Avelino López Otero: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 20: Liña 20:
[[Categoría:Nados en 1903]]
[[Categoría:Nados en 1903]]
[[Categoría:Finados en 1936]]
[[Categoría:Finados en 1936]]
[[Categoría:Masóns de Galicia]]

Revisión como estaba o 21 de setembro de 2016 ás 10:34

Avelino López Otero, nado en Acevedo, actualmente parte do concello de Ribeira de Piquín mais daquela pertencente ao concello de Meira, en 1903 e finado o 25 de setembro de 1936, foi un xornalista e político galego.

Traxectoria

Licenciouse en dereito e tras emigrar durante un tempo a Cuba instalouse na Coruña, onde foi correspondente de El Pueblo Gallego, dirixiu en Lugo o semanario republicano Guión (1930), no que colaboraron importantes políticos republicanos de Lugo e intelectuais e literatos de toda Galicia. Membro da masonería, traballou como secretario do seu irmán, o político César López Otero e con el foi o promotor da constitución do concello de Ribeira de Piquín, constituído o 5 de marzo de 1935. Avelino formou parte da comisión de técnicos que redactou o anteproxecto do Estatuto de Autonomía para a Asemblea que convocara o concello de Santiago de Compostela en 1932 e que constituíu a versión definitiva do estatuto que se plebiscitou en 1936. Despois de pertencer á Organización Republicana Gallega Autónoma e á Federación Republicana Gallega, foi secretario xeral do Partido Republicano Gallego entre 1933 e 1934, ata que se integrou en Izquierda Republicana.

Detido a raíz da sublevación do 18 de xullo de 1936, morreu no Hospital de Lugo, onde fora trasladado o 17 de setembro dende a prisión de Lugo a consecuencia das feridas das malleiras.

Véxase tamén

Ligazóns externas