Illa de Jersey: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 3: Liña 3:
|nome_oficial = ''Bailiwick of Jersei<br />
|nome_oficial = ''Bailiwick of Jersei<br />
Bailliage de Jersei''<br />
Bailliage de Jersei''<br />
Bailía de Xersei
Bailía de Jersey
|nome_común = Xersei
|nome_común = Jersey
|imaxe_bandeira = Flag_of_Jersey.svg‎
|imaxe_bandeira = Flag_of_Jersey.svg‎
|imaxe_escudo = Jersey_coa.svg‎
|imaxe_escudo = Jersey_coa.svg‎

Revisión como estaba o 29 de outubro de 2017 ás 10:27

Para a peza de vestir, véxase Xersei.

Modelo:País

A illa de Jersey

A Illa de Jersey forma parte do arquipélago das Illas da Canle, é unha bailía (bailiwick en inglés) ou pequeno territorio británico na Canle da Mancha. Ten unha poboación de 84.082 persoas e a capital é Saint Helier. No ano 933, a illa foi tomada polo Ducado de Normandía no norte de Francia. Cando en 1066 os normandos invadiron Inglaterra, Normandía e Inglaterra foron unidas baixo unha monarquía. Durante a idade media, Inglaterra perdeu moita das súas posesións feudais no continente europeo pero conservou os seus illas na Canle da Mancha, incluíndo Xersei.

Como a Guernsey e as outras illas da Canle da Mancha, a economía de Xersei baséase nos servizos financeiros, o turismo e a agricultura. Nos Estados Unidos de América, o estado de Nova Jersey tomou o seu nome da illa de Xersei.

Como nas demais illas da Canle da Mancha a poboación nativa ten como lingua nai o francés, máis exactamente un subdialecto do dialecto normando; deste xeito a poboación nativa adoita chamar á súa illa: Jèrriais (pronuncia aproximada: "yerié").

Historia

Política e goberno de Jersey

A lexislatura elixida da illa chámase Os Estados de Xersei. Hai dous partidos organizados, a Alianza Democrática de Xersei (Xersei Democratic Alliance) e o Partido do Centro (Xersei) (Centre Party of Xersei); pero agora todos os deputados dos Estados de Xersei son independentes.

O xefe de goberno é un administrador electo chamado Bailiff, e o xefe de estado é o Tenente Gobernador, que é designado por a Raíña. O actual Tenente Gobernador é Tenente Xeral Andrew Ridgway. Tamén hai un Xefe Ministro (Chief Minister), agora Frank Harrison Walker. Legalmente Xersei non forma parte integral do Reino Unido. Tradicionalmente a Raíña utiliza o titulo de Duque de Normandía en Xersei.

Xersei está dividido en "parishes" (parroquias); cada parish ten un condestable (inglés constable, francés connétable), elixido polos habitantes.

Xeografía

Economía

Artigo principal: Economía de Xersei.