Mazarico chiador: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo
Lameiro (conversa | contribucións)
+ cat.
Liña 41: Liña 41:


[[Categoría:Caradriformes]]
[[Categoría:Caradriformes]]
[[Categoría:Aves de Galicia]]
[[Categoría:Animais descritos en 1758]]
[[Categoría:Animais descritos en 1758]]

Revisión como estaba o 7 de novembro de 2016 ás 11:56

Mazarico galego

Numenius phaeopus
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Charadriiformes
Familia: Scolopacidae
Xénero: 'Numenius'
Especie: ''N. phaeopus''
Nome binomial
'Numenius phaeopus'
(Linnaeus, 1758)

O mazarico galego ou mazarico chiador (Numenius phaeopus) é unha ave limícola da familia das Scolopacidae.

Morfoloxía e hábitos

Especie moi similar ó mazarico real, aínda que máis pequeno que este. Ten unha lonxitude de 41 cm e chega a pesar os 500 gramos. O peteiro (6-9 cm) é algo máis curto, con menos curvatura e algo máis groso que o do mazarico real. A súa envergadura oscila entre os 78-88 cm. Na cabeza ten dúas raias de cor marrón que poden ser moi marcadas, dependendo do individuo. Machos e femias non presentan diferenzas morfolóxicas.

Existe a subespecie hudsonicus, propia do Norte de América, caracterizada polo extremo das ás de cor negro.

É unha ave gregaria que a miúdo convive con outras limícolas. O seu hábitat natural son os terreos anegados, a tundra e os areais e zonas rochosas costeiras. Aliméntase de insectos, caracois, crustáceos e, no outono, tamén bagas silvestres.

Reprodución

A femia fai o niño no chan e pon catro ovos, que incuba durante 27-28 días. Os polos voan ás 5-6 semanas.

Distribución

Durante a época de cría (maio a xullo) localízase en Islandia, Escandinavia, Noroeste de Rusia e nos Países Bálticos. No inverno pódese atopar con frecuencia en toda a costa ibérica (incluída Galicia e excluída a Costa do Levante) e a costa de Marrocos.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Romay Cousido, Cosme Damián; Fontoira García, Antonio; Martínez Sabarís, Emilio; Ramos Martínez, Atocha: "100 aves comúns do concello de O Grove e áreas veciñas". Editado polo Concello de O Grove, 2009.
  • Svensson, Lars; Mullarney, Killian; Zetterstïons, Dan: Guía de aves: España, Europa y Región Mediterránea. Ediciones Omega. (en castelán)
  • Nicolai, Singer, Wothe: Gran guía de la naturaleza. AVES. Editorial Everest. (en castelán)
  1. BirdLife International (2012). "Numenius phaeopus". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2012.1 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 16 July 2012.