo escuro con moitas pintas brancas e co píleo gris, onde presenta un rechamante penacho eréctil. O seu pico anegrado é robusto e lixeiramente curvado cara abaixo. As súas partes inferiores son principalmente brancas, aínda que a súa gorxa e parte superior do peito son de cor amarelado crema. Ambos os sexos teñen un aspecto similar. Os xuvenís teñen as partes superiores, incluído o píleo, anegrdas en lugar de pardas, e segundo as idades carecen de penacho ou téñeno máis curto. O amarelo das súas partes inferiores é máis intenso e máis estendido que o dos adultos, e as súas plumas primarias son de cor castaño avermellado.

Taxonomía e etimoloxía

Clasifícase na familia Cuculidae dentro da orde cuculiformes. Os cuculiformes son aves de tamaño mediano, con plumaxes discretas e longas colas que teñen patas con dedos zigodáctilos (dous dirixidos cara adiante e dous cara atrás). Os membros da familia Cuculidae adoitan caracterizarse por poñer os seus ovos nos niños doutras especies.

Describiuno cientificamente Carlos Linneo en 1758 na décima edición da súa obra Systema naturae, co nome de Cuculus glandarius.[3] En 1829 foi trasladado como especie tipo ao xénero Clamator, creado por Johann Jakob Kaup.[4] É unha especie monotípica, é dicir, non se recoñecen subespecies diferenciadas.[5]

O nome do seu xénero, Clamator, é a palabra latina que significa 'gritador'. O nome específico é tamén de etimoloxía latina, glandarius procede da palabra glans, 'landra' e literalmente significa 'landreiro', aínda que era ese o termo do latín tardío usado para referirse ao gaio (que come landras),[6] o cal ten un parecidosuperficial co cuco real.

Comportamento

Es unha ave que vive en zonas arboradas abertas cálidas. Aliméntase de insectos, especialmente eirugas peludas que desagradan a moitas outras aves, arañas e pequenos réptiles.

Reprodución

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas