Mac OS: Diferenzas entre revisións
mSen resumo de edición |
m clean up, removed: {{Informática en progreso}} using AWB |
||
Liña 1: | Liña 1: | ||
⚫ | |||
{{Sistema operativo |
{{Sistema operativo |
||
| nome = Mac OS |
| nome = Mac OS |
||
Liña 21: | Liña 20: | ||
| sitio_web = {{URL|http://www.apple.com/osx | apple.com/osx}} |
| sitio_web = {{URL|http://www.apple.com/osx | apple.com/osx}} |
||
}} |
}} |
||
'''Mac OS''' é un [[sistema operativo]] utilizado nos computadores [[Apple]]. Na actualidade estáse a comercializar a versión 10.4 do '''[[Mac OS X]]''', a última versión do sistema. |
'''Mac OS''' é un [[sistema operativo]] utilizado nos computadores [[Apple]]. Na actualidade estáse a comercializar a versión 10.4 do '''[[Mac OS X]]''', a última versión do sistema. |
||
== Aparición == |
== Aparición == |
||
Liña 46: | Liña 45: | ||
[[Categoría:Mac OS| ]] |
[[Categoría:Mac OS| ]] |
||
⚫ |
Revisión como estaba o 15 de abril de 2016 ás 17:08
Mac OS | |
---|---|
Desenvolvedor | Apple |
Familia de S.O. | Unix |
En galego | non |
Espazo de usuario | Acqua |
Interface de usuario | Dock |
Licenza | Propietaria, pechada |
Precedido por | 10.8.3, 12D78 o 12 de marzo de 2013 |
Sucedido por | 10.8.3, 14 de marzo de 2013 |
Sitio web | apple.com/osx |
Mac OS é un sistema operativo utilizado nos computadores Apple. Na actualidade estáse a comercializar a versión 10.4 do Mac OS X, a última versión do sistema.
Aparición
A primeira versión deste sistema foi lanzada ó mercado en 1984, coincidindo co primeiro ordenador Macintosh. Ó igual que os sistemas empregados en anteriores máquinas de Apple introducía unha interface gráfica manexada mediante o rato, fronte ós PC de IBM desa época, que utilizaban MS-DOS.
Porén, a realidade é que o seu éxito no mercado foi relativo, especialmente tras a xeralización das máquinas PC e a introdución do Microsoft Windows. En calquera caso, sempre mantivo unha cuota de mercado aceptable, ó redor dun 5%. Co paso dos anos, os problemas financeiros de Apple e a escasa innovación, xunto coa competencia de alternativas libres como Linux puxeron en serio risco a continuidade da plataforma.
Mac OS X
- Artigo principal: Mac OS X.
No ano 2001 Apple introduciu a versión 10 deste sistema. Esta versión foi revolucionaria, xa que supuxo a ruptura coa liña de desenvolvemento existente ata entón: é un sistema novo, cun fondo UNIX, e que para manter a compatibilidade co software existente ata entón sérvese dun emulador. A introdución deste novo sistema, bautizado como Mac OS X, xunto co éxito doutras áreas comerciais da empresa (iPod) fai que a supervivencia da plataforma pareza garantida.
Evolución da súa compatibilidade
No 2005 Apple tomou a decisión de deixar de incorporar procesadores PowerPC nas súas máquinas e comezar a empregar Intel Pentium. Isto abre as portas da compatibilidade deste sistema con máquinas PC, e de feito nese mesmo ano comezaron a aparecer os primeiros desenvolvementos extraoficiais con ese obxectivo, aínda que nin contan co apoio da compañía nin con respaldo legal. Nun futuro, porén, non é descartable a aparición dunha versión oficial para PC.
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas
- Apple - Mac OS X - Páxina oficial (en inglés).
Este artigo sobre informática é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |