Conversa usuario:M.gm2009: Diferenzas entre revisións

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Arranxo sinatura
m Arranxo modelo benvida
Liña 13: Liña 13:
<div style="border-bottom:1px solid #fad67d; background-color:#faecc8; padding:0.2em 0.5em 0.2em 0.5em; font-size:110%; font-weight:bold;">[[Ficheiro:Icon apps query.svg|20px]] '''Onde atopar axuda'''</div>
<div style="border-bottom:1px solid #fad67d; background-color:#faecc8; padding:0.2em 0.5em 0.2em 0.5em; font-size:110%; font-weight:bold;">[[Ficheiro:Icon apps query.svg|20px]] '''Onde atopar axuda'''</div>
<div style="padding:0.4em 1em 0.3em 1em;">
<div style="padding:0.4em 1em 0.3em 1em;">
Hai máis información dispoñible na páxina de '''[[Wikipedia:Axuda|axuda]]''' e no [[Wikipedia:Portal da comunidade|Portal da comunidade]]. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na [[Wikipedia:A Taberna|Taberna da Galipedia]]. Tamén podes contactar cos [[Wikipedia:Administradores|administradores]] na súa páxina de conversa ou no [[Wikipedia:Taboleiro dos administradores|Taboleiro dos administradores]].
Hai máis información dispoñible na páxina de '''[[Wikipedia:Axuda|axuda]]''' e no [[Wikipedia:Portal da comunidade|Portal da comunidade]]. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na [[Wikipedia:A Taberna|Taberna da Galipedia]]. Tamén podes contactar cos [[Wikipedia:Administradores|administradores]] na súa páxina de conversa ou no [[Wikipedia:Taboleiro dos administradores|Taboleiro dos administradores]].</div>


| style="padding:0em 0.5em 0em 0.5em;" |
| style="padding:0em 0.5em 0em 0.5em;" |

Revisión como estaba o 10 de abril de 2017 ás 20:29

Benvido(a) á Galipedia, M.gm2009!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Banjo tell me 07:47, 3 abril 2009 (UTC)

Títulos, categorización e interwikis

Ola, M.gm2009. Primeiriño de todo: benvido á Galipediae graciñas por colaborares. Coio que podes aportar moito, porque polo que sei non hai ninguén dedicado aos artigos islandeses. Si, en troques, recentemente hai un usuario que lle dá duro á temática norueguesa, que algo ten que ver, pero non tanto. Bueno, unha cousiña: tes que te lembrar de lle pór a categoría ao artigo ou marcalo como 'sen categoría'. Así mesmo, tamén cómpre que teñas en conta á hora de creares o artigo que a Galipedia segue unha política de nomeado pola cal sempre van os dous nomes no artigo principal. Así, por exemplo, falamos de Baviera-Bayern, Copenhague-København, Las Palmas de Gran Canaria-As Palmas de Gran Canaria, La Rioja-A Rioxa, étc. Máis cousas: xa dentro do título, marca o texto con negriña. Ao respecto da lingua, vexo que non hai problema, que te manexas ben co galego. Ai, e as interwikis, non te esquezas de lle engadir as ligazóns ao artigo noutras linguas. E, ao cabo, lémbrate tamén de marcados no cadriño de resumo de que lingua o traduces (soamente nos casos en que o traduzas doutra wikipedia, claro). Veña, un sáudo e aquí me tes para o que queiras.--Atobar (conversa comigo) 15:58, 8 abril 2009 (UTC)

Traducións doutras wikipedias

Ola, M.gm2009! Vin que o outro día creaches o artigo "Lista de fósiles humanos", pero non indicaches a procedencia do mesmo. É dicir, non dixeches na caixa do resumo de edición que se trataba dunha tradución do artigo presente noutra Wikipedia, neste caso a catalá. Tes máis información sobre como facelo na páxina Axuda:Resumo de edición#Resumos de edición nas traducións doutras Wikipedias. Lémbrao a vindeira vez. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 17:53, 29 de xullo de 2010 (UTC)

Reto

Ola M.gm2009. Apúntate, aínda quedan unhas horas até ás 00.00. [1] Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 16:43, 12 de marzo de 2011 (UTC)

Portugaliza

Ola, M.gm2009. Chega con que revises o historial dese artigo en pt.wiki e es.wiki para reparares en que se trata dunha teima illada (dun usuario, e por extensión dun grupo bastante guerrilleiro pero soamente representativa de si mesmo) e nunca dun feito filolóxico nin cultural. Por outra banda, se do que se trata é de estabelecer un vínculo cultural que efectivamente existe, aí temos os artigo lusismo, reintegracionismo, AGAL etc., ou simplemente e sobre todo o de Historia de Galiza, mais este de Portugaliza é sinxelamente un disparate. Saúdos e, por favor, mantén a educación e o respecto se queres manter unha conversa comigo ou con calquera outro usuario. --Atobar (conversa comigo) 18:08, 6 de xullo de 2011 (UTC)