Constantino García: Diferenzas entre revisións
m Arranxos varios using AWB |
Sen resumo de edición |
||
Liña 4: | Liña 4: | ||
Logo de formarse nas universidades de [[Universidade de Oviedo|Oviedo]], Madrid e Bonn, en [[1965]] chegou á [[Universidade de Santiago]] para ocupar unha praza na facultade de Filosofía e Letras. Foi un dos fundadores do [[Instituto da Lingua Galega]] en [[1971]] e do [[Centro Ramón Piñeiro]] en [[1993]], e a ambos os dous dirixiunos en diferentes etapas. En [[1982]] ingresa na [[Real Academia Galega]], entidade da que foi secretario entre [[1997]] e [[2001]]. |

Nos anos oitenta foi codirector e copresentador na [[Televisión de Galicia]] do programa ''[[Cousas da lingua]]'', un microespazo con comentarios lingüísticos. Moitos deses apuntamentos foron recollidos en libros. Foi ademais un dos impulsores e coautores do [[Atlas Lingüístico Galego]] e de diversas obras [[lexicografía|lexicográfica]]. |
Nos anos oitenta foi codirector e copresentador na [[Televisión de Galicia]] do programa ''[[Cousas da lingua]]'', un microespazo con comentarios lingüísticos. Moitos deses apuntamentos foron recollidos en libros. Foi ademais un dos impulsores e coautores do [[Atlas Lingüístico Galego]] e de diversas obras [[lexicografía|lexicográfica]]s. |
||
Nos últimos anos da súa vida, gravemente enfermo dun mal dexenerativo<ref>[http://www.vieiros.com/nova/69847/finou-constantino-garcia-fundador-do-ilg-e-do-centro-ramon-pineiro Finou Constantino García, fundador do ILG e do Centro Ramón Piñeiro], [[Vieiros]], 24/10/2008</ref>, retirouse da actividade cultural e intelectual. |

Revisión como estaba o 27 de marzo de 2017 ás 08:05
Constantino García González, nado en Oviedo o 20 de xullo de 1927 e falecido en Santiago de Compostela o 23 de outubro de 2008, foi un lingüista e escritor galego.
Traxectoria
Logo de formarse nas universidades de Oviedo, Madrid e Bonn, en 1965 chegou á Universidade de Santiago para ocupar unha praza na facultade de Filosofía e Letras. Foi un dos fundadores do Instituto da Lingua Galega en 1971 e do Centro Ramón Piñeiro en 1993, e a ambos os dous dirixiunos en diferentes etapas. En 1982 ingresa na Real Academia Galega, entidade da que foi secretario entre 1997 e 2001.
Nos anos oitenta foi codirector e copresentador na Televisión de Galicia do programa Cousas da lingua, un microespazo con comentarios lingüísticos. Moitos deses apuntamentos foron recollidos en libros. Foi ademais un dos impulsores e coautores do Atlas Lingüístico Galego e de diversas obras lexicográficas.
Nos últimos anos da súa vida, gravemente enfermo dun mal dexenerativo[1], retirouse da actividade cultural e intelectual.
Obra
- Contribución a la historia de los conceptos gramaticales. La aportación del Brocense (1960).
- Léxico de la comarca compostelana (1974).
- Galego onte, galego hoxe (1976, Universidade de Santiago).
- Recantos da lingua (1982, La Voz de Galicia).
- Retrincos da lingua (1982).
- Glosario de voces galegas de hoxe (1985).
- Temas de lingüística galega (1985).
- Follas da lingua (1987).
- Cousas da lingua (1989).
- Cartafol da lingua (1990).
- Peneirando palabras (1990).
- Contribución ó léxico de Alvaro Cunqueiro (1991).
- Tesouros da lingua (1993).
- Glosas da lingua (1995).
- El castellano de Galicia (1998).
- O libro das palabras (2003).