Almofrei, Cerdedo-Cotobade: Diferenzas entre revisións
m →Outros artigos: Arranxos varios, replaced: Parroquias de Galicia baixo a advocación de San → Parroquias de Galicia baixo a advocación de san |
m Actualizo o dato de poboación |
||
Liña 7: | Liña 7: | ||
|concello = Cerdedo-Cotobade |
|concello = Cerdedo-Cotobade |
||
|superficie = 2,5 |
|superficie = 2,5 |
||
|poboación = |
|poboación = 257 |
||
|ano = |
|ano = 2017 |
||
|entidades = 9 |
|entidades = 9 |
||
}} |
}} |
Revisión como estaba o 1 de abril de 2018 ás 19:53
Coordenadas: 42°26′05″N 08°32′57″O / 42.43472, -8.54917
Almofrei | |
---|---|
Igrexa de San Lourenzo de Almofrei. | |
Concello | Cerdedo-Cotobade |
Coordenadas | 42°26′05″N 8°32′57″O / 42.43472222, -8.54916667Coordenadas: 42°26′05″N 8°32′57″O / 42.43472222, -8.54916667{{#coordinates:}}: Non pode haber máis dunha etiqueta primaria por páxina |
Área | 2,5 km² |
Poboación | 257 hab. (2017) |
Densidade | 102,8 hab./km² |
Entidades de poboación | 9 |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Lourenzo de Almofrei é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE en 2010 tiña 268 habitantes (136 homes e 132 mulleres), 8 menos ca en 2007. Dos 9 lugares da parroquia, 5 están habitados.
O topónimo ''Almofrei é de orixe xermánica, indicando o nome gótico latinizado do posesor Ermaufredus, seguramente altomedieval. O xenitivo Ermaufredi evolucionou a Almofrei, que dá nome á súa vez ó río Almofrei.
Patrimonio
A igrexa parroquial, de estilo barroco, está no lugar da Arrotea. Ten planta de cruz latina, e na fachada está San Lourenzo nun fornelo cunha grella na man, baixo as dúas campás e unha espadana. No adro hai tres cruceiros. Tamén conta cun cemiterio.
Sobre o río Almofrei hai unha ponte do século XVI, construída en cantería foi apoiada sobre as propias pedras do río cun arco oxival de 7,70 metros de luz e máis de 10 de altura sobre o leito, era parte do camiño entre Almofrei e Mirón. Ao carón hai un muíño, o número 54 dende o nacemento do río, e único xa que posúe unha vivenda na parte superior e catro rodas en dúas alturas.
Galería de imaxes
- Artigo principal: Galería de imaxes de Almofrei, Cerdedo-Cotobade.
-
Ponte medieval sobre o río Almofrei.
-
San Lourenzo (detalle da fachada da igrexa parroquial).
-
Cruceiro e igrexa.
-
Igrexa parroquial.
-
Igrexa parroquial.
Lugares e parroquias
Lugares de Almofrei
Lugares da parroquia de Almofrei no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade | |
---|---|
Os Agriños | A Arrotea | As Cachopeiras | A Costa do Outeiro | A Fontenova | A Grosa | Outeiro Redondo | A Pombeira | A Xesteira |