Veracruz: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
revisado, os cambios de Marrovi non afectaron ó artigo
m →‎Ligazóns externas: +control autoridades using AWB
Liña 13: Liña 13:
===Ligazóns externas===
===Ligazóns externas===
*{{URL|http://www.veracruzmunicipio.gob.mx}}
*{{URL|http://www.veracruzmunicipio.gob.mx}}

{{Control de autoridades}}


[[Categoría:Cidades de Veracruz]]
[[Categoría:Cidades de Veracruz]]

Revisión como estaba o 18 de xullo de 2018 ás 17:23

Veracruz.

Veracruz é un municipio e a cidade máis grande e importante do Estado de Veracruz.[1] Ten o porto marítimo comercial máis importante de México. Cunha poboación de 552,156 habitantes en 2010.

Está situada a 90 km de distancia da capital do estado Xalapa e a 400 km de distancia da Cidade de México. Limita ao norte co municipio de La Antigua e o Golfo de México; ao sur cos municipios de Medellín e Boca del Río; ao leste co Golfo de México e ao oeste cos municipios de Manlio Fabio Altamirano e Paso de Ovejas. O seu clima é tropical cálido, cunha temperatura media anual de 25.3 °C e cunha precipitación media anual de 1500 mm.

Historicamente esta cidade e porto destaca por ser fundada por Hernán Cortés, atopándose na rexión pola que os españois desembarcaron para emprender a conquista de Tenochtitlán. Ademais recibiu o nomeamento de Catro veces heroica por decreto presidencial, por mor de enfrontar catro distintas invasións estranxeiras.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas