Robert H. Grubbs: Diferenzas entre revisións
m bot Cambios estética |
m Alma mater -> Alma máter |
||
Liña 13: | Liña 13: | ||
|etnia = |
|etnia = |
||
|campo = <li>[[Química]] |
|campo = <li>[[Química]] |
||
| |
|alma_máter = <li>[[Universidade de Florida]]<li>[[Universidade de Columbia]] |
||
|director_tese = |
|director_tese = |
||
|alumnos_tese = |
|alumnos_tese = |
Revisión como estaba o 9 de novembro de 2015 ás 23:07
Robert H. Grubbs, nado en Possum Trot (Kentucky) o 27 de febreiro de 1942, é un químico e profesor universitario estadounidense, galardoado co Premio Nobel de Química do ano 2005.
Traxectoria
Iniciou os seus estudos de Química na Universidade de Florida, continuounos na Universidade de Columbia (Nova York) e finalizounos na californiana de Stanford en 1969.
Pouco despois, entrou como profesor axudante na Universidade de Michigan, onde en 1973 foi promovido a profesor asociado, pero cinco anos máis tarde regresou a California para exercer como catedrático de Química no Instituto Tecnolóxico de California (Caltech), posto no que continúa na actualidade.
Investigacións científicas
As súas investigacións en química órgano-metálica e química orgánica acerca da catálisis así como na metátese dos alcenos proporcionáronlle unha sólida reputación internacional e innumerables recoñecementos, como o premio da Sociedade Americana de Química e a medalla Benjamin Franklin do ano 2000.
Xunto ao francés Yves Chauvin e o seu colega estadounidense Richard R. Schrock comparte o Nobel de Química 2005 polo seu traballo na área da metátese olefínica.
Véxase tamén
Ligazóns externas
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Robert H. Grubbs |
- Páxina do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 2005 (en inglés)
- Autobiografía na páxina do Instituto Nobel 2005 (en inglés)
- Perfil de Robert H. Grubbs en NNDB (en inglés)
Predecesor: Aaron Ciechanover, Avram Hershko e Irwin Rose |
Premio Nobel de Química 2005 con Yves Chauvin, Richard R. Schrock |
Sucesor: Roger D. Kornberg |