Voda: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Liña 10: Liña 10:
|-
|-
! scope=col style="background-color: | Ano
! scope=col style="background-color: | Ano
! scope=col style="background-color: | Total de casamentos
! scope=col style="background-color: | Total de<br/> casamentos
! scope=col style="background-color: | Rito civil
! scope=col style="background-color: | Rito civil
! scope=col style="background-color: | Rito relixioso
! scope=col style="background-color: | Rito relixioso

Revisión como estaba o 22 de maio de 2018 ás 22:27

Xosé Neira Vilas e Anisia, no día do seu casamento, en Buenos Aires.

Unha voda, ou casamento, é unha cerimonia civil ou relixiosa mediante a que se principia un acordo de matrimonio. A cerimonia componse de varias partes, que poden variar dependendo do rito, aínda que as máis comúns, fundamentalmente na concepción relixiosa do termo, son o intercambio de aneis e os votos nupciais.

En Galiza

En Galiza, tradicionalmente foron maioritarias as vodas católicas, mais a partir do comezo do século XXI a tendencia foi mudando en favor dos casamentos civís. Foi no ano 2009 cando estes últimos superaron por vez primeira a aqueloutras de corte relixioso.[1] En 2016 casaron en Galiza un total de 9 129 parellas, das que 6 879 (o 75,35%) fixérono por medio de cerimonias civís e 2 250 (o 24,65%) seguiron o rito católico.[1]

Ano Total de
casamentos
Rito civil Rito relixioso
1996 11 551 2 339 (20,25%) 9 212 (79,75%)
1998 11 866 Crecente (crecemento) 2 682 (22,60%) Crecente (crecemento) 9 184 (77,40%) Decrecente
2000 11 955 Crecente (crecemento) 2 676 (22,38%) Decrecente 9 279 (77,62%) Crecente (crecemento)
2002 11 472 Decrecente 3 121 (27,21%) Crecente (crecemento) 8 351 (72,79%) Decrecente
2004 11 339 Decrecente 3 839 7 500
2006 11 024 Decrecente 4 506 6 518
2008 10 759 Decrecente 4 812 5 947
2010 9 675 Decrecente 5 292 4 383
2012 9 380 Decrecente 5 767 3 613
2014 8 687 Decrecente 5 856 2 831
2016 9 129 Crecente (crecemento) 6 879 (75,35%) 2 250 (24,65%)
Tendencia dos casamentos civís e relixiosos en Galiza entre (1996-2016)[1][2]

O casamento na cultura popular galega

  • Casaron a Pedro con Manoela; se ruín é el, ruín é ela.
  • Casou Pedro e non foi mal; casou en terras de pan.
  • Día de casamento, día de contento.
  • O día da voda deixade á noiva que se compoña.
  • O día que me casei, boa cadea me botei.
  • O día que te casas, ou te curas ou te matas.
  • O día que te cases, ten coidado non te manques.
  • Cásate, Xan, en domingo,/ estarás o luns de voda,/ o martes traballarás,/ e acabouse a festa toda.
  • Cásate Xan en domingo,/ estarás o luns de voda/ e o martes traballarás / para que folgue túa dona.

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 "Só 1 de cada 4 vodas se celebran xa pola Igrexa en Galicia". Praza Pública. 26 de xuño de 2017. Consultado o 22 de maio de 2018. 
  2. Pérez Pena, Marcos (6 de decembro de 2014). "A Igrexa, cada vez con menos voz nos 'Si, quero'". Praza Pública. Consultado o 22 de maio de 2018. 

Véxase tamén

Outros artigos