María José Alonso: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xoio (conversa | contribucións)
arranxiño
Xoio (conversa | contribucións)
arranxiño
Liña 67: Liña 67:
[[Categoría:Catedráticos da Universidade de Santiago de Compostela]]
[[Categoría:Catedráticos da Universidade de Santiago de Compostela]]
[[Categoría:Personalidades da farmacia]]
[[Categoría:Personalidades da farmacia]]
[[Categoría:Membros da Academia de Farmacia de Galicia]]
[[Categoría:Membros da Real Academia Galega das Ciencias]]
[[Categoría:Membros da Real Academia Galega das Ciencias]]
[[Categoría:Medallas Castelao]]
[[Categoría:Medallas Castelao]]

Revisión como estaba o 8 de agosto de 2018 ás 15:30

Infotaula de personaMaría José Alonso

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinalMaría Josefa Alonso Fernández
Biografía
Nacemento22 de decembro de 1958 Editar o valor em Wikidata (65 anos)
Carrizo de la Ribera, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspañola
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
OcupaciónFarmacóloga, catedrática de Universidade, académica e investigadora
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Premios
Véxase o texto

Páxina webusc.es… Editar o valor em Wikidata
Dialnet: 752942

María Josefa Alonso Fernández, nada en Carrizo de la Ribera (provincia de León) o 22 de decembro de 1959,[1] é unha farmacéutica, catedrática e académica galega especializada no campo das nanopartículas como vehículo de medicamentos.

Traxectoria

En 1981 licenciouse en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela, e en 1985 acadou o doutoramento con premio extraordinario.[1] Nese mesmo ano foi nomeada profesora axudante do Departamento de Tecnoloxía Farmacéutica de dita Universidade. É docente deste departamento desde entón e, desde 1998, como catedrática.

Nos anos 1986-87 iniciou a súa actividade no campo das nanopartículas como sistemas de liberación de fármacos na Universidade de París XI. En 1988 traballou como investigadora na Universidade de Angers, onde foi científica visitante, e no Instituto Tecnolóxico de Massachussets (1991-92 e 2012).

Foi vicerreitora de Investigación e Innovación da USC desde 2006 até 2010.[2]

O seu laboratorio na Facultade de Farmacia da USC foi pioneiro en numerosos descubrimentos no campo da nanofarmacéutica e da nanomedicina. É autora de máis de 260 contribucións científicas, con máis de 14 900 citas, e a inventora de 20 patentes.[3]

Actividades realizadas

Dirixiu 25 proxectos financiados por institucións públicas, entre eles varios proxectos europeos e financiados por institucións internacionais como a OMS e a Bill & Melinda Gates Foundation. É autora de 97 publicacións científicas en revistas internacionais de alto impacto na área da liberación de fármacos, de dezasete capítulos de libros e de oito patentes.[4] Así mesmo, ten participado como conferenciante invitado en trinta congresos internacionais.

Foi membro do comité científico e organizador de numerosos congresos e cursos de ámbito internacional e fundadora e presidenta da Sociedade Hispano-Portuguesa de Liberación Controlada (1995). É a coordinadora da Rede Temática de Investigación en Sistemas de Liberación de Moléculas Activas (SLMA). Por iniciativa da Sociedade Europea para a Ciencia (NSF), liderou grupos de traballo sobre a Nanomedicina, e é responsable da división de educación e comunicación da Plataforma Tecnológica Española de Nanomedicina.

É fundadora da asociación Spanish Portuguese Chapter of the Controlled Release Society e presidenta da súa xunta directiva (1995-97), así como secretaria da mesma (1997-2000), Governor da Controlled Release Society (1995-1998) e, desde 2018, presidenta da institución,[3] [5] membro do Board of Pharmaceutical Sciences da International Pharmaceutical Federation (1998-2000), membro de Scientific Advidsory Board da Association de Pharmacie Galénique Industrielle (1997-2000) e pertence á European Federation for Pharmaceutical Sciences.

É tamén membro do American Institute for Medical and Biological Engineering (Instituto Estadounidense de Enxeñaría Médica e Biolóxica), e da US National Academy of Medicine (Academia Nacional de Medicina dos Estados Unidos).[3]

Así mesmo, e membro do comité editorial das seguintes revistas internacionais: Pharmaceutical Research, Journal of Controlled Release, International Journal of Pharmaceutics, European Journal of Pharmaceutics and Biopharmaceutics, European Journal of Pharmaceutical Sciences, Drug Development and Industrial Pharmacy, Drug Delivery Sciences & Technologies e J. Microencapsulation.

M. J. Alonso está incluída na clasificación dos dez maiores expertos mundiais en farmacoloxía e toxicoloxía, elaborado polo Times Higher Education, co que se converteu na primeira española en alcanzar este posto.[6] [7]

A profesora Alonso é membro da Academia de Farmacia de Galicia, da Real Academia Galega de Ciencias,[8] [9] e da Real Academia Nacional de Farmacia de España.[10]

Premios

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas