Falange Española Tradicionalista y de las JONS: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]
EmausBot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 4 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:Q1249339
Liña 17: Liña 17:
[[Categoría:Partidos políticos de España]]
[[Categoría:Partidos políticos de España]]
[[Categoría:Falanxismo]]
[[Categoría:Falanxismo]]

[[ca:Falange Española Tradicionalista y de las JONS]]
[[en:Falange Española Tradicionalista y de las Juntas de Ofensiva Nacional-Sindicalista]]
[[es:Falange Española Tradicionalista y de las Juntas de Ofensiva Nacional Sindicalista]]
[[ga:FET y de las JONS]]

Revisión como estaba o 11 de setembro de 2015 ás 17:17

Falange Española Tradicionalista y de las Juntas de Ofensiva Nacional Sindicalista (FET y de las JONS, en galego: Falanxe Española Tradicionalista e das Xuntas de Ofensiva Nacional Sindicalista) era o nome do partido único da España franquista creado o 19 de abril de 1937, a iniciativa da xefatura do denominado Estado Nacional, por fusión dos distintos partidos e movementos que apoiaban a sublevación militar (denominada Alzamento Nacional) que iniciou a Guerra Civil Española, e que non desapareceron realmente, senón que se articularon nas denominadas familias do franquismo. FET y de las JONS concibiuse como a rama política do denominado Movimiento Nacional, concepto máis amplo co que se definía ao complexo mecanismo totalitario de inspiración fascista que pretendía ser a única canle de participación na vida pública española. O seu discurso político expresaba tamén a mestura de elementos ideolóxicos e retóricos fascistas, ultranacionalistas, militaristas, tradicionalista, conservadores, católicos (ou nacionalcatólicos), monárquicos etc.

Simboloxía e uniformidade

Artigo principal: Simboloxía do franquismo.

FET y de las JONS adoptou unha combinación de símbolos que reflectía a distinta procedencia das forzas que conformaron o partido. Así, vestíase como uniforme a camisa azul da Falange e a boina vermella dos requetés. Engadiuse así mesmo unha gravata negra en sinal de loito por José Antonio Primo de Rivera.

As bandeiras que presidían os actos correspondían tamén ás principais forzas que conformaron a organización. Presidía todos os actos do partido a Bandeira Nacional de España, flanqueada polas de Falange e a Cruz de Borgoña dos tradicionalistas.

O principal himno do partido era o "Cara al Sol", (obra de Juan Tellería) aínda que tamén gozaron de cooficialidade formal, entre outros a "Marcha de Oriamendi".

O saúdo co brazo no alto e os berros rituais, como "¡Arriba España!" ou "España, Una, Grande y Libre", de procedencia falanxista, completaban a imaxe externa que se proporcionou ao partido.

Véxase tamén

Ligazóns externas