Premio Ramón Piñeiro de Ensaio: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Gañadores da XV edición do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio
Correción da palabra masas, á que lle faltaba o s final.
Liña 15: Liña 15:


== Lista de premiados e obras ==
== Lista de premiados e obras ==
* [[2000]] - [[Basilio Lourenço Fondevila]], por ''A submisión das masa. Do poder do progreso ao progreso do poder''
* [[2000]] - [[Basilio Lourenço Fondevila]], por ''A submisión das masas. Do poder do progreso ao progreso do poder''
* [[2002]] - [[Anxo A. Rei Ballesteros]], por ''Tempo e vinganza''
* [[2002]] - [[Anxo A. Rei Ballesteros]], por ''Tempo e vinganza''
* [[2003]] - [[Xosé Luís Barreiro Rivas]], por ''A terra quere pobo''
* [[2003]] - [[Xosé Luís Barreiro Rivas]], por ''A terra quere pobo''

Revisión como estaba o 2 de novembro de 2016 ás 17:51

O Premio de Ensaio Ramón Piñeiro é un premio literario vixente desde o ano 2000, en memoria do escritor, filósofo e galeguista Ramón Piñeiro. Premia o mellor ensaio de entre todas as obras presentadas neste xénero en lingua galega para impulsar o estilo e a precisión desta lingua.

Historia

Este galardón nace da unión de dous premios creados con anterioridade e ambos adicados a este autor, un por parte da Editorial Galaxia e o outro a través do Centro Ramón Piñeiro (organismo dependente da Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria). Debido a unha decisión común, ambas institucións xuntaron os premios para achegar a este un maior recoñecemento cara á sociedade. Para aumentar a contía económica do galardón, contan coa colaboración da empresa Gas Natural Fenosa, ascendendo así a contía a 3000 euros.

Este premio reflexa o percorrido da obra de Ramón Piñeiro, facendo honra ao seu espírito libre e democrático tratando de incrementar a creación en lingua galega, así como facendo reflexionar sobre os problemas do momento.

Características do premio

  • Poderán participar todas as persoas que o desexen.
  • Os orixinais deben ser inéditos e escritos en lingua galega.
  • A extensión dos orixinais abranguerá entre 200.000 e 300.000 caractes.
  • O tema dos ensaios é libre.
  • Editorial Galaxia publicará e comercializará o libro na súa colección ‘Ensaio’.
  • Os membros do xurado, en número de cinco, serán nomeados de común acordo entre as entidades convocantes.

Lista de premiados e obras

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas