Eduardo Vincenti: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios
Liña 1: Liña 1:
[[Ficheiro:Eduardo Vincenti, de Compañy.jpg|miniatura|En ''[[La Ilustración Española y Americana]]'', 1905, foto Manuel Compañy.]]
[[Ficheiro:Eduardo Vincenti, de Compañy.jpg|miniatura|En ''[[La Ilustración Española y Americana]]'', 1905, foto Manuel Compañy.]]
'''Eduardo Vincenti Reguera''', nado na [[A Coruña|Coruña]] o [[13 de outubro]] de [[1857]] e finado en [[Madrid]] o [[4 de abril]] de [[1924]], foi un político galego.
'''Eduardo Vincenti Reguera''', nado na [[A Coruña|Coruña]] o [[13 de outubro]] de [[1857]] e finado en [[Madrid]] o [[4 de abril]] de [[1924]], foi un político galego.


== Biografía ==
== Biografía ==
Liña 22: Liña 22:
* ''La educación popular: memoria'' (1911).
* ''La educación popular: memoria'' (1911).
* ''Política pedagógica. Treinta años de vida parlamentaria y extraparlamentaria'' (1916).
* ''Política pedagógica. Treinta años de vida parlamentaria y extraparlamentaria'' (1916).
* ''El problema agrario en Galicia. Redención de censos y foros. Acción parlamentaria'' (1917).
* ''El problema agrario en Galicia. Redención de censos y foros. Acción parlamentaria'' (1917).


== Véxase tamén ==
== Véxase tamén ==
Liña 31: Liña 31:
{{Árbore xenealóxica Montero Ríos}}
{{Árbore xenealóxica Montero Ríos}}


{{ORDENAR:Vincenti Reguera, Eduardo}}
{{Control de autoridades}}
{{Control de autoridades}}


{{ORDENAR:Vincenti Reguera, Eduardo}}
[[Categoría:Ministros de España]]
[[Categoría:Ministros de España]]
[[Categoría:Alcaldes de Madrid]]
[[Categoría:Alcaldes de Madrid]]

Revisión como estaba o 26 de marzo de 2017 ás 21:12

En La Ilustración Española y Americana, 1905, foto Manuel Compañy.

Eduardo Vincenti Reguera, nado na Coruña o 13 de outubro de 1857 e finado en Madrid o 4 de abril de 1924, foi un político galego.

Biografía

Realizou os estudos de dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Deuse a coñecer no periódico El Eco de Tambo e desenvolveu unha notable carreira política: militando no Partido Liberal, foi deputado por Pontevedra desde 1886 ata o seu falecemento (renovou a súa acta de deputado en quince ocasións), director xeral de Administración e Fomento do Ministerio do Interior, Director Xeral de Ensino Primario, concelleiro e alcalde de Madrid (1905-06), presidente do Consello de Instrución Pública, e vicepresidente primeiro do Consello de Ministros. En 1897 dirixiu en Madrid o Boletín de la Liga Protectora de la Educación Nacional. Colaborou na revista órgano de La Unión Ibero-Americana (1904) e en La Revista Popular (1904).

Estatua en Pontevedra.

Estivo casado con Dolores Montero Villegas, filla de Eugenio Montero Ríos, de quen foi aliado político.

Como deputado por Pontevedra ocupouse a miúdo, tanto de asuntos relacionados co ensino público e co profesorado, como do desenvolvemento da agricultura e das cuestións sociais, chamando a atención sobre a necesidade de transformar a propiedade da terra rexida polo sistema foral en propiedade libre. Presentou e defendeu en 1907 unha proposición de lei sobre foros e subforos.

Sepulcro no cemiterio de San Amaro de Pontevedra.

Tamén tivo unha grande preocupación polo desenvolvemento da educación, como puxo de manifesto nas súas intervencións parlamentarias que reuniu nun texto editado en 1916, nas intervencións realizadas desde a presidencia de diversas Asembleas nacionais e rexionais e congresos de interese pedagóxico. Foi Presidente da Liga de los Amigos de la Enseñanza e dirixiu o Boletín de la Liga Protectora de la Educación Nacional a comezos do século XX, con marcados acenos rexeneracionistas; era un dos vocais da Xunta de Ampliación de Estudos.

A súa defensa constante da necesidade de melloras corporativas e profesionais para o Maxisterio deulle credibilidade entre este sector profesional, que o honrou dedicándolle un busto e un singular pedestal nos xardíns da Alameda de Pontevedra.

Obras

  • Estudios sobre las reformas penitenciarias (1880).
  • Reformas más convenientes para el mejoramiento de la clase obrera (1884).
  • La propiedad foral en Galicia (1888).
  • La libertad de prensa (1902).
  • Estudios sobre emigración (1908).
  • La educación popular: memoria (1911).
  • Política pedagógica. Treinta años de vida parlamentaria y extraparlamentaria (1916).
  • El problema agrario en Galicia. Redención de censos y foros. Acción parlamentaria (1917).

Véxase tamén

Ligazóns externas