Satanás: Diferenzas entre revisións
Liña 5: | Liña 5: | ||
== Condición de existencia == |
== Condición de existencia == |
||
Despois de varias comparacións no que se refire ás traducións sobre a orixe das palabras Satanás e [[Diabo]], actualmente é consensual entre relixiosos o seu significado: 'acusador' ou 'calumniador' para Diabo; e 'opositor' ou 'adversario' para Satanás. Inda hai diverxencias sobre a súa literal existencia; algúns sinxelamente ignórana, outros fan demonstracións lóxicas da súa existencia dentro dos parámetros bíblicos, partindo do feito de que a [[Biblia]] o menciona coma un ser espiritual, un "anxo de luz" que se tornou un rebelde ao oporse ao [[Deus Pai|Creador]]. [[ |
Despois de varias comparacións no que se refire ás traducións sobre a orixe das palabras Satanás e [[Diabo]], actualmente é consensual entre relixiosos o seu significado: 'acusador' ou 'calumniador' para Diabo; e 'opositor' ou 'adversario' para Satanás. Inda hai diverxencias sobre a súa literal existencia; algúns sinxelamente ignórana, outros fan demonstracións lóxicas da súa existencia dentro dos parámetros bíblicos, partindo do feito de que a [[Biblia]] o menciona coma un ser espiritual, un "anxo de luz" que se tornou un rebelde ao oporse ao [[Deus Pai|Creador]]. A [[Apocalipse]] 12:07 presenta Satanás coma un líder dunha rebelión; no versículo seguinte, denótase a necesidade de que haxa represalias para que tal rebelde sexa expulsado do seu lugar de orixe; no versículo 9, é evidenciado que o rebelde xunto cos seus compañeiros son vencidos e lanzados para o noso planeta. No Apocalipse 12:12, é mostrada a alegría do ceo (plano espiritual onde vivía Satanás), e a tristura para seres humanos influenciados por el na Terra (onde actúa intensamente Satanás). |
||
=== Satanismo espiritual === |
=== Satanismo espiritual === |
Revisión como estaba o 16 de xuño de 2016 ás 09:06
Satanás ou Satán é o termo polo que as relixións abrahámicas designan unha entidade suprasensible que representa a encarnación suprema do Mal.
O termo procede do latín satāna, e este á súa vez do arameo שטנא shatán 'adversario', 'inimigo', 'acusador'; árabe شيطان shaitan, co significado de 'descarreirado', 'distante', ou a veces 'diaño'.
Condición de existencia
Despois de varias comparacións no que se refire ás traducións sobre a orixe das palabras Satanás e Diabo, actualmente é consensual entre relixiosos o seu significado: 'acusador' ou 'calumniador' para Diabo; e 'opositor' ou 'adversario' para Satanás. Inda hai diverxencias sobre a súa literal existencia; algúns sinxelamente ignórana, outros fan demonstracións lóxicas da súa existencia dentro dos parámetros bíblicos, partindo do feito de que a Biblia o menciona coma un ser espiritual, un "anxo de luz" que se tornou un rebelde ao oporse ao Creador. A Apocalipse 12:07 presenta Satanás coma un líder dunha rebelión; no versículo seguinte, denótase a necesidade de que haxa represalias para que tal rebelde sexa expulsado do seu lugar de orixe; no versículo 9, é evidenciado que o rebelde xunto cos seus compañeiros son vencidos e lanzados para o noso planeta. No Apocalipse 12:12, é mostrada a alegría do ceo (plano espiritual onde vivía Satanás), e a tristura para seres humanos influenciados por el na Terra (onde actúa intensamente Satanás).
Satanismo espiritual
No satanismo espiritual Satán non é visto coma un ser maligno e mentiroso de ollos vermellos flamexantes ou con cornos. El é o deus sumerio, coñecido como Enki, cuxo significado é 'Señor da Terra'.
Interpretacións
A maioría dos cristiáns consideran que todas as ocorrencias de Satanás na Biblia son literais.
Moitos xudeus e algúns cristiáns consideran que Satanás é unha alegoría. Os estudosos identifican a Satanás en Zacarías, cos acontecementos políticos no tempo de Nehemías. Os autenticistas[1] e christadelphians[2][3] entenden que o propio Cristo tería contado as súas tentacións, en forma de parábola.
Ao longo das obras Glosario Teosófico e A Doutrina Secreta de Helena Blavatsky ofrécense diversas interpretacións sobre a figura de Satanás.
Véxase tamén
Notas
- ↑ Autenticismo na Web - Estudo analítico sobre Anjos e Demônios
- ↑ Whittaker Studies in the Gospelshttp://christadelphianbooks.org/haw/sitg/index.html
- ↑ Watkins The devil the great deceiver
Este artigo sobre relixión é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |