Materialismo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]
Sen resumo de edición
Liña 5: Liña 5:
Aínda que as metafísicas materialistas existen dende os inicios da [[filosofía]] occidental, a época materialista máis relevante acontece nos séculos [[século XVIII|XVIII]], co [[empirismo]] inglés e os enciclopedistas franceses e, sobre todo, no [[século XIX]] en Alemaña co materialismo mecanicista (Karl Vogt e Ludwig Büchner) e o [[materialismo dialéctico]] ([[Friedrich Engels]] e [[Karl Marx]]). No [[século XX]] o materialismo vese reflectido tamén no programa fisicalista da corrente filosófica denominada [[Neopositivismo]].

O materialismo mecanicista apóiase fundamentalmente nos avances experimentados polas [[ciencia]]s da natureza durante o século XIX e sostén que os procesos [[psicoloxía|psíquicos]] e [[mente|mentais]], aparentemente de [[natureza]] incorpórea, non son outra cousa que procesos químicos e fisiolóxicos explicables de maneira meramente mecánica a medida que as ciencias vaian progresando. Nun sentido parecido hai que entender tamén o fisicalismo neopositivista. Estas orientacións, polo tanto, caracterízanse por un reducionismo do psíquico ó [[neurofisioloxía|neuro-fisiolóxico]].
O materialismo mecanicista apóiase fundamentalmente nos avances experimentados polas [[ciencia]]s da natureza durante o século XIX e sostén que os procesos [[psicoloxía|psíquicos]] e [[mente|mentais]], aparentemente de [[natureza]] incorpórea, non son outra cousa que procesos químicos e fisiolóxicos explicables de maneira soamente mecánica a medida que as ciencias vaian progresando. Nun sentido parecido hai que entender tamén o fisicalismo neopositivista. Estas orientacións, polo tanto, caracterízanse por un reducionismo do psíquico ó [[neurofisioloxía|neuro-fisiolóxico]].

O materialismo dialéctico, en cambio, admite que os procesos psíquicos son de natureza irredutible a meros procesos físicos, se ben estes últimos son a base material da que emerxen os primeiros. Sen [[cerebro]], polo tanto, non poderían existir os procesos mentais. Estes, por outra parte, consideran que a materia está sometida a procesos evolutivos dominados polas leis da [[dialéctica]].

Revisión como estaba o 29 de decembro de 2015 ás 19:48

Ficheiro:MarvinHarris.jpg
Marvin Harris, creador e figura principal do materialismo cultural.

Materialismo é unha doutrina metafísica consistente en afirmar que só exise a materia ou que esta é a realidade básica da que depende todo o que existe. Por materia enténdese calquera substancia que ocupa un espazo e que pode verse e tocarse. En consecuencia, o materialismo nega a existencia de substancias absolutamente independentes da materia, como poden ser as almas, espíritos, deuses etc. Por este motivo o materialismo asóciase xeralmente con actitudes ateas e antirrelixiosas.

Aínda que as metafísicas materialistas existen dende os inicios da filosofía occidental, a época materialista máis relevante acontece nos séculos XVIII, co empirismo inglés e os enciclopedistas franceses e, sobre todo, no século XIX en Alemaña co materialismo mecanicista (Karl Vogt e Ludwig Büchner) e o materialismo dialéctico (Friedrich Engels e Karl Marx). No século XX o materialismo vese reflectido tamén no programa fisicalista da corrente filosófica denominada Neopositivismo.

O materialismo mecanicista apóiase fundamentalmente nos avances experimentados polas ciencias da natureza durante o século XIX e sostén que os procesos psíquicos e mentais, aparentemente de natureza incorpórea, non son outra cousa que procesos químicos e fisiolóxicos explicables de maneira soamente mecánica a medida que as ciencias vaian progresando. Nun sentido parecido hai que entender tamén o fisicalismo neopositivista. Estas orientacións, polo tanto, caracterízanse por un reducionismo do psíquico ó neuro-fisiolóxico.

O materialismo dialéctico, en cambio, admite que os procesos psíquicos son de natureza irredutible a meros procesos físicos, se ben estes últimos son a base material da que emerxen os primeiros. Sen cerebro, polo tanto, non poderían existir os procesos mentais. Estes, por outra parte, consideran que a materia está sometida a procesos evolutivos dominados polas leis da dialéctica.

Hai tamén un uso popular do termo, alleo ó seu significado filosófico, e segundo o cal fálase, por exemplo, de "época materialista". Neste uso a palabra ten un significado moral e disigna unha actitude vital desprovista de valores e interesada unicamente no aprecio do benestar material (ter cousas) xunto coas accións que contribúen a logralo.

Véxase tamén

Outros artigos