Quattrocento: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Escarbot (conversa | contribucións)
m robot Añadido: br:Quattrocento
XoseBot (conversa | contribucións)
m Poño category en maiúscula
Liña 12: Liña 12:
*[[Pintura]]:[[Fra Angelico]] de Fiesole, que pintou a súas ''[[Anunciación]]s'', obras cheas de [[misticismo]]. [[Sandro Botticelli]], que representa o triunfo da tendencia profana en temas mitolóxicos e alegóricos.
*[[Pintura]]:[[Fra Angelico]] de Fiesole, que pintou a súas ''[[Anunciación]]s'', obras cheas de [[misticismo]]. [[Sandro Botticelli]], que representa o triunfo da tendencia profana en temas mitolóxicos e alegóricos.


[[category:Historia]]
[[Category:Historia]]
[[Category:Movementos artísticos]]
[[Category:Movementos artísticos]]



Revisión como estaba o 19 de xuño de 2007 ás 19:03

O David de Donatello

Quattrocento é a denominación que adopta o Renacemento italiano do século XV, por comeza-los anos en italiano como mile quattrocento, o primeiro en darlle este nome foi Giorgio Vasari por volta do 1570. O outro período do renacemento italiano é o Cinquecento, no século XVI.

No Quattrocento realízase a evolución das formas medievais ás reinterpretacións clásicas. A cidade de Florencia, eminentemente mercantil dominada pola alta buguesía converteuse no centro de gravidade dunha sociedade que abandonou o misticismo da Idade Media, na cal o orde viña establecido desde o alto, imprimindo unha dinámica humanizante laizante e unha volta ás fontes da civilización occidental, o mundo greco-romano; apareceu no mundo da arte unha figura nova, os mecenas, que xurdiron pola prosperidade económica, a arela cultural e o desexo de ostentación e presitixio, e que chamaban e protexían ós artistas para realizaren as súas encargas, os primeiros foron Cosme e Lorenzo de Médicis; o artista tamén sufriu un proceso de individualización e personalización como froito do culto humanista polo individuo.

Os novos valores estéticos requirían novos sistemas de representación, coa perspectiva e o estudo das proporcións nun primeiro plano para representar a figura humana, principal obxectivo da representación artística.

Artistas salientables