Monumenta Germaniae Historica: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios
Servando2 (conversa | contribucións)
cursivizo
Etiqueta: edición de código 2017
Liña 1: Liña 1:
{{título en cursiva}}
Os '''''Monumenta Germaniae Historica''''' (frecuentemente abreviado '''MGH''' nas [[bibliografía]]s e nos elencos de fontes) é
Os '''''Monumenta Germaniae Historica''''' (frecuentemente abreviado '''MGH''' nas [[bibliografía]]s e nos elencos de fontes) é
unha serie completa de fontes escritas, desde os tempos do [[Imperio Romano]] ata o [[século XVI]], atentamente preparadas e publicadas para o estudo da [[historia de Alemaña]].
unha serie completa de fontes escritas, desde os tempos do [[Imperio Romano]] ata o [[século XVI]], atentamente preparadas e publicadas para o estudo da [[historia de Alemaña]].

Revisión como estaba o 18 de decembro de 2017 ás 23:33

Os Monumenta Germaniae Historica (frecuentemente abreviado MGH nas bibliografías e nos elencos de fontes) é unha serie completa de fontes escritas, desde os tempos do Imperio Romano ata o século XVI, atentamente preparadas e publicadas para o estudo da historia de Alemaña.

O instituto MHG

O instituto (Deutsches Institut für Erforschung des Mittelalters) que xestiona a serie fundouno o politíco e reformista prusiano Heinrich Friedrich Karl vom Stein en 1819 en Berlín, e o primeiro volume apareceu no 1826. Moitos eminentes medievalistas alemáns e doutros países levaron adiante o traballo de recoller e confrontar manuscritos e producir edicións de estudo. O lema escolleito por Stein, Sanctus amor patriae dat animum ("o santo amor pola patria fortifica o espírito") amosa a coincidencia do nacionalismo romántico coa erudición.

O instituto tamén publica a revista de historia Deutsches Archiv für Erforschung des Mittelalters (DA).

O instituto trasladouse à Múnic no ano 1949.

A serie dos presidentes é a seguinte:

A serie MGH

A colección articúlase en cinco grandes áreas: Antiquitates, Diplomata, Epistolae, Leges e Scriptores. Tamén existe unha sección Necrologia. Abríronse tamén moitas áreas subsidiarias, mesmo unha serie de volumes máis compactos para uso escolar (Scriptores in usum scholarum) e unha serie de estudos especiais (MGH Schriften).

O proxecto, un dos meirandes esforzos colectivos de estudos históricos, continúa no século XXI. No 2004 os MGH, co apoio da Deutsche Forschungsgemeinschaft, deron un paso adiante significativo: todas as súas publicacións que se editaran había máis de cinco anos poden lerse en liña nunha reprodución fotodixital, no sitio web dos MGH.

Véxase tamén

Ligazóns externas