Tratado de Lausana: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
{{enuso}}
{{outros homónimos}}
{{outros homónimos}}
O '''Tratado de Lausana''' ([[Lingua francesa|francés]]: ''Traité de Lausanne'') foi un tratado de paz que estableceu as fronteiras da [[Turquía]] moderna.<ref name="Treaty">{{Modelo:Obra citada|date=24 July 1923|title=Treaty of Peace with Turkey signed at Lausanne|place=[[Lausanne]], [[Switzerland]]|accessdate=28 November 2012|url=http://wwi.lib.byu.edu/index.php/Treaty_of_Lausanne}}</ref> Foi asinado na cidade [[suíza]] de [[Lausana]] o [[24 de xullo]] de [[1923]] entre os gobernos de [[Reino de Grecia|Grecia]], [[Turquía]] e as [[Tripla Entente|nacións aliadas]] da [[Primeira Guerra Mundial]] e considérase parte da [[partición do Imperio otomán]].
O '''Tratado de Lausana''' ([[Lingua francesa|francés]]: ''Traité de Lausanne'') foi un tratado de paz que estableceu as fronteiras da [[Turquía]] moderna.<ref name="Treaty">{{Obra citada|data=24 de xullo de 1923|título=Treaty of Peace with Turkey signed at Lausanne|localización=[[Lausana]], [[Suíza]]|dataacceso=28 de novembro de 2012|url=http://wwi.lib.byu.edu/index.php/Treaty_of_Lausanne}}</ref> Foi asinado na cidade [[suíza]] de [[Lausana]] o [[24 de xullo]] de [[1923]] entre os gobernos de [[Reino de Grecia|Grecia]], [[Turquía]] e as [[Tripla Entente|nacións aliadas]] da [[Primeira Guerra Mundial]] e considérase parte da [[partición do Imperio otomán]].


== Características ==
== Características ==

Revisión como estaba o 25 de febreiro de 2016 ás 12:26

O Tratado de Lausana (francés: Traité de Lausanne) foi un tratado de paz que estableceu as fronteiras da Turquía moderna.[1] Foi asinado na cidade suíza de Lausana o 24 de xullo de 1923 entre os gobernos de Grecia, Turquía e as nacións aliadas da Primeira Guerra Mundial e considérase parte da partición do Imperio otomán.

Características

O tratado de Lausana invalidou o Tratado de Sèvres, asinado polo Imperio otomán tras a Primeira Guerra Mundial, pero que non fora aceptado polo novo estado turco fundado por Kemal Ataturk trala Guerra de Independencia Turca. O 20 de outubro de 1922 deu comezo a conferencia de paz, que foi interrompida tras intensas discusións o 4 de febreiro de 1923 e retomada o 23 de abril do mesmo ano. O texto final foi asinado o 24 de xullo, despois de oito meses de deliberacións.

Os principais signatarios foron İsmet İnönü pola parte turca e Eleftherios Venizelospola parte grega. O tratado outorgaba a Turquía a Tracia oriental, as illas de Imbros e Ténedos no Exeo nororiental, e garantía a protección da minoría grega en Turquía e turca en Grecia respectivamente. Non obstante, de acordo co chamado acordo de intercambio de poboación, a maioría da poboación grega de Turquía foi trasladada a Grecia, da mesma forma que unha parte importante da poboación turca de Tracia occidental foi trasladada a Turquía.

En total calcúlase que aproximadamente 1.650.000 gregos foron desprazados dos seus fogares en Anatolia e 670.000 turcos de Grecia foron trasladados a Turquía. Exceptuouse á minoría grega de Istambul (125.000 gregos) e aos habitantes gregos das illas de Imbros e Ténedos. En Grecia permaneceron 110.000 turcos, fundamentalmente na Tracia occidental. A república de Turquía recoñeceu así mesmo o mandato británico sobre a illa de Chipre.

Novas fronteiras

Fronteiras de Turquía tralo tratado de Lausana.

O Tratado definiu as fronteiras europeas do Reino de Grecia, Reino de Bulgaria e Turquía. Oficialmente concluíu toda soberanía turca sobre as illas do Dodecaneso (artigo 15), Chipre (artigo 20), Exipto e Sudán (artigo 17), Siria e Iraq (artigo 3). Os territorios de Kurdistán foron repartidos entre varios países, e Armenia foi dividida entre o novo estado turco e a Unión Soviética.

As fronteiras turcas con Arabia Saudita e Iemen foron controladas por tropas turcas até o 23 de xaneiro de 1919, en que foron transferidas ao Reino Unido, e quedaron definidas (como perdidas para os turcos) no artigo 3.[2][3]

Turquía tamén renunciou, segundo o artigo 22, en favor do Reino de Italia aos seus intereses en Libia, segundo o previamente establecido en 1912 no artigo 10 do Tratado de Ouchy. Porén, Turquía corrixiu parcialmente os reveses do Tratado de Lausana en 1938, cando obtivo a provincia de Hatay de mans de Francia, e en 1974, cando ocupou o terzo setentrional de Chipre.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos