Christadelphians

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Unha sala cristadelfiana en Bath, Inglaterra.

Os christadelphians (en inglés, "irmáns en Cristo"[1]) son unha igrexa protestante que foi fundada en 1850 en Gran Bretaña e nos Estados Unidos[2]. Hai aproximadamente 60.000 membros en todo o mundo[3]. Os grupos máis numerosos están en Gran Bretaña[4], Canadá[5], Australia[6][7] e algúns países como Malaui[8], Mozambique[9] e Filipinas[10].

Historia[editar | editar a fonte]

O movemento foi fundado por John Thomas, un médico inglés nos Estados Unidos que estaba desilusionado co Restauracionismo de Alexander Campbell[11] Thomas volveu a Inglaterra para escribir o seu libro Elpis Israel ("A Esperanza de Israel") en 1848-1849 e atopou moitos simpatizantes entre os adventistas e unitarios no seu país de orixe[12] En 1850 volveu aos Estados Unidos e organizou as primeiras asembleas. As congregacións en Gran Bretaña foron en gran parte formadas por un xornalista escocés chamado Robert Roberts[13][14].

Crenzas[editar | editar a fonte]

As súas crenzas distintivas inclúen:

  • A Biblia é a palabra de Deus, pero debe ser lida con intelixencia. O lector debe distinguir o que é metafórico do que é literal[15][16][17][18].
  • Non aceptan a doutrina da Santísima Trindade[19] Cren que Xesús non existía antes do seu nacemento, excepto no plano do seu pai[20] O versículo que di "eu descendo do ceo" interprétano como metáfora que fai referencia ó seu nacemento milagroso dunha virxe, e non a unha existencia real no ceo antes da concepción[21].
  • Consideran que a morte é un sono que dura ata o momento da resurrección[22] Isto inclúe o propio Cristo, que estivo literalmente morto durante tres días no seu túmulo[23]. Para os crentes, a resurrección terá lugar cando Cristo regrese[24] Polo tanto, non cren na inmortalidade da alma nin que Deus castiga as almas para sempre no inferno. A inmortalidade debe ser dada por Deus. Distinguen estritamente os dous conceptos de Hades e Geena na Biblia.
  • Cren que o demo é unha alegoría da tentación. Xustifican esa idea sobre a natureza simbólica de Satanás en Xob e Zacarías, e na incompatibilidade de crer en anxos caídos e, ó mesmo tempo, nun Deus todopoderoso[25][26].

Comunidade[editar | editar a fonte]

  • A comunidade christadelphian non ten sé nin xerarquía, está formada por igrexas locais nas cales as funcións de ensino e culto rotan cada semana. Non existen ministros nin pastores, cada igrexa elixe unha comisión de anciáns anualmente.[27].
  • A entrada na comunidade faise a través dun bautismo de inmersión cando o individuo é adulto. O único rito da igrexa é unha simple cerimonia de comuñón[28].
  • Os christadelphians non votan nas eleccións e non serven na policía nin no exército. En tempos de guerra son obxectores de conciencia[27].
  • Non teñen regras contra o consumo de tabaco, alcohol ou carne de porco. Pretenden vivir unha vida honesta, con moderación"[29].
  • Non pagan décimo, pero moitos membros dan apoio económico a proxectos da igrexa ou a obras de caridade en África e na India[30].
  • Non consideran o Nadal e a Semana Santa festividades bíblicas, pero a maioría dos cristadelfiáns aínda ven nestas festas unha oportunidade para pregar e celebrar[11].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. BBC, Religion & Ethics—Chrisitanity: Subdivisions: Christadelphians. (en inglés)
  2. Hillerbrand, H.J. The encyclopedia of Protestantism. Vol. 1, A-C. (en inglés)
  3. CBM Worldwide Guide 2007, Christadelphian Bible Mission (UK), 2007. (en inglés)
  4. Christadelphians, The Columbia Enclyclopedia. (en inglés)
  5. Canada Office of Census Statistics. (en inglés)
  6. Religious Affiliation—Australia: 2001 and 1996 Census. (en inglés)
  7. 2006 Census New Zealand Office of Statistics. (en inglés)
  8. Malaui
  9. Mozambique
  10. Filipinas (en inglés)
  11. 11,0 11,1 Charles H. Lippy, The Christadelphians in North America Studies, en American Religion, Vol. 43. Lewiston/Queenston: Edwin Mellen Press, 1989. ISBN 0-88946-647-5. (en inglés)
  12. Wilson, A.B. History of the Christadelphians 1864-1885: the emergence of a denomination. 1997 (en inglés)
  13. Norrie, W. Early History of the Gospel of the Kingdom of God in Britain. Earlston, 1904 (en inglés)
  14. Eyre, A. The Protestors. Birmingham. (en inglés)
  15. Tennant, H. The Christadelphians: What they believe and preach. Birmingham, The Christadelphian, 1986. ISBN 0-85189-119-5).
  16. Bull, M. The Bible — The Word of God. Printland Publishers, Hyderabad, Índia. (en inglés)
  17. Pearce, F. Getting to know God. Birmingham. (en inglés)
  18. Tennant, H. Christ in the Old Testament Israel's True Messiah. Birmingham. (en inglés)
  19. Pearce, F. Jesus:God the Son or Son of God?. The Christadelphian Magazine and Publishing Association, Ltd (UK). (en inglés)
  20. Norris, A.D. The Person of the Lord Jesus Christ Birmingham. (en inglés)
  21. Perry, A. Before he was born. Willow Publications. (en inglés)
  22. Pearce, F. After Death What? CMPA, Inglaterra. (en inglés)
  23. Zilmer, P. Who is Jesus? Hyderabad: Printland Publishers, India, ISBN 81-87409-68-1. (en inglés)
  24. Morgan, T. Christ is Coming. (en inglés)
  25. Watkins, P. The Devil the Great Deceiver. Birmingham, Inglaterra. (en inglés)
  26. Tennant, H. The Holy Spirit — Bible Understanding of God's Power. CMPA Birmingham, Inglaterra. (en inglés)
  27. 27,0 27,1 Wilson, B.R. Sects and Society: A Sociological Study of the Elim Tabernacle. Christian Science and Christadelphians. Londres, Heinemann, 1961; Berkeley/Los Angeles: University of California Press, 1961. (en inglés)
  28. UK Christian Handbook 2004 Focus on the Christadelphian Community, Multicultural Matters, outubro de 2004. Londres, Building Bridges, 2004. (en inglés)
  29. Hyndman, R. The Christadelphians (Brothers and Sisters in Christ): Introducing a Bible-based Community Beechworth. Victoria, Bethel Publications, 1999. (en inglés)
  30. Christadelphian Meal-a-Day. (en inglés)