Corno (molusco): Diferenzas entre revisións
m engado a Categoría:Especies descritas por Linné mediante HotCat |
m Bot: Substitución da categoría "Especies descritas por Linné" pola categoría "Taxons descritos por Linné" |
||
Liña 36: | Liña 36: | ||
[[Categoría:Gasterópodos]] |
[[Categoría:Gasterópodos]] |
||
[[Categoría:Moluscos de Galicia]] |
[[Categoría:Moluscos de Galicia]] |
||
[[Categoría: |
[[Categoría:Taxons descritos por Linné]] |
Revisión como estaba o 8 de xaneiro de 2018 ás 07:27
Corno (molusco) | |
---|---|
Clasificación científica | |
|
Corno é a denominación común de certos moluscos gasterópodos mariños caracterizados por posuír unha cuncha helicoidal e apuntada de gran tamaño. Pertencen á familia Ranellidae, da orde dos Sorbeoconcha.
Hai varias especies que reciben este nome, pero a especie tipo é a Charonia lampas (Linnaeus 1758), antes Charonia rubicunda (Perry 1811).
Morfoloxía
A cuncha é aberta, redonda e en espiral, de tamaños que superan facilm,ente os 20 cm e poden chegar ós 40 cm. Nas espiras sobresaen avultamentos nudosos regularmente dispostos. A superficie está marcada normalmente por incrustacións irregulares de poliquetos e outros organismos mariños.
A boca é ampla e está pechada por un forte opérculo córneo. É ampla e ovalada, cunha marxe grosa e de cor marrón.
A cor varía desde un branco agrisado ata castaño claro, sempre con debuxos máis marcados. O interior é de cor branca porcelana con manchas marróns nas marxes da boca.
Hábitat e bioloxía
O seu hábitat propio é a zona intermareal inferior, sobre fondos areosos ou pedregosos, habitualmente a pouca profundidade, entre os 8 e os 50 m.
É un animal depredador que se alimenta de equinodermos, moluscos bivalvos e pequenos gasterópodos.
Importancia pesqueira e comercial
Péscase con trasmallos e ó espello, accidentalmente con redes de arrastre, pero como non ten aproveitamento comercial tampouco é obxecto de pesca. Consómese en Xapón, ata onde se exporta unha vez extraída a vianda da cuncha. Antes de comelo cómpre abrandar a carne mediante a conxelación previa, como se fai co polbo.
O corno en Galicia
O molusco recibe tamén os nomes de apupo, bucina, buguina, bucio e carlou.
Por extensión, chámase corno ou corna á bucina feita cunha destas cunchas, furada pola punta, utilizada tradicionalmente polos mariñeiros para indicar a súa presenza a outros barcos nos néboa. Aínda hoxe é utilizada polos pescantíns ambulantes para pregoar a súa chegada. Este instrumento recibe os mesmos nomes populares que o propio molusco.
Véxase tamén
Bibliografía
- DIRECCIÓN XERAL DE FORMACIÓN PESQUEIRA: Guía do consumidor de peixe fresco. Xunta de Galicia 1999.
- RAMONELL, Rosa: Guía dos mariscos de Galicia. Galaxia, Vigo 1985.
- RÍOS PANISSE, M. Carmen: Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia (Invertebrados y peces). Anejo 7 (1977) de Verba.