Dinastía Hohenstaufen: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
arranxiño |
||
Liña 1: | Liña 1: | ||
{{Ficha de casa real |
{{Ficha de casa real |
||
|denominación = Casa de Hohenstaufen |
|denominación = Casa de Hohenstaufen |
||
Liña 25: | Liña 24: | ||
A casa de Hohenstaufen era orixinaria da rexión de [[Suabia]], na acutal [[Baviera]], por iso os Hohenstaufen tamén se coñecen como os suabos. |
A casa de Hohenstaufen era orixinaria da rexión de [[Suabia]], na acutal [[Baviera]], por iso os Hohenstaufen tamén se coñecen como os suabos. |
||
O nome de Hohenstaufen adoptárono dun castllo situado entre [[Göppingen]] e [[Schwäbisch Gmünd]] ([[Suabia]]). O primeiro representante desta liñaxe do que se ten comprobada a súa existencia é [[Federico de Büren]]. O seu fillo [[Federico I de Suabia|Federico I]], primeiro [[Ducado de Suabia|duque de Suabia]], casou coa única filla de [[Henrique IV de Alemaña|Henrique IV]] en [[1079]], recibindo o Ducado de Suabia, que desta forma foi incorporado aos dominios desta familia. En [[1125]] herdaron as posesiónes da [[dinastía Salia]] cando se esta se extinguiu. |
O nome de Hohenstaufen adoptárono dun castllo situado entre [[Göppingen]] e [[Schwäbisch Gmünd]] ([[Suabia]]). |
||
[[Ficheiro:Bayern rbschwaben.png|miniatura|150px|A rexión administrativa de [[Suabia]], dentro do ''[[Land]]'' de [[Baviera]].]] |
|||
O primeiro representante desta liñaxe do que se ten comprobada a súa existencia é [[Federico de Büren]]. O seu fillo [[Federico I de Suabia|Federico I]], primeiro [[Ducado de Suabia|duque de Suabia]], casou coa única filla de [[Henrique IV de Alemaña|Henrique IV]] en [[1079]], recibindo o Ducado de Suabia, que desta forma foi incorporado aos dominios desta familia. En [[1125]] herdaron as posesiónes da [[dinastía Salia]] cando se esta se extinguiu. |
|||
Os Hohenstaufen intentaron obter a coroa do reino de Alemaña e desde entón mantiveron unha rivalidade constante cos [[Güelfos e xibelinos|güelfos]]. Alcanzaron as súas aspiracións cando algúns dos seus membros foron elixidos [[emperador]]es do [[Sacro Imperio Romano Xermánico]] e reis de [[Alemaña]] (entre [[1138]] e [[1254]]). |
Os Hohenstaufen intentaron obter a coroa do reino de Alemaña e desde entón mantiveron unha rivalidade constante cos [[Güelfos e xibelinos|güelfos]]. Alcanzaron as súas aspiracións cando algúns dos seus membros foron elixidos [[emperador]]es do [[Sacro Imperio Romano Xermánico]] e reis de [[Alemaña]] (entre [[1138]] e [[1254]]). |
Revisión como estaba o 5 de outubro de 2016 ás 16:46
Dinastía Hohenstaufen | |
---|---|
Títulos |
|
Fundador | Federico I de Suabia |
Último gobernante | Conrado IV de Suabia |
Fundación | 1079 |
Disolución | 1268 |
Os Hohenstaufen ou Staufen, tamén coñecidos como xibelinos, foron unha dinastía de emperadores do Sacro Imperio Romano Xermánico, que tamén foron monarcas dos reinos de Alemaña e de Sicilia.
Historia
A casa de Hohenstaufen era orixinaria da rexión de Suabia, na acutal Baviera, por iso os Hohenstaufen tamén se coñecen como os suabos.
O nome de Hohenstaufen adoptárono dun castllo situado entre Göppingen e Schwäbisch Gmünd (Suabia).
O primeiro representante desta liñaxe do que se ten comprobada a súa existencia é Federico de Büren. O seu fillo Federico I, primeiro duque de Suabia, casou coa única filla de Henrique IV en 1079, recibindo o Ducado de Suabia, que desta forma foi incorporado aos dominios desta familia. En 1125 herdaron as posesiónes da dinastía Salia cando se esta se extinguiu.
Os Hohenstaufen intentaron obter a coroa do reino de Alemaña e desde entón mantiveron unha rivalidade constante cos güelfos. Alcanzaron as súas aspiracións cando algúns dos seus membros foron elixidos emperadores do Sacro Imperio Romano Xermánico e reis de Alemaña (entre 1138 e 1254).
Henrique VI, despois do seu matrimonio coa princesa Constanza de Sicilia, da normanda casa dos Hauteville, apoderouse do Reino de Sicilia, feito que xerou un enfrontamento entre os Hohenstaufen e o papado.
En 1268 morreu decapitado o último dos seus representantes, Conradino.
Membros da dinastía dos Hohenstaufen
Emperadores do Sacro Imperio Romano Xermánico e reis de Alemaña
- Conrado III, rei de Romanos (1138-1152)
- Federico I Barbarroxa, emperador (1155-1190)
- Henrique VI, emperador (1191-1197)
- Filipe de Suabia, rei de Alemaña (1198-1208)
- Federico II, emperador (1220-1250)
- Henrique (VII), rei de Romanos (1220-1235)
- Conrado IV, rei de Alemaña (1237-1254), rei de Romanos
Reis de Sicilia
- Henrique VI (1194-1197)
- Federico II (1198-1250)
- Henrique (VII) (1212-1217) (nominal, asociado co seu pai Federico II)
- Conrado IV (1250-1254)
- Conradino (1254-1258/1268)
- Manfredo (1258-1266)
Duques de Suabia
- Federico I de Suabia (1079-1105)
- Federico II de Suabia (1105-1147)
- Federico I Barbarroxa (Federico III de Suabia) (1147-1152)
- Federico IV de Suabia (1152-1167)
- Federico V de Suabia (1167-1170)
- Federico VI de Suabia (1170-1191)
- Conrado II de Suabia (1191-1196)
- Filipe de Suabia (1196-1208)
- Federico II (Federico VII de Suabia) (1212-1216)
- Henrique (VII) (Henrique II de Suabia) (1216-1235)
- Conrado IV (1235-1254)
- Conradino (Conrado V) (1254-1268)
Emperatrices Romanas
- Constanza II de Hohenstaufen (1230-1307)
Brasóns
Foi Federico I o primeiro que usou en heráldica a aguia imperial, un símbolo xa asociado ao Imperio Romano Xermánico. Só a partir do século XIII foron codificadas as regras da heráldica e comezou o uso de superpoñer o escudo da casa á aguia negra imperial (Schwarzer Adler).[1]
O escudo da casa de Suabia era de "ouro con tres leóns negros pasantes". A rama siciliana adoptou unha versión modificada da aguia imperial, substituindo o campo de oro por un de prata, cunha aguia negra co bico e as patas vermellas.[2]
-
Armas da familia Hohenstaufen
-
Armas dos Hohenstaufen en Sicilia
Notas
Véase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Dinastía Hohenstaufen |
Bibliografía
- Franco Cardini e Marina Montesano (2006): Storia medievale. Firenze: Le Monnier Università. ISBN 88-0020-474-0.
- Odilo Engels (2005): Die Staufer. 8. Auflage. Stuttgart: Kohlhammer. ISBN 3-17-017997-7.
Outros artigos
Ligazóns externas
- Die staufischen Ritter Os cabaleiros suabos (Papel dos Hohenstaufen en Italia) (en alemán). Consultada o 5 de outubro de 2016.