Positivismo: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
|||
Liña 1: | Liña 1: | ||
[[Ficheiro:Auguste Comte2.jpg|miniatura|dereita|[[Augusto Comte]].]] |
[[Ficheiro:Auguste Comte2.jpg|miniatura|dereita|[[Augusto Comte]].]] |
||
O '''positivismo''' (a partir de positivo, do [[Lingua latina|latín]] ''positivus –a –um'' ‘certo’, ‘convencional’ e parece que entrou dende o [[Lingua francesa|francés]])<ref>{{Cita web|url = http://portaldaspalabras.gal/lexico/palabra-do-dia/positivismo/|páxina-web = Portal das Palabras|título = Positivismo|data-acceso = 19 de novembro de 2016}}</ref> é unha [[corrente filosófica]] caracterizada por adoptar, en xeral,unha actitude [[ciencia|cientificista]] e [[metafísica|antimetafísica]], confiando plenamente na [[humanidade]] e no seu [[progreso]] [[indefinido]]. Este punto de vista proclama exclusivamente a lexitimidade e validez do coñecemento proporcionado polas ciencias empíricas. Por iso considérase que a filosofía tradicional, entendida principalmente como metafísica ou coñecemento especulativo sen necesidade de comprobación empírica, debe substituírse por outra que teña como único obxectivo entender a natureza e os métodos das ciencias, fundamentalmente as ciencias da natureza (astronomía, física, química e bioloxía). O positivismo enlázase habitualmente cunha [[ontoloxía]] [[materialismo|materialista]]. |
O '''positivismo''' (a partir de ''positivo'', do [[Lingua latina|latín]] ''positivus –a –um'' ‘certo’, ‘convencional’ e parece que entrou dende o [[Lingua francesa|francés]])<ref>{{Cita web|url = http://portaldaspalabras.gal/lexico/palabra-do-dia/positivismo/|páxina-web = Portal das Palabras|título = Positivismo|data-acceso = 19 de novembro de 2016}}</ref> é unha [[corrente filosófica]] caracterizada por adoptar, en xeral,unha actitude [[ciencia|cientificista]] e [[metafísica|antimetafísica]], confiando plenamente na [[humanidade]] e no seu [[progreso]] [[indefinido]]. Este punto de vista proclama exclusivamente a lexitimidade e validez do coñecemento proporcionado polas ciencias empíricas. Por iso considérase que a filosofía tradicional, entendida principalmente como metafísica ou coñecemento especulativo sen necesidade de comprobación empírica, debe substituírse por outra que teña como único obxectivo entender a natureza e os métodos das ciencias, fundamentalmente as ciencias da natureza (astronomía, física, química e bioloxía). O positivismo enlázase habitualmente cunha [[ontoloxía]] [[materialismo|materialista]]. |
||
== Historia e características == |
== Historia e características == |
Revisión como estaba o 19 de novembro de 2016 ás 15:55
O positivismo (a partir de positivo, do latín positivus –a –um ‘certo’, ‘convencional’ e parece que entrou dende o francés)[1] é unha corrente filosófica caracterizada por adoptar, en xeral,unha actitude cientificista e antimetafísica, confiando plenamente na humanidade e no seu progreso indefinido. Este punto de vista proclama exclusivamente a lexitimidade e validez do coñecemento proporcionado polas ciencias empíricas. Por iso considérase que a filosofía tradicional, entendida principalmente como metafísica ou coñecemento especulativo sen necesidade de comprobación empírica, debe substituírse por outra que teña como único obxectivo entender a natureza e os métodos das ciencias, fundamentalmente as ciencias da natureza (astronomía, física, química e bioloxía). O positivismo enlázase habitualmente cunha ontoloxía materialista.
Historia e características
Historicamente a filosofía positivista xorde no século XIX, sendo os seus máximos expoñentes Augusto Comte (1798-1857) e Ernst Mach (1838-1916). O primeiro usou a palabra "posititivismo", tomada do filósofo francés Saint-Simon (1760-1825), para designar o seu pensamento. Así mesmo, denominou estadio positivo á etapa do progreso humano na que a ciencia convértese na principal forza social, superando períodos anteriores de carácter metafísico e relixioso nos que dominaban as supersticións e as crenzas infundadas.
Curiosamente, nos últimos escritos da súa vida, Comte deriva cara posturas sentimentalistas e irracionais elaborando unha Relixión da Humanidade, na que se rendería culto ós grandes homes de ciencia, así como a toda unha serie disparatada de personalidades moi variadas, entre as que incluso atópanse amigos persoais seus. Esta relixión positiva gozou dalgunha implantación social en cidades como Londres, París e Río de Xaneiro.
De todas formas, a deriva relixiosa do positivismo non foi secundada por autores posteriores, por exemplo Mach, que se mantivo dentro dos marxes dun cientificismo extremo. Baixo a influencia deste último e a do austríaco Ludwig Wittgenstein (1889-1951), o positivismo cientificista transformase no século XX dando lugar ó Neopositivismo. O manifesto fundacional deste publicouse en 1929 co nome de Wissenschaftliche Weltauffassung: Der Wiener Kreis (Concepción científica do mundo: Círculo de Viena). Este caracterizase por presentar un enfoque da metodoloxía científica elaborado de forma precisa por medio da lóxica formal, así como por intentar reducir toda investigación científica ó método e linguaxe da física (fisicalismo). A través deste programa filosófico e científico o Neopositivismo contribuíu a impulsar notablemente a Filosofía da Ciencia durante o século XX.
En Dereito, denomínase positivismo xurídico á ciencia xurídica que só admite a existencia de leis positivas. Consisten unicamente en convencións humanas excluíndo que haxa outras leis de maior rango, ben de carácter natural ou ben de carácter teolóxico.
Notas
- ↑ "Positivismo". Portal das Palabras. Consultado o 19 de novembro de 2016.
Véxase tamén
Bibliografía
A. Comte, Cours de Philosophie positive, 1830-1842 (Curso de filosofía positiva) E. Mach, Die Analyse der Empfindungen, 1900 (Análise das sensacións) R. Carnap, Der Logische Aufbau der Welt, 1928 (A construción lóxica do mundo)