Síndrome de Churg-Strauss: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Elisardojm (conversa | contribucións)
doutro
Liña 17: Liña 17:
As probas diagnósticas máis empregadas para a diagnose da síndrome de Churg-Strauss son a detección de anticorpos anti-citoplasma dos neutrófilos (ANCA). Na metade dos pacientes doentes desta síndrome, os ANCA son positivos. Outras probas de laboratorio útiles son a presenza de eosinófilos (eosinofilia), o aumento da VSG (un marcador de [[inflamación]]), e unhas [[IgE|inmunoglobulinas E]] elevadas. No lavado broncoalveolar (BAL) tamén se aprecia a presenza de eosinofilia. Nunha radiografía de tórax obsérvase infiltrados pulmonares, nódulos, e incluso [[Derramamento pleural|derramo pleural]].
As probas diagnósticas máis empregadas para a diagnose da síndrome de Churg-Strauss son a detección de anticorpos anti-citoplasma dos neutrófilos (ANCA). Na metade dos pacientes doentes desta síndrome, os ANCA son positivos. Outras probas de laboratorio útiles son a presenza de eosinófilos (eosinofilia), o aumento da VSG (un marcador de [[inflamación]]), e unhas [[IgE|inmunoglobulinas E]] elevadas. No lavado broncoalveolar (BAL) tamén se aprecia a presenza de eosinofilia. Nunha radiografía de tórax obsérvase infiltrados pulmonares, nódulos, e incluso [[Derramamento pleural|derramo pleural]].


No caso de houber dúbidas, a biopsia dun pulmón ou de outro [[tecido (bioloxía)|tecido]] afecto pode proporcionar o diagnóstico se se atopan vasculites necrotizantes en pequenas arterias e veas, granulomas extravasculares ou infiltración de eosinófilos nos alvéolos e no intesticio.
No caso de houber dúbidas, a biopsia dun pulmón ou doutro [[tecido (bioloxía)|tecido]] afecto pode proporcionar o diagnóstico se se atopan vasculites necrotizantes en pequenas arterias e veas, granulomas extravasculares ou infiltración de eosinófilos nos alvéolos e no intesticio.


=== Criterios diagnósticos ===
=== Criterios diagnósticos ===

Revisión como estaba o 31 de outubro de 2016 ás 13:48

Aviso médico
Aviso médico
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.
Infiltrado eosinofílico nun pulmón dun paciente con Síndrome de Churg-Strauss.

A síndrome de Churg-Strauss, tamén coñecida como granulomatose alérxica, é unha doenza pertencente ao grupo das eosinofilias pulmonares é un tipo de vasculite autoinmune que afecta aos pequenos e medianos vasos sanguíneos, provocando un infiltrado de eosinófilos, sobre todo no pulmón. Este infiltrado pulmonar é causante de asma severa. Ademais, os posíbeis infiltrados noutras partes do corpo poden provocar problemas no sistema gastrointestinal, nervios periféricos, corazón, pel ou riles. Por algúns autores, a síndrome de Churg-Strauss é considerada un tipo de poliarterite nodosa, polas súas semellanzas morfolóxicas.

Non é unha enfermidade contaxiosa nin herdada, e pode moitas veces ser confundida coa asma, moito máis frecuente que a síndrome de Churg-Strauss, que resulta ser unha doenza rara, cunha incidencia de 0.9/millón habitantes e lixeiramente máis frecuente entre os homes[1]

Foi por primeira vez claramente definida en 1939[2], e o seu nome procede dos doutores Jacob Churg e Lotte Strauss que describiron o trastorno en 1951.[3]

Síntomas

A sintomatoloxía da síndrome depende da gravidade e tamén do etapa da enfermidade no que se atope o paciente. Basicamente, podemos diferenciar tres fases na doenza.

Diagnóstico

Probas diagnósticas

As probas diagnósticas máis empregadas para a diagnose da síndrome de Churg-Strauss son a detección de anticorpos anti-citoplasma dos neutrófilos (ANCA). Na metade dos pacientes doentes desta síndrome, os ANCA son positivos. Outras probas de laboratorio útiles son a presenza de eosinófilos (eosinofilia), o aumento da VSG (un marcador de inflamación), e unhas inmunoglobulinas E elevadas. No lavado broncoalveolar (BAL) tamén se aprecia a presenza de eosinofilia. Nunha radiografía de tórax obsérvase infiltrados pulmonares, nódulos, e incluso derramo pleural.

No caso de houber dúbidas, a biopsia dun pulmón ou doutro tecido afecto pode proporcionar o diagnóstico se se atopan vasculites necrotizantes en pequenas arterias e veas, granulomas extravasculares ou infiltración de eosinófilos nos alvéolos e no intesticio.

Criterios diagnósticos

Poderemos afirmar que existe nun 99.7% dos casos unha síndrome de Churg-Strauss se se cumpren, coma mínimo, 4 ou máis destes criterios[4]:

  • Asma.
  • Eosinofilia (presenza de máis dun 10% de eosinófilos en sangue periférica).
  • Anormalidades nos seos paranasais.
  • Opacidades pulmonares transitorias ou migratorias.
  • Neuropatía.
  • Biopsia de vasos sanguíneos con acumulación de eosinófilos fóra do sangue, é dicir, noutros tecidos.

Tratamento

O tratamento da síndrome adoitan ser os corticoides (prednisolona) combinados con outros inmunosupresores, como poden ser azatioprina ou ciclofosfamida. Tamén hai estudos de tratamentos con montelukast.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos