David Brewster: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
algo máis
Liña 1: Liña 1:
[[Ficheiro:David Brewster - Project Gutenberg eText 13103.jpg|miniatura|220|David Brewster]]
[[Ficheiro:David Brewster - Project Gutenberg eText 13103.jpg|miniatura|220|David Brewster]]


'''David Brewster''', nado en [[1781]] e finado en [[1868]], foi un científico [[Escocia|escocés]].
'''David Brewster''', nado o [[11 de decembro]] de [[1781]] en Jedburgh ([[Escocia]]) e finado o [[10 de febreiro]] de [[1868]] en [[Roxburghshire]] (Escocia), foi un [[científico]], [[naturalista]], [[inventor]] e [[escritor]] [[Escocia|escocés]].


== Traxectoria ==
== Traxectoria ==

Revisión como estaba o 9 de abril de 2016 ás 04:32

David Brewster

David Brewster, nado o 11 de decembro de 1781 en Jedburgh (Escocia) e finado o 10 de febreiro de 1868 en Roxburghshire (Escocia), foi un científico, naturalista, inventor e escritor escocés.

Traxectoria

Naceu en Jedburgh, fillo dun mestre de escola. Aos 12 anos entrou na Universidade de Edimburgo para estudar teoloxía, aínda que xa nesa época amosaba grande inclinación polas ciencias naturais. A partir de 1799 comeza a estudar a difracción da luz, os resultados das súas investigacións vainas publicando en Philosophical Transactions e noutras publicacións científicas.

Estableceu as leis da polarización por reflexión e refracción, estableceu as leis da reflexión metálica e realizou numerosos experimentos sobre a absorción da luz. En 1816 inventou o caleidoscopio. Brewster contribuíu á Edinburgh Encyclopaedia e á 7ª e 8ª edicións da Encyclopædia Britannica.