Célebes: Diferenzas entre revisións
mSen resumo de edición |
mSen resumo de edición |
||
Liña 27: | Liña 27: | ||
}} |
}} |
||
'''Célebes''' tamén coñecida, en especial ultimamente, co nome indonesio de '''Sulawesi''' (pronunciado "sulavesi", pois utilizan a versión [[lingua neerlandesa|holandesa]] do "[[w]]"). É unha das catro [[Illas maiores da Sonda]] e a undécima illa máis grande do mundo por superficie, está illa de [[Indonesia]] esta situada ao leste de [[Borneo]], ao oeste das [[Illas Molucas]] e ao sur de [[Mindanao]] e o [[arquipélago de Sulu]]. En Indonesia, só [[Sumatra]], [[Borneo]] e [[Papúa (provincia)|Papúa]] son máis grandes en territorio, e só [[Java]] e Sumatra teñen poboacións maiores. |
'''Célebes'''{{DRAG|babirusa}} tamén coñecida, en especial ultimamente, co nome indonesio de '''Sulawesi''' (pronunciado "sulavesi", pois utilizan a versión [[lingua neerlandesa|holandesa]] do "[[w]]"). É unha das catro [[Illas maiores da Sonda]] e a undécima illa máis grande do mundo por superficie, está illa de [[Indonesia]] esta situada ao leste de [[Borneo]], ao oeste das [[Illas Molucas]] e ao sur de [[Mindanao]] e o [[arquipélago de Sulu]]. En Indonesia, só [[Sumatra]], [[Borneo]] e [[Papúa (provincia)|Papúa]] son máis grandes en territorio, e só [[Java]] e Sumatra teñen poboacións maiores. |
||
Os primeiros europeos en chegar á illa foron navegantes portugueses en [[1512]]. Desde o século XVII a illa foi parte das [[Indias Orientais Neerlandesas]], como era coñecido o que actualmente é Indonesia baixo o goberno colonial dos [[Países Baixos]]. |
Os primeiros europeos en chegar á illa foron navegantes portugueses en [[1512]]. Desde o século XVII a illa foi parte das [[Indias Orientais Neerlandesas]], como era coñecido o que actualmente é Indonesia baixo o goberno colonial dos [[Países Baixos]]. |
||
Liña 35: | Liña 35: | ||
O nome "Sulawesi" provén posiblemente das palabras "sula" ("illa") e "besi" ("ferro") e pode referirse á exportación histórica de ferro dos ricos xacementos do [[Lago Matano]].<ref>Watuseke, F. S. 1974. On the name Celebes. Sixth International Conference on Asian History, International Association of Historians of Asia, Yogyakarta, 26–30 August. Unpublished.</ref> O término "sula" tamén significa dentes, corno ou pico, derivado do sánscrito, como trishula refírese a "tridente". Así, "sulawesi" significa "picos de ferro", o que suxire que a illa tamén era productora de armas de ferro. O nome entrou en uso común en inglés logo da independencia indonesia. |
O nome "Sulawesi" provén posiblemente das palabras "sula" ("illa") e "besi" ("ferro") e pode referirse á exportación histórica de ferro dos ricos xacementos do [[Lago Matano]].<ref>Watuseke, F. S. 1974. On the name Celebes. Sixth International Conference on Asian History, International Association of Historians of Asia, Yogyakarta, 26–30 August. Unpublished.</ref> O término "sula" tamén significa dentes, corno ou pico, derivado do sánscrito, como trishula refírese a "tridente". Así, "sulawesi" significa "picos de ferro", o que suxire que a illa tamén era productora de armas de ferro. O nome entrou en uso común en inglés logo da independencia indonesia. |
||
O nome de " |
O nome de "Célebes" foi dado orixinalmente á illa polos exploradores portugueses. Considérase extensamente unha representación portuguesa do nome nativo "Sulawesi". {{cómpre referencia | data = outubro 2015}} |
||
== Xeografía == |
== Xeografía == |
Revisión como estaba o 9 de outubro de 2017 ás 10:25
CélebesDefinicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para babirusa. tamén coñecida, en especial ultimamente, co nome indonesio de Sulawesi (pronunciado "sulavesi", pois utilizan a versión holandesa do "w"). É unha das catro Illas maiores da Sonda e a undécima illa máis grande do mundo por superficie, está illa de Indonesia esta situada ao leste de Borneo, ao oeste das Illas Molucas e ao sur de Mindanao e o arquipélago de Sulu. En Indonesia, só Sumatra, Borneo e Papúa son máis grandes en territorio, e só Java e Sumatra teñen poboacións maiores.
Os primeiros europeos en chegar á illa foron navegantes portugueses en 1512. Desde o século XVII a illa foi parte das Indias Orientais Neerlandesas, como era coñecido o que actualmente é Indonesia baixo o goberno colonial dos Países Baixos.
Etimoloxía
O nome "Sulawesi" provén posiblemente das palabras "sula" ("illa") e "besi" ("ferro") e pode referirse á exportación histórica de ferro dos ricos xacementos do Lago Matano.[1] O término "sula" tamén significa dentes, corno ou pico, derivado do sánscrito, como trishula refírese a "tridente". Así, "sulawesi" significa "picos de ferro", o que suxire que a illa tamén era productora de armas de ferro. O nome entrou en uso común en inglés logo da independencia indonesia.
O nome de "Célebes" foi dado orixinalmente á illa polos exploradores portugueses. Considérase extensamente unha representación portuguesa do nome nativo "Sulawesi". [Cómpre referencia]
Xeografía
É a décimo primeira illa máis grande do mundo, cunha área de 174.600 km², a illa está rodeada ao oeste por Borneo, ao norte polas Filipinas, ao leste polas Molucas e ao sur por Flores e Timor. A illa ten unha forma moi particular e distintiva, dominada por catro grandes penínsulas, a península de Minahassa no norte, a península do leste, a península do sur a a península do sueste. Tres golfos separan estas penínsulas: o Golfo de Tomini entre as penínsulas do norte de Minahasa e do leste, o Golfo Tolo entre as penínsulas do Leste e do Sueste, e o Golfo Bone (Golfo do óso]] entre as penínsulas do sur e do sureste. O estreito de Makassar corre ao longo do lado occidental da illa e separa a illa de Borneo. A parte central é sumamente montañosa, polo que tradicionalmente as penínsulas da illa están afastadas unha da outra, xa que son máis curtas as comunicacións por mar, que polos camiños da illa.
Administración
A illa se subdivide en seis provincias de Indonesia: Gorontalo, Celebes do Norte (Sulawesi Utara), Celebes Occidental (Sulawesi Barat), Celebes Central (Sulawesi Tengah), Celebes do Sur (Sulawesi Selatan) e Celebes do Sudeste (Sulawesi Tenggara). Célebes Occidental é unha nova provincia, creada en 2004 desde a parte de Célebes do Sur. As cidades máis grandes da illa son Makassar, Manado, Palu, Kendari, Bitung, Gorontalo, Palopo e Bau-Bau.
|
|
Flora e fauna
A illa de Célebes atópase xunto á Liña de Wallace, o que fai que maior parte das súas especies sexan pertencentes á rexión de Australasia. 2.290 km² da illa están incluídos no Parque Nacional de Lore Lindu.
Hai 127 especies de mamíferos coñecidas en Célebes, 72 delas, o 69%, son endémicas, o que signífica que non se atopan en ningunha outra parte do mundo. O maior mamífero nativo de Célebes é o anoa, unha especie de búfalo de pequeno tamaño.
En contraste, a maior parte das especies de aves se poden ser atopadas noutras illas, aínda que un 34% son tamén endémicas.
Demografía
Segundo o censo levado a cabo en 2000, a poboación total da illa de Célebes é de 14 946 488 de habitantes, o que representa un 7,25% da poboación total de Indonesia.
Véxase tamén
Outros artigos
- ↑ Watuseke, F. S. 1974. On the name Celebes. Sixth International Conference on Asian History, International Association of Historians of Asia, Yogyakarta, 26–30 August. Unpublished.