Dorinda Ramos: Diferenzas entre revisións
engado unha data |
{{Biografía}} |
||
Liña 1: | Liña 1: | ||
{{Biografía}} |
|||
'''María Dorinda Ramos Ramos''', nada en [[Cerreda, Cerreda, Nogueira de Ramuín|Cerreda]] ([[Cerreda, Nogueira de Ramuín|Cerreda]], [[Nogueira de Ramuín]]) en marzo de [[1921]]<ref name=":0">{{Cita libro|título=Eduardo Barreiros and the Recovery of Spain|apelidos=Thomas|nome=Hugh|editorial=Yale University Press|ano=2009|ISBN=978-0-300-12-109-4|ref=Thomas}}</ref>, e finada no [[El Escorial|Escorial]] o [[17 de decembro]] de [[2017]]<ref>{{Cita web|url=http://www.galiciae.com/articulo/sociedad/muere/20171218111741020634.html|apelidos=Galiciae|páxina-web=Galiciae|título=Muere María Dorinda Ramos, la columna vertebral de la familia Barreiros|data-acceso=2017-12-24|lingua=en}}</ref>, foi unha mestra e empresaria [[Galicia|galega]], muller do tamén empresario [[Eduardo Barreiros]]. |

Revisión como estaba o 24 de decembro de 2017 ás 08:03
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1921 Nogueira de Ramuín, España |
Morte | 17 de decembro de 2017 (95/96 anos) O Escorial, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | mestra , emprendedora |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Cónxuxe | Eduardo Barreiros |
María Dorinda Ramos Ramos, nada en Cerreda (Cerreda, Nogueira de Ramuín) en marzo de 1921[1], e finada no Escorial o 17 de decembro de 2017[2], foi unha mestra e empresaria galega, muller do tamén empresario Eduardo Barreiros.
Traxectoria
Orfa de nai ao nacer, o pai, que era dunha familia de pequenos propietarios agrícolas, casou de segundas e deixou a Ramos coas tías na aldea de Cerreda. Un tío de Dorinda Ramos era crego nunha parroquia próxima[1]. Ramos marchou como estudante internada ao colexio das Carmelitas de Ourense, e posteriormente diplomouse en Maxisterio. Nese tempo, en 1940, Ramos coñeceu no autobús a quen acabaría sendo o seu home, Eduardo Barreiros[1], e o seu socio de proxectos empresariais. Casou con Barreiros no ano 1946[1], xusto cando Barreiros empezaba a colleitar éxitos empresariais coa contratación de obra pública na España do primeiro franquismo.
O negocio familiar mudou á transformación de motores de gasolina en diésel e nos primeiros anos cincuenta trasladáronse a Madrid para dirixir desde alí a empresa Barreiros. Nos anos sesenta chegan a un acordo con Chrysler para a compra de accións da súa empresa, que acabará supondo, a finais da década, a saída de Barreiros da empresa familiar e a reorientación a outros sectores, como a fabricación de penso, o sector do viño ou a minaría (casiterita). Nos anos oitenta expandiron os seus negocios a Cuba, se ben Dorinda Ramos nunca se chegou a instalar na illa. Logo do falecemento do home en 1992, Ramos retirouse da vida empresarial.
Dsesde 1997 e ata o seu falecemento foi presidenta de honra da Fundación Eduardo Barreiros.
Vida persoal
A súa filla, Mariluz Barreiros Ramos, casou co empresario Jesús Polanco.
Notas
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Thomas, Hugh (2009). Eduardo Barreiros and the Recovery of Spain. Yale University Press. ISBN 978-0-300-12-109-4.
- ↑ Galiciae. "Muere María Dorinda Ramos, la columna vertebral de la familia Barreiros". Galiciae (en inglés). Consultado o 2017-12-24.